Os Legionarios de Cristo e a educación

La imagen “http://es.catholic.net/catholic_db/imagenes_db/el_mundo_hoy/cristo_thu.gif” no puede mostrarse porque contiene errores.Os Legionarios de Cristo e a educación

A organización ultracatólica fundada polo sacerdote mexicano Marcial Maciel, catalogada dentro e fora do ámbito eclesiástico como unha das ''máis conservadoras e de ultradereita'' do catolicismo, fundou e ''comprou'' centros de educación en Arxentina, Alemania, Australia, Brasil, Estados Unidos, Canadá, México, Colombia, Chile, Venezuela, Francia, España, Italia, Irlanda e Suíza, entre outras nacións. Desde o Consorcio Educativo Anáhuac ofrece servicios na área da educación  que van desde preescolar, baixo a franquicia de colexios Bambolino, a primaria e a secundaria baixo a denominación Colegios Interamericanos Anáhuac, ata a formación universitaria e de posgrao, con universidades como a Universidad Anáhuac, UNID, UNID-a, ou a Universidad Francisco de Vitoria.

Segundo datos de L'Osservatore Romano, diario oficial do Vaticano, os Legionarios de Cristo e os membros do movemento Regnum Christi -brazo secular da orden, no que participan laicos e sacerdotes- controlan 150 colexios, 21 institutos superiores e nove universidades. A este número se suman, a escala internacional, máis de 630 centros de educación non formal, onde anualmente se forman miles de laicos, nunha actividade que en algúns países chegou a desprazar ás ordes que tradicionalmente tiveron presenza no ámbito educativo.

Para saber máis: