Galicia: Ensino de Inglés en Infantil no 67,7% dos centros galegos
Galicia: Ensino de Inglés en Infantil no 67,7% dos centros galegos
A antiga EXB introducía os rapaces por primeira vez nunha lingua estranxeira
ós once anos. A Loxse adiantouna ós oito e a Lei de Calidade da Educación
(LOCE), ós seis. Este punto é un dos paralizados polo Ministerio de Educación
(MEC) socialista, pero a nova responsable da carteira, María Jesús San Segundo,
está disposta a manter esta medida e engadirlle un segundo idioma en cursos
posteriores. Pero as aulas galegas non esperaron ás decisións de Madrid para
achegarlles ós máis pequenos do cole as vantaxes de comezar co inglés canto
antes. A Consellería de Educación iniciou en 1999 o Proxecto de Anticipación de
Linguas Estranxeiras. Hoxe son case 50.000 os alumnos que se benefician do
programa desde os catro anos.(Sigue)
Galicia Hoxe, 21/02/05
- 966 lecturas

