Víctor Freixanes: Capital humano

Víctor Freixanes: Capital humano

A creación dun espacio europeo para a educación superior, obxectivo deseñado na Sorbona e en Boloña (1999), obríganos a un esforzo obxectivo de planificación e aproveitamento de recursos que non é realizable sen a correspondente financiación. O ano 2010, data concertada para a converxencia nun gran espacio europeo, está coma quen ás portas, e a nosa capacidade de reacción, se non se producen cambios radicais, é moi escasa. A demografía tampouco axuda. Cada vez hai menos alumnos. A porcentaxe adicada ao financiamento universitario fica moi por debaixo da media europea, case que a metade. Os rectores reivindican un 1% do PIB e estamos no 0,58%. ¿Cómo pensar nunha Galicia nova, capaz de formar e desenvolver o seu capital humano, nestas condicións?

La Voz de Galicia, 07/02/04