Xosé Lorenzo Puime. Os primeiros loitadores: Os homes e mulleres do Paleolítico

Imaxe de xlp

Xosé Lorenzo Puime. Os primeiros loitadores: Os homes e mulleres do Paleolítico

Coñecer as orixes do ser humano, resulta un feito fundamental á hora de entender as características do momento da historia no que estamos, de onde vimos e cara a que tipo de sociedade queremos ir.

Imaxe extraída de http//w3.cnice.mec.es/eos/

As bases deste coñecemento científico son os estudos realizados por arqueólogos e antropólogos que se apoian na análise da cultura material, na medicina forense antropolóxica (que permite coñecer a alimentación, as enfermidades, as formas de vida dos nosos antepasados), na análise de cromosomas (que permite saber se un resto está emparentado con outro...) ou no estudo do terreo, para coñecer as modificacións do chan, o seu uso, etc.

Así mesmo a teoría da evolución das especies de Darwin(1860) supuxo no seu día unha revolución á hora de estudar as orixes do home e doutros seres vivos. Esta teoría contou cunha enorme oposición da igrexa católica, que non aceptaba que o home tiña unha orixe animal, xa que ésto botaba por terra os seus sermóns de que o home fora creado por Deus a súa imaxe e semellanza. E abofé que o Vaticano non podía imaxinar a Deus con trazos similares aos dun chimpancé.

Con todo, os estudos antropolóxicos consideran que o home procede dun antepasado común ao mono, que debido a cambios no medio, daría lugar nunhas rexións a chimpancés e orangutáns(Oeste de África)e noutras zonas a prehomínidos(Este de África). Para desgusto da igrexa, o certo é que o home e o mono comparten o 99% de material xenético común. O antepasado común, xurdiría así mesmo, de animais insectivoros que ensanchan a súa caixa torácica subíndose ás árbores. Os restos máis antigos, datan de 35 millóns de anos, e asócianse co "mono purgatorio" atopado nas Montañas Rocosas de Estados Unidos.

En consecuencia, os cambios climáticos producidos en África, conducirían a unha sequía que favorecería o bipedismo, o desenvolvemento do cerebro e a invención de ferramentas. É dicir, o home, facendo fronte ás dificultades, iniciaría a súa loita por unha vida mellor, dando unha resposta ás súas necesidades cunha maior habilidade, facendo uso, entre outras cousas, dos primeiros utensilios cortantes e de caza. Este proceso comezaría fai catro millóns de anos da man dos prehomínidos Australopitecos e desenvolvese cos primeiros membros do xénero homo apartir de hai dous millóns de anos.

Existen varias ramas no xénero homo. A súa evolución parte do Homo-Hábilis ou do Homo-Rudolfensis e remata no Homo-Sapiens-Sapiens actual. O proceso vaise a caracterizar por cambios no corpo humano e na mentalidade, conseguindo unha intelixencia e capacidade humana cada vez maior á hora de aproveitarse mellor do medio natural. Será o Homo-Sapiens-Sapiens, orixinario de África, o primeiro "home sabio" que se corresponde co home moderno. Este homo desenvolve ferramentas cada vez máis perfectas, enterra aos seus mortos e exprésase artísticamente apartir de pinturas rupestres.

Finalmente, no estudo dos primeiros seres humanos, parece claro que o "home sabio" é de orixe africana . O ADN así o ratifica, o que deixa K.O. aquelas formulacións racistas, que consideran ao home africano como inferior. Así mesmo, fronte a quenes xustifican a opresión do home polo home, como algo irremediable, xa que "sempre foi así" o estudo do pasado móstranos como non é a sociedade capitalista, nin as súas inmediatas predecesoras, os periodos máis extensos na historia da humanidade, senón unha pequenísima porción de tempo no devir humano. O Paleolítico é ata agora o periodo máis longo da historia humana, xa que ocupa o 97% do desenvolvemento da nosa especie no planeta, e polo tanto é importante saber que nos primeiros homes non existía un afán egoísta de acumular propiedade e dominar aos seus semellantes. As grandes guerras e catástrofes colectivas xorden apartir da idade dos metais vencelladas ao arraigo á propiedade de terras e xacimentos. Nada que ver coa loita pola subsistencia dos primeiros seres humanos.

Bibliografía:

Mitxitorena, Miguel. El origen revolucionario del hombre . En El Militante, Marzo 2006.
Querol, M.A. De los primeros seres humanos. Madrid 1991
Johanson, D.
El primer antepasado del hombre. Barcelona 1982
Leakey, R.
Evolución humana. Barcelona 1994