Alfonso García Tobío e Juan Carlos Pardo Pérez: Másters: a privatización dos segundos ciclos

Alfonso García Tobío e Juan Carlos Pardo Pérez: Másters: a privatización dos segundos ciclos

(Versión en español

Pouco a pouco nos imos enterando. A información prodúcese por goteo. Toda xunta daría lugar a alborotos [1]. No seu momento dixéronnos que se ían suprimir moitas titulacións (ata o 50%) [2]. Claro, iso deu lugar a unha serie de inquedantes preguntas: ¿Cales son as razóns para suprimilas? ¿Que sucederá cos alumnos actualmente matriculados nas titulacións a suprimir? ¿Que se fará co profesorado que "sobre" das titulacións suprimidas? [3]... Diante do rebumbio ocasionado, parouse a cousa, dándonos tempo para que foramos asimilándoo. Xa máis tranquilas as augas, é o momento de dar un pasiño máis: os másters que van sustituír aos actuais segundos ciclos vanse cobrar, e ben cobrados. Non sabemos aínda canto van custar, porque non nolo dixeron. Tan só houbo algunha filtración á prensa para que nos vaiamos facendo á idea. Xa nolo dirán oficialmente cando sexa o momento. Si parece que o Ministerio xoga cunha "horquilla" de prezos. Segundo La Voz de Asturias, o secretario de Estado de Universidades, Salvador Ordóñez, eludíu cuantificar o prezo dos cursos. A Cadena Ser di que entre 1.800 e 2.000 €. El Correo apunta que poderían custar entre 2.000 e 3.000 €. En fin, unha pasta. Din que os prezos serán "públicos", é dicir, que serán establecidos polo Ministerio "de acordo coas autonomías". Vamos, que os organizadores dun máster non poderán cobrar o que queiran senón o que lles autoricen. Pero cobrarán. E resulta máis que posible que non estean "subvencionados", ou dito doutro xeito, que non estean financiados polo Estado, é dicir, que non sexan públicos, isto é, que terán que ser pagados íntegramente polos alumnos. Na Universidade de Vigo din que "non costarán tan caros como moitos que se cursan actualmente en centros privados". Menos mal; xa nos estabamos asustando. Xa desde novembro pasado sabemos que, por exemplo, a Comunidade de Murcia non os subvencionará, e que en Castilla y León o reitor da Universidade de Valladolid, Jesús María Sanz Serna, está moi preocupado porque poida suceder o mesmo. Na reunión do Consejo de Coordinación Universitaria de decembro pasado aparcouse o tema, disque polo "mosqueo" dos reitores. Como non vai haber financiamento público, van crear outra liña de negocios para os bancos: os préstamos de estudios [4], que os pais con fillos en idade de estudiar teremos que engadir ás hipotecas. Unha ruína, como lles ocorre aos estudiantes británicos, que parece que se enfrentan á ruína financeira, ou aos da Universidade de Miami, que ocupan o primeiro lugar en débedas ao graduarse. A non ser que sexamos previsores e contratemos co banco un "plan de aforro ou póliza de estudios" [5]. Aínda así, ten os seus perigos, porque é ben posible que sigan subindo as tarifas e os intereses dos préstamos [6]. En fin. ¿Quédalle a alguén algunha dúbida de que o que realmente se pretende coa reforma da universidade é a súa saída ao mercado, a súa privatización?


[1] Christian Morrison, nun documento publicado polos servicios de estudios da OCDE, analiza a viabilidade das estratexias privatizadoras e realiza unha serie de recomendacións de cara a "minimizar os custos políticos". Nese documento sinala que “as políticas de estabilización económica e de axuste poden provocar disturbios sociais, poñer en perigo a estabilidade dos países”, polo que é preciso “definir e precisar as características dun programa de estabilización políticamente óptimo que, para un mesmo resultado, minimice os custos políticos [...] en termos de folgas, manifestacións ou sublevacións [que] son moi diferentes dunha medida de estabilización a outra” (p. 3). Cunha notable claridade e un cinismo cruel, indícanse as estratexias que os gobernantes teñen que despregar para realizar as políticas de axuste evitando os riscos políticos. Unha vez examinadas algunhas opcións “perigosas”, o ideólogo deste organismo de reflexión estratéxica do capitalismo mundial continuaba: “Despois desta descrición de medidas arriscadas, pódense aconsellar, pola contra, numerosas medidas que non crean ningunha dificultade política [...] Se se lles diminúen os gastos de funcionamento ás escolas e universidades, hai que procurar que non se diminúa a cantidade de servicio, aínda a risco de que a calidade baixe. Pódense reducir, por exemplo, os créditos para o funcionamento das escolas ou as universidades, pero sería perigoso restrinxir o número de alumnos matriculados. As familias reaccionarán violentamente se non se matricula aos seus fillos, pero non o farán fronte a unha baixada gradual da calidade da ensinanza e a escola pode progresiva e puntualmente obter unha contribución económica das familias ou suprimir algunha actividade. Isto faise primeiro nunha escola e logo noutra, pero non na do lado, de tal maneira que se evita o descontento xeralizado da poboación” (Morrison, C. (1996): La Faisabilité Politique de l'Ajustement. Centre de Développement de l'OCDE, Cahier de Politique Économique, nº 13, p. 30 http://daniel.calin.free.fr/ocde.pdf. Aquí en inglés: The Political Feasibility of Adjustment).

[2] Especial fírgoa: Novas sobre as titulacións recollidas en fírgoa (04/03/03 a 28/08/05)

[3] Especial fírgoa: Novas sobre os "axustes" xa en marcha

[4] Non é novidade: Un informe propone que los universitarios paguen su carrera cuando ganen dinero trabajando (15/04/05), A Secretaría de Estado de Universidades abre a convocatoria para a solicitude de préstamos para estudantes (13/09/05), El Gobierno estudia instaurar en España los préstamos-renta para universitarios (28/09/05), Castilla y León: Caja Duero participará en el programa de préstamos a universitarios del Ministerio de Educación (28/09/05)

[5] Colombia: Ahorro educativo. Garantícele a sus hijos la formación académica futura, Con ahorro, estudiar es más fácil. Ahorra para la universidad, MEXICANA DE BECAS EXCELENCIA, A.C., Venezuela: Educación: financiamiento bancario, EEUU: Abierto el plan que permite pagar por anticipado el college de los hijos, EEUU: Aumento moderado en costos de universidad, enorme en préstamos, Colombia: Nuevas líneas de crédito para estudiantes de pregrado y posgrado tendrá el Icetex, Portugal: Totta lança sistema “Estude agora, pague depois”para melhores alunos, EEUU: Préstamos son alternativa ante costo de colegiaturas, El Gobierno legaliza las inversiones en fondos para cubrir gastos de universidad y de jubilación, EEUU: Préstamo estudiantil, toda una inversión, Chile: Bancos a la caza del nuevo crédito universitario con garantía estatal, EEUU: Haga la tarea antes de pagar colegiaturas...

[6] Puerto Rico: Presidente UPR firme en el alza de matrícula, Reino Unido: sube el coste de la educación, EEUU: Continúan los obstáculos para que latinos financien universidad, EEUU: Preocupa aumento de tarifas universitarias, EEUU: Se dispara deuda universitaria, Chile: Mineduc acusa alzas de hasta casi un 20% en aranceles de las universidades, Chile: Polémica por el alza de aranceles universitarios, Paraguay: Rechazan suba de aranceles, EEUU: Peligran préstamos para universitarios, etc., etc., etc.

Outras novas relacionadas: