4.2. Presentacións dos profesores

4.2. Presentacións dos profesores

Para cada unha das materias temos elaboradas presentacións en PowerPoint. Trátase de presentacións amplas que cobren, ou ben a totalidade dos contidos da materia (como é o caso de Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica) ou os bloques de contido máis importantes (como sucede co resto das materias). Hai, ademais, no caso das materias de Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación e de Modelos de Orientación e Intervención Psicopedagóxica, presentacións dos programas e da proposta de traballo a desenvolver durante o curso.

Estas presentacións teñen como obxectivos axudar ós grupos a comprender os contidos máis relevantes de cada bloque temático, e facilitar a estructuración dos temas de cara a construír o esquema final do informe que han de elaborar.