Día Mundial Contra o Traballo Infantil

Traballo infantil 2

12 de xuño
Día Mundial Contra o Traballo Infantil
A eliminación do traballo infantil:
¡Xuntos podemos facelo!

Traballo infantil 3

Explotación infantilO Día mundial contra o traballo infantil celébrase en todo o mundo o 12 de xuño cada ano, e o seu obxectivo é server de catalizador para o crecente movemento mundial contra o traballo infantil. O Día mundial tense concentrado nunha das “peores formas de traballo infantil” definidas no Convenio núm. 182, comezando polas “formas incuestionablemente peores”, como o é a trata de nenos e nenas. Esto foi seguido do traballo infantil doméstico, e finalmente o ano pasado, polo traballo infantil en minas e canteiras. Este ano, o evento céntrase no novo Informe global da OIT, “A eliminación do traballo infantil: un obxectivo ao noso alcance” (maio de 2006) e aproveitarase a oportunidade para reflexionar sobre os achados deste novo Informe, o cal servirá como documento de base na discusión plenaria do 9 de xuño. Este segundo Informe global documenta o progreso importante que se produxo no esforzo do movemento para a eliminación do traballo infantil. Por primeira vez, as cifras demostran unha diminución global do traballo infantil no mundo, e de maneira máis significativa, das súas peores formas. O Informe describe os medios grazas aos cales se acadaron estes obxectivos. De maneira xeral, a comunidade internacional ten maior coñecemento sobre as mellores políticas a adoptar e o tipo de axuda que se debe brindar aos países para que éstas funcionen exitosamente. Ademáis, o empoderamento dos países en desenvolvemento da loita contra o traballo infantil e a creación de plans de acción de duración determinada, converteuse agora nunha prioridade. É obvio que un país non necesita esperar a ser rico para eliminar o traballo infantil. Incluso se o progreso económico é importante, elaborar as políticas adecuadas é, en todo caso, primordial.

Enlaces

Instrumentos internacionais e rexionais sobre dereitos dos nenos e traballo infantil

Materiais e Recursos didácticos

Traballo infantil