Continúa a campaña contra a censura na Feira do libro de Madrid da Fundación Federico Engels

Imaxe de xlp

Continúa a campaña contra a censura na Feira do libro de Madrid da Fundación Federico Engels

Eudald Carbonell, Codirector do Proxecto Atapuerca, Carlos Taibo, profesor de ciencia política e escritor, Marta Sanz Finalista do Premio Nadal 2006, ou  Marcelino Camacho, exdirixente de CCOO na  transición, son algunhas das persoas que xa asinaron.

De esquerda a dereita Eudald Carbonell, Carlos Taibo, e Marcelino Camacho*

A fundación, adicada a edición e difusión de libros e pensamento marxistas, ven participando neste evento dende o ano 1998. Nesta edición 2006 a Dirección do evento informou a Fundación Federico Engels que este ano quedaba excluída da feira, alegando que  o seu catálogo é insuficiente [formado por máis de 100 publicacións].

Obviamente non hai nengunha razón congruente nesta censura, agás a de limitar a presenza das ideas e publicacións socialistas neste evento. Por esta razón a Fundación Federico Engels iniciou unha campaña internacional de recollida de sinaturas para esixir que a Dirección da Feira do Libro de Madrid rectifique a súa decisión.

Centos de persoas, entre profesores universitarios, de secundaria, sindicalistas, estudantes e traballadores xa se sumaron a esta campaña en defensa da liberdade de expresión.  Estamos nun momento decisivo da campaña polo que é preciso contar con máis sinaturas de respaldo, para deste xeito facer máis presión e conquerir que a liberdade de expresión non se cercene na Feira do Libro de Madrid.

¡Entra na páxina web da fundación e asina pola liberdade de expresión!

Si queres contar con máis información do sucedido lee o artigo de Fernando B. Abad en Rebelion.org.

Tamén podes ver nesta ligazón a lista de persoas que se sumaron xa a campaña.

* As fotos que acompañan esta noticia teñen a seguinte procedencia: