Sobre Turismo de Congresos e Mercado de Conferenciantes

Científicos Reunidos S.A.: O turismo de congresos e o mercado de conferenciantes

Científicos Reunidos S.A.

Desde unha óptica que pouco a pouco se vai impoñendo, os Congresos xa non son primordialmente reunións académicas e científicas, senón negocios turísticos. Xa non se trata de reunirse para reflexionar e debatir, para intercambiar experiencias, metodoloxías, para construír coñecemento; todo iso, se acaso, é subsidiario dos obxectivos nucleares: facer turismo e facer negocio. Os organizadores xa non son os propios académicos e investigadores en función dos seus intereses e necesidades, senón empresas creadas ao efecto.

O Mercado de Conferenciantes

E claro, a outra cara da moeda para que o negocio funcione é o mercado de conferenciantes, que tamén está dando lugar á aparición de lucrativas empresas que dispoñen de "fondos" de conferenciantes para a organización de todo tipo de "eventos".

A importancia do "negocio" congresual é tal que, nalgúns lugares, a política universitaria chega a estar directamente relacionada coas de comercio e turismo, como é o caso de Cataluña. En fin, que cada vez máis considérase que todo é mercadoría, e a Universidade só ten interese na medida que xenere negocio. Que peniña!

Outras novas relacionadas: