Galicia: As universidades galegas, segundas en novas patentes

Galicia: As universidades galegas, segundas en novas patentes

As universidades galegas son as segundas con máis patentes de investigación de toda España, só superadas pola Comunidade Valenciana nun dos indicadores "máis relevantes" no campo do traballo científico, segundo un estudo realizado por Consumer.es Eroski.

Así, das 168 patentes contabilizadas en Galicia nos últimos 10 anos, a Universidade de Vigo acapara 95, o que a sitúa na segunda posición entre as 73 universidades españolas, seguida da Universidade da Coruña, onde se contabilizaron 58, e as restantes correspóndenlles á Universidade de Santiago.

Ademais, o "esforzo da investigación universitaria" en Galicia vincúlase á Universidade pública. De feito, esta comunidade é unha das poucas, xunto con Andalucía e Castela A Mancha, que non teñen no seu territorio universidades privadas.

A aposta das universidades galegas pola mobilidade estudantil é un dos valores que promove o novo espazo europeo de educación superior e queda reflectido no número de estudantes do programa Erasmus recibidos o ano pasado, 1.284 -a quinta comunidade máis visitada-, e enviados, 1.185.

O estudo tamén revela que do millón e medio de alumnos que se inscribiron no 2005 nas universidades españolas, case o 90% o fixeron en centros públicos, así mesmo, o 82% das universidades privadas ten menos de 25 anos, e unha de cada tres está en Madrid.  

Galicia Hoxe, 07/10/06

Outras novas relacionadas: