USC: Comunicado da Plataforma Universitaria Progresista (PUP)

Os membros da Plataforma Universitaria Progresista (PUP) consideramos necesario facervos chegar un breve comentario en relación coa mensaxe que o pasado día 3 foi enviada a algúns membros da Comunidade Universitaria de parte do "Colectivo Universidade Aberta".

Fai xa máis dun ano que lle propuxemos a Universidade Aberta abrir mesas de debate para tentar consensuar nos temas nos que fose posible. Despois do debate interno desta proposta, Universidade Aberta comunicounos que non o consideraban oportuno.

Pois ben, a pesar desa actitude, a PUP e tamén Converxencia Universitaria pensamos que deberiamos seguir facendo esforzos para acadar uns Estatutos amplamente consensuados. Froito desa actitude, correspondida polo resto dos membros da Ponencia e da Comisión de Estatutos, alcanzouse un texto con un número mínimo de votos particulares, onde moitos deles non foron froito de opinións encontradas entre as distintas sensibilidades ou grupos, senón consecuencia da dúbida que tíñamos os membros da Comisión sobre cal era a mellor opción para a USC.

A pesar dese texto de consenso da Ponencia, sabedes que Universidade Aberta manifestou o seu voto en contra dos Estatutos, baixo a desculpa de que eran antidemocráticos ¿?. O resultado final duns Estatutos aprobados por maioría absoluta do Claustro en primeira votación xa é coñecido de todos. Na esperanza de que unha vez pasada a fase de elaboración dos novos Estatutos a actitude de UA fose distinta, o pasado 19 de novembro o Coordinador da PUP volveu chamar ó Coordinador de UA para dicirlle que pensabamos que era conveniente para a USC que os distintos grupos establecéramos algún tipo de reunións para tratar de poñernos de acordo no máximo de temas en que fose posible. O coordinador de UA contestou que o iba a plantexar nunha reunión que iba ter lugar a semana que empezaba o 24 de novembro e que nos daría unha contestación. Pois ben o día 1 de decembro (dous días antes de dar a coñecer o comunicado) comunicounos que consideraban que non era momento oportuno para establecer esas conversas.

Non sei como casa isto coa mensaxe do 3 de decembro. Fixemos algunhas chamadas por se tiñan mudado as condicións en dous días, pero parece que a decisión do comunicado e da resposta á oferta de diálogo foron froito da mesma reunión de UA. De calquera xeito, manifestamos unha vez máis a nosa disposición a ese diálogo sobre todos e cada un dos temas que se consideren de interese para a USC.

En todo caso se desexan coñecer con exactitude cál é a situación (económica) da USC e as causas que a provocaron bastaría con estar atento ás explicacións que se ten dado no Claustro e no Consello de Goberno, ou con pedirlle ós membros do Consello de Goberno a precisa documentación aportada en diversas ocasións. Sobre outras afirmacións do comunicado, como a relativa á constitución dunha comisión que fixese un diagnóstico da situación económica da USC, non vamos a estendernos porque poden explicarse si se mira o resumo do último Consello de Goberno (especialmente o final do punto 2, páxinas 6 e 7, e punto 4; véxase en

http://www.ti.usc.es/lexis/doc/CG/Resumo%20131103.pdf

Non cabe dúbida que temos un goberno sólido con apoios suficientes para sacar adiante a situación da USC, como xa o fixemos noutras épocas que recordamos máis problemáticas. Tampouco nos cabe dúbida que un maior consenso permitiría concentrar os esforzos en resolver os problemas e non ter que dedicarse a aclarar comunicados como o que comentamos. En todo caso queremos manifestar que a nosa oferta de diálogo está en pé, e de feito se mantén con outros grupos da USC que se amosan abertos a tal diálogo.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2003
Plataforma Universitaria Progresista (PUP)

Enviado por correo electrónico por Celso Rodríguez Fernández