V Foro de Almagro

Conclusións do V Foro de Almagro

O V Foro de Almagro, organizado pola Universidad de Castilla-La Mancha e patrocinado pola Agencia Nacional de Evaluación Acreditación (ANECA), celebrouse os días 20 e 21 de Novembro na cidade de Almagro, coa participación de Rectores, Vicerrectores, Directores e representantes das Unidades Técnicas de Avaliación de 54 Universidades, de 6 Axencias rexionais de Avaliación e da ANECA.

O Foro de Almagro está concebido, desde o seu inicio en 1997, como lugar de encontro e reflexión dos expertos para a mellora da calidade da Universidade.

Baixo o título "Actuaciones de la Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación en el curso 2003-2004: implicación de las instituciones", un dos principais obxectivos do V Foro foi deseñar, favorecer e reforzar os mecanismos de coordinación entre os órganos universitarios responsables da calidade, especialmente en relación co Programa de Acreditación de títulos oficiais da ANECA e desde a perspectiva do proceso de Converxencia Europea no que se atopan inmersas as universidades. O encontro tamén pretendeu profundizar nos procesos de avaliación para a mellora, iniciados cos Plans Nacionais de Avaliación da Calidade e recollidos na actualidade no Programa de Avaliación Institucional da ANECA.

Conclusións do Foro