A USC Emprendedora

A USC Emprendedora
Editorial de USCalidade e-Boletín, nº 3, marzo de 2004

As empresas baseadas en resultados da investigación universitaria, máis coñecidas como "spin-off", están a encher o baleiro que non cubrían en España os métodos clásicos de transferencia de tecnoloxía. Este tipo de empresas están a convulsionar o mundo universitario español, mediante o establecemento de negocios ó redor das tecnoloxías, e coa creación dunha infraestructura de apoio e asesoramento inconcebible ata hai poucos anos na universidade española.

Unha idea innovadora xurdida do contorno académico pode transformarse nun negocio florecente e con maiores posibilidades de éxito que se se desenvolvese fóra deste hábitat. Os factores de éxito deste tipo de proxectos débense ó seu elevado grao de desenvolvemento tecnolóxico.

O caso da Universidade de Santiago de Compostela é paradigmático; 500 anos de antigüidade, a maior universidade de Galicia e unha das máis prestixiosas de España, grupos de investigación consolidados e unha Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) que ó longo dos últimos trece anos desenvolveu un meritorio labor de conexión co sector productivo.

Cómpre preguntarse ¿Aumentou de xeito inesperado a "predisposición psicolóxica" a emprender dos universitarios composteláns? A explicación é moito máis sinxela do que nun principio se presupón. A creación dun "spin-off" académico é unha alternativa máis de transferir o coñecemento xerado ó longo do tempo nunha universidade. Entre as outras opcións destaca a publicación en revistas especializadas, a prestación de servizos tecnolóxicos, a venda de dereitos de uso dunha tecnoloxía... E neste ámbito de actuación a USC é líder en España.

USCalidade, e-Boletín, nº 3 Marzo de 2004

Comentarios

Opcións de visualización de comentarios

Seleccione a maneira que prefira para amosar os comentarios e prema en "Gardar os axustes" para activar os cambios.

¿Que ten esto que ver coa "Calidade"?

O editorial do nº3 de USCalidade - e-Boletín suxíreme moitas cousas, pero só quero quedarme cunha: ¿que ten que ver a promoción de "negocios florecentes" coa calidade universitaria?