Eleccións en Alemania: 18 de Setembro

Eleccións en Alemania: 18 de Setembro

Datos básicos:

A Actualidade de Alemania

POBOACIÓN: 82,5 millóns de habitantes (a fins de 2004), incluíndo 7,3 millóns de cidadáns estranxeiros. Arredor de 3,4 millóns de persoas viven en Berlí, a capital e a cidade máis grande. É o país máis poboado de Europa occidental.

Mapa: Estados FederadosSUPERFICIE: 357.022 kilómetros cadrados. Alemania, no corazón de Europa, comparte fronteiras con outros nove países. 

GOBERNO/POLÍTICA: Alemania é unha república federal. O presidente, Horst Köhler, foi a cabeza do Estado desde 2004, pero o seu traballo é principalmente protocolar.

O Parlamento ten unha Cámara Baixa, o Bundestag, e unha Cámara Alta, ou Bundesrat.

O Bundestag, que se elixirá o 18 de setembro, terá un mínimo de 598 membros.

Os 16 estados federais ou Laender teñen un grao de autonomía e están representados no Bundesrat.

O chanceler Gerhard Schroeder, de 61 anos, estivo no poder desde 1998 liderando unha coalición de centroesquerda entre o seu Partido Socialdemócrata (PSD) e o ecoloxista partido de Os Verdes.

ECONOMÍA: A economía alemá é a terceira do mundo, despois da estadounidense e a xaponesa.

Foi o principal exportador de mercadorías durante os últimos dous anos. As exportacións representan un terzo do Producto Interno Bruto, pero a demanda doméstica mantívose frouxa.

O desemprego, que chegou ao nivel récord posterior á Segunda Guerra Mundial de 5,2 millóns en febreiro, derrubou o consumo privado. A taxa de desemprego a finais de agosto era de un 11,4 por cento (9,6 por cento no oeste e 18,2 por cento no leste do país).

O Ministerio de Economía prevé un crecemento do 1,0 por cento anual no 2005 e do 1,6 por cento o ano próximo.

O déficit alemán está a punto de romper o máximo alcanzado pola Unión Europea (UE) do 3 por cento de Producto Interno Bruto por cuarto ano consecutivo en 2005.

INDUSTRIA: Alemania é un país altamente industrializado e se especializa en enxeñería, producción de automóvis e camións, aceiro e químicos.

DEFENSA: O despregamento de tropas de combate no estranxeiro foi un tema tabú na Alemania de posguerra. Aínda tan só en1994 foi cando o Tribunal Constitucional permitíu ás tropas participar en misións de paz, o que require de aprobación parlamentaria.

A república federal enviou tropas a un operativo de combate por primeira vez en 1999 en Kosovo. Actualmente ten arredor de 6.500 tropas no estranxeiro, principalmente en misións de paz nos Balcáns e Afganistán.

RELIXIÓN: Alemania está habitada por 26,3 millóns de protestantes e 26,6 millóns de católicos. A comunidade xudea, que chegaba a 500.000 persoas en 1933, foi prácticamente exterminada polos nazis, pero medrou durante os últimos anos a preto de 100.000 persoas.

Arredor de 3,2 millóns de musulmáns residen en Alemania, na sua maioría de orixe turca.

Os partidos

SPD (socialdemócratas)

CDU/CSU (conservadores)

FDP (liberais)

Verdes (ecoloxistas)

PDS (esquerda)

A prensa

Die Tageszeitung

Die Welt

Die Zeit

Frankfurter Allgemeine Zeitung

Frankfurter Rundschau

Süddeutsche Zeitung

Horarios de resultados de eleccións

Horarios en que se difundirán os resultados das eleccións:

RESULTADOS PRELIMINARES:

13.30 GMT: Cifras iniciais oficiais sobre participación de votantes a ser divulgadas polas autoridades electorais alemás.

16.00 GMT: Resultados preliminares iniciais, baseados en enquisas a pé de urna a ser divulgados polas emisoras de televisión públicas ARD e ZDF.

A partir das 18.30 GMT: As autoridades electorais difundirán resultados iniciais preliminares.

A partir das 22.00 GMT: As autoridades electorais difundirán resultados preliminares totais.

RESULTADOS FINAIS:

Debido a que un distrito na cidade de Dresde non realizará comicios ata o dous de outubro a raíz do falecemento dun candidato, non haberá resultados finais oficiais ata despois de que se efectúe a elección nese distrito.

Outras novas relacionadas: