Desenvolto por Juan Antonio Valiño García: Ve a luz o proxecto Rembassy
Desenvolto por Juan Antonio Valiño García:
Ve a luz o proxecto Rembassy
Juan Antonio Valiño García foi, ata abril de 2003, responsable de sistemas do
Centro de Competencia de Innovación Educativa e Tecnoloxías da Información e a
Comunicación (CCIETIC) da Universidade de Santiago de Compostela
Rembassy é a arquitectura base para un sistema de monitorización de servidores dentro do contexto do movemento open source. É desenvolto como un Proxecto de Fin de Carreira de Enxeñería Informática na Universidade de A Coruña
A documentación do proxecto inclúe unha excelente e exhaustiva revisión do concepto de Open Source e da metodoloxía de Programación Extrema. O open source é o movemento que engloba o software que se desenvolve publicamente e que se atopa disponible en forma de código fonte nativo. A programación extrema é unha aproximación reflexionada e disciplinada ao desenvolvemento do software que plantexa que un proxecto software se pode mellorar a través de catro dimensións:
- Comunicación. A programación extrema pon especial énfase no traballo en equipo, incluíndo aos xestores, desenvolvedores e cliente dentro dun equipo multidisciplinar que persegue a producción de software de calidade.
- Simplicidade. Para lograr que a comunicación descrita no apartado anterior sexa unha realidade é necesario mantener o deseño do sistema sinxelo e claro. Un sistema cun deseño oscuro e complicado non permite un equipo de traballo multidisciplinar.
- Retroalimentación. Dentro da programación extrema a retroalimentación por parte do cliente prodúcese desde o primeiro día de traballo. Deste modo establécescomo obxectivo fundamental a satisfacción das necesidades do cliente, entregándolle o software que necesita e cando o necesita.
- Valentía. Amplificar as tres dimensións anteriores permite que os desenvolvedores respondan aos cambios de requisitos sen temor, ao contrario da maioría das metodoloxías tradicionais. Unha das diferencias fundamentais da programación extrema respecto a outras metodoloxías é a súa resposta segura ao cambio nos requisitos por parte do cliente, incluso en fases avanzadas do ciclo de vida.
Ambos conceptos resultan de gran relevancia e significado para o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas, particularmente no ámbito das institucións públicas.
Pode contactar cos responsables do proxecto a través de correo electrónico nas seguintes direccións:
- Estudiante (desenvolvedor: Juan Antonio Valiño García <juanval@mundo-r.com>
- Director: Prof. Dr. Victor Manuel Carneiro Díaz <viccar@udc.es>
- blogue de admin1
- 1266 lecturas

