USC: Pois si, demitíu, parece

USC: Pois si, demitíu, parece

Segue a "política do rumor". Hoxe a prensa confirma a demisión de Marcelino Agís Villaverde, Vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión Docente. Ningunha comunicación oficial, ningunha explicación á comunidade universitaria. O afectado di que por "motivos persoais". Pero hai quen asegura que tiña de prazo ata hoxe, mércores, para presentar a demisión. Disque foi o prezo a pagar polo veto da PUP a unha vicerreitorable de UA, so ameaza de ruptura. Igual non foi así,  e tan só son maledicencias. A prensa publica as alineacións (1-4-2-4): candidato a reitor, Senén Barro Ameneiro; pola PUP, Miguel Vázquez Taín, Carlos Herrero, María José Alonso e Máximo Plo (parece que Bermúdez de Castro está descartado). Por CU, María Paz García Rubio e José Manuel Mayán Santos. E por UA, Xoán Carlos Carreira, Elías Torres, Lourenzo Fernández Prieto e o sustituto da vetada, que din que podería ser Xerardo García Mera ou Fernando Cadaveira Mahía (a última hora de hoxe aseguran que será María Dolores Domínguez Santos, da Facultade de Medicina). De debates, programas e análises, nada de nada. Como alguén dicía días atrás, parece que "o único que importa son os nomes dos animais -a Pinta ou a Gallarda ou a Roxa-, e non a calidade do leite...". Así parecen estar as cousas. Só parece.