Asociación Para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
As nosas rías son unha cañeira pola irresponsabilidade e o desleixo das administracións
12 de febreiro de 2013. Coincidindo coa visita dunha delegación do Parlamento Europeo á Galiza para examinar in situ as denuncias por contaminación das rías, ADEGA quere lanzar unha mensaxe de alarma pero tamén de responsabilidade á sociedade galega sobre o estado das nosas rías. De alarma porque estes privilexiados ecosistemas mariños están seriamente amezados pola irresponsabilidade e a cobiza de quenes só ven neles unha fonte ilimitada de recursos para explotar ou unha cañeira na que deitar todo tipo de refugallos, sen reparar nas consecuencias. Sobrepesca, verteduras urbanas e industriais, mareas negras, acidificación polo exceso de emisións de CO2... Na Galiza, cun dos mares máis fecundos do planeta, seguimos ao cabo en protección das nosas rías, polo que dende ADEGA esiximos a elaboración urxente dun Plano Estratéxico contra a contaminación mariña e a declaración das rías galegas como Reservas da Biosfera.
Os tribunais rexeitan a petición de Erimsa de obter licenza municipal para unha canteira en solo protexido
8 de febreiro de 2013. O Tribunal do Contencioso-Administrativo nº1 de Lugo vén de desestimar unha demanda da empresa mineira Erimsa (Explotación de Rocas Industriales y Minerales) contra o concello da Pastoriza pola que reclamaba que se considerase adquirida por silencio administrativo positivo a licenza urbanística e de actividade para posta en marcha da explotación mineira Alicia nº 5917 neste concello. O tribunal considera que non é posible a adquisición de licenza por silencio administrativo porque o impide a Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (LOUG) ao tratarse de solo cualificado como rústico de especial protección agropecuaria. Segundo a LOUG neste tipo de solos non está permitida a actividade mineira, motivo polo que o tribunal desestima o recurso de Erimsa.

Voluntariado ambiental no río Liñares contra as especies invasoras
ADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental en colaboración coa Asociación para a Defensa do Val do Liñares, que se celebrará o sábado 16 de febreiro, dentro do proxecto de creación dunha rede de Custodia Fluvial nas Bacías do Ulla Umia e Lérez. A actividade se desenvolverá no concello da Estrada na parroquia de Lagartóns. A introdución de especies exóticas invasoras é, despois da destrución de hábitats, a ameaza máis importante na perda de biodiversidade e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas.

ADEGA e a asociación Dignidade achegan ao medio ambiente adolescentes en risco de exclusión social

O cinismo da Xunta coa Frouxeira: Declárana "humidal sensíbel" mentres a baleiran con excavadoras
6 de febreiro de 2013. Con motivo do “Día Mundial dos Humidais” celebrado esta pasado 2 de febreiro, a Xunta declarou 9 lagoas como “zonas sensibles” dentro do Plano Hidrolóxico Galiza-Costa, incidindo en que estes humidais, entre os que se atopa A Frouxeira, están segundo a Xunta "entre os ambientes máis ameazados pola drenaxe, a contaminación e a sobreexplotación dos seus recursos". Porén, resulta bochornoso que en pleno inverno, o humidal da Frouxeira estea case sen auga, presentando unha marcada alteración do seu ciclo hidrolóxico, e que tal estado débase precisamente a que a D. X. de Conservación da Natureza abríu recentemente unha canle de desaugue con bulldózers e pás. Estas aperturas perpetradas á marxe da lei e reiteradamente denunciadas por ADEGA levaron á práctica desecación da lagoa en plena tempada de chuvias. Hai que ter cara para engadir outra figura de protección á Frouxeira cando a propia Xunta viola sistemáticamente as 4 xa existentes (LIC, ZEPA, ZEPVN, e Ramsar).

Máis de 21.000 sinaturas contra a incineración entran no Parlamento: Agora tócalles aos políticos estar á altura

- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4