UV: Os centros poderán adiantar a xullo os exames de setembro

UV: Os centros poderán adiantar a xullo os exames de setembro A sesión foi retransmitida por Uvigo-Tv, o canal universitario de tv dixital

Os centros docentes da Universidade poderán adiantar a xullo os exames de setembro como anticipo do novo calendario académico, segundo aprobou onte o Claustro. Tamén foron aprobados o Regulamento de Profesorado e a equiparación do persoal docente da antiga Escola Universitaria de Relacións Laborais cos titulares de escola universitaria a efectos de representación en órganos colexiados. O presidente do Tribunal de Garantías presentou pola súa banda a Memoria deste órgano. A sesión foi retransmitida por Uvigo-tv, o canal universitario de televisión dixital, que funcionou a plena satisfacción. (Sigue)

DUVI, 15/06/05

Outras novas relacionadas: