USC: Jaime Gómez Márquez, decano de Bioloxía: "Os recursos para a investigación son escasos e xestiónanse mal"

USC: Jaime Gómez Márquez, decano de Bioloxía: "Os recursos para a investigación son escasos e xestiónanse mal"

Hai uns días iniciaron os seus estudos en Bioloxía da Universidade de Santiago (USC) uns 200 novos alumnos. O centro segue a encher aulas, alleo ó descenso de matriculados noutras facultades. Eles serán dos primeiros en ter materias adaptadas ó espazo europeo de educación superior, xunto ós das demais facultades de Bioloxía e Filoloxía de Galicia. O seu decano, Jaime Gómez Márquez, móstrase satisfeito coa iniciativa, pero advirte de que serán precisos máis medios para que a converxencia europea, en 2010, sexa posible. Claro que non só critica a escaseza de recursos para a docencia. O decano bota tamén en falta un sistema máis racional na asignación de axudas á investigación e tamén avoga por racionalizar o mapa de titulacións. (Sigue)

El Correo Gallego, 02/11/04