Non ao pr€stamo d€ pago nas bibliot€cas

Non ao préstamo de pago en bibliotecasNon ao pr€stamo d€ pago en bibliot€cas

A Directiva da Comisión Europea 92/100/CE sobre dereitos de aluguer e préstamo e outros dereitos afíns, obriga aos países membros a cobrar un canon de aproximadamente 1 €/exemplar por prestar libros, vídeos, DVDs e calquera tipo de obra das bibliotecas universitarias e públicas. O actual Goberno Español apoia ás entidades e colectivos que se opoñen á aplicación da Directiva. A Comisión Europea abríu expediente sancionador ao Estado Español e a outros países que aínda non cumpren esta Directiva, como Luxemburgo, Italia, Irlanda, Portugal ou Grecia.