USC: Tectónica electoral

USC: Tectónica electoral
O parto dos montes

Disque houbo un pavoroso "choque de plataformas" que provocou unha intensísima actividade sísmica e volcánica. Fortes tremores e ríos de ardente lava que ameazaban a estabilidade do planeta Universidade. Non foron disonancias diagnósticas nin diferencias programáticas, non, que a fin de contas o papel terma de todo. Foi algo moito máis fondo que afectaba ao cerne do acordo: o reparto "equilibrado" de cargos entre os socios. A autonomía de cada socio para nomear aos seus púxose en cuestión cando ¡desde unha plataforma se vetou a unha vicerreitorable proposta por outra! Intolerable. Iso merecía unha resposta contundente. E disque a tremenda fricción ocasionada case que nos leva a todos por diante, e que só nos libramos do desastre porque xa non era tempo de facer nada. E non se fixo nada. Hoxe todos respiramos aliviados.

Plataformas