gromaz's blog

A USC E O CESGA PARTICIPAN NUN PROXECTO EUROPEO PARA DESENVOLVER UN SISTEMA DE FORMACIÓN E ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS TIC DE P

ICTeachers é un proxecto educativo financiado pola comisión europea no marco do programa Lifelong Learning no que participan institucións de Gran Bretaña, Hungría, Dinamarca, Austria e España.

ENTREGADOS OS DIPLOMAS AOS ALUMNOS DO CURSO PILOTO DO PROXECTO EUROPEO E-HOSPITAL

Os alumnos do curso piloto de formación continua “E-Hospital: Alfabetización dixital básica” recibiron a semana pasada os diplomas entregados pola Universidade de Santiago de Compostela, USC. O curso forma parte do Proxecto E-Hospital que ten como obxectivo analizar a validez do e-learning con pacientes adultos hospitalizados de longa duración para facilitarlles o acceso a formación continua durante a súa estancia no hospital, e destas experiencias piloto obter conclusións para elaborar un manual de boas prácticas.

O Proxecto Europeo E-Hospital forma en TIC a 13 pacientes lesionados medulares do Hospital Juan Canalejo

E-Hospital é un proxecto financiado pola Comisión Europea no marco do programa Socrates/Grundtvig1, no que participan institucións educativas de Austria, Francia, Alemaña, Polonia, España e Suíza, baixo a coordinación da institución austriaca Die Berater. Por parte española participan o Grupo de Innovación e Tecnoloxía Educativa da Universidade de Santiago de Compostela e a área de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia, ademais da colaboración do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña, onde levou a cabo a experiencia. Este proxecto ten como un dos seus principais obxectivos analizar o papel do e-learning (aprendizaxe electrónica) na formación a adultos hospitalizados de longa duración. Tras as experiencias de e-learning, elaborarase unha guía de boas prácticas con recomendacións para educadores que queiran traballar neste campo.

Docentes participantes no Proxecto Europeo Efelcren desenvolven material didáctico multimedia con software libre e gratuíto.

Efelcren é un proxecto educativo financiado pola Comisión Europea no marco do programa Sócrates-Comenius 2.1 coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela.

Como socios participan o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o Trinity College (TCD-Irlanda), o Centre of Information Technology of Education (ITC-Lituania), o Istituto per lle Tecnologie Didattiche (Génova- Italia), o Haslev Seminarium (Dinamarca), e o Euneos Corporation (Finlandia).

Lesionados medulares reciben formación en TIC durante a súa hospitalización mediante o proxecto europeo E-Hospital.

O proxecto europeo E-Hospital ten como obxectivo analizar as posibilidades do e-learning para a formación a pacientes hospitalizados de longa duración en Austria, Alemaña, Francia, Polonia, Suiza e España. Pola parte española, no proxecto participan a Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Supercomputación de Galicia en colaboración co Hospital Juan Canalejo de A Coruña.

No caso español xa son 12 os alumnos da Unidade de Lesionados medulares do Hospital Juan Canalejo os que participan no proxecto. Trátase dun “Curso Básico de Alfabetización Dixital” no que se ensinan, entre outros, coñecementos de hardware, software, ofimática, deseño web, ferramentas para a aprendizaxe e traballo en rede plataformas, ergonomía, servizos a través da Rede, etc.

Todos estes contidos foron deseñados pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia, sendo tamén este último responsable da instalación, xestión e soporte da plataforma de e-learning que alberga todos os cursos impartidos polos diferentes países que participan no proxecto.

Distribuir contido