Nel Rodríguez Rial: Os retos do multiculturalismo

Nel Rodríguez Rial: Os retos do multiculturalismo

1.O fenómeno da multiculturalidade  a súa circunstancia histórica.

No derradeiro cuarto do século pasado temos asistido á aparición dun conxunto de procesos económicos, sociais, políticos e mesmo ideolóxicos que forzaron -e aínda hoxe están a forzar- unha revisión e reformulación dos modelos de cidadanía e de Estado nacional que se foron formulando no campo do pensamento político trala Segunda Guerra Mundial. A globalización da técno-economía; a constitución de grandes poderes económicos e financeiros transnacionais que cada vez máis concentran nunhas poucas mans a maioría da riqueza mundial (as 23 empresas máis importantes do mundo controlan o 70 % do comercio mundial. Si equiparáramos a poboación actual do planeta a 100 habitantes, “a mitade da riqueza total do mundo estaría en máns de só seis personas. As seis personas serían de nacionalidade norteamericana”; a perda de autonomía do poder político e social respecto destos poderes macroeconómicos; a desregulación social e asistencial do Estado de Benestar nas democracias europeas; a crise ecolóxica xeneralizada que vive o planeta; o creciente empobrecemento económico, ecolóxico, social, político e mesmo cultural dos países do chamado Terceiro Mundo; a crecente urbanización da poboación mundial, cun fenómeno de mutación da comunidade de convivencia cercán e afectiva a unha sociedade na que as personas se relacionan anónimamente en función dos seus múltiples e variados intereses (paso dunha Gemeinschaft a unha Gesselschaft, en términos  acuñados por Tönnies), a aparición por todos os currunchos do planeta de millóns de refuxiados ecolóxicos e políticos; o aumento dos fruxos migratorios, tanto desde o interior de Occidente como desde o seu exterior; a irrupción das mulleres no mercado de traballo; as reivindicacións de “recoñecemento da diferencia” e de dereitos por parte de grupos feministas, ecoloxistas, pacifistas, homosexuais, minorías étnicas ou relixiosas, que podemos dicer que é a forma máis sobranceira que adopta o conflcito político neste comezo de milenio; a conciencia creciente no pensamento e na praxis política da diferencia que existe entre cidadanía, nacionalidade e etnicidade; o debilitamento social dos sindicatos; a irrupción no campo social de organizacións non gubernamentais, tanto a nivel nacional como internacional; a constitución dunha conciencia universal sobre os dereitos humáns fundamentais (constitución dun Tribunal Penal Internacional) son só algúns dos procesos que están a alterar, máis fondamente do que pensamos, a estabilidade social, a autonomía política, a capacidade de xestión económica e ecolóxica dos Estados nacionais e a poñer en crise un modelo liberal de cidadanía que se atopaba ligado, en boa medida, a un modelo de Estado, o nacional, que está tamén en profunda revisión ante as tensións, por mor da mundialización económica-financieira e do desbordamento da súa soberanía por arriba –hacia marcos supranacionais, como é o caso das nacións implicadas na constitución da Unión Europea- e da tensión, por abaixo, polo recoñecimento do dereito de comunidades históricas nacionais a constituir espacios de autonomía política, como é o caso reciente de España.

[...]

Artigo publicado en DA SILVA ESTANQUEIRO ROCHA, Acílio: Europa, Cidadania e Multiculturalismo, Centro de Estudos Humanísticos, Universidade do Minho, Braga, 2004, pp. 199-234.

AnexoTamaño
definitiva multiculturalismo.doc201.5 KB