Jaime Gómez Márquez: Investigación na USC

Jaime Gómez Márquez: Investigación na USC
Jaime Gómez Márquez, Decano de Bioloxía

De novo me impresiona a nosa brillante tecnóloga e vicerreitora de Investigación coa súa claridade expositiva. Dende a miña humilde condición atrévome a facerlle as seguintes observacións: as Facultades son a esencia da Universidade e non os grandes Centros de Investigación, a investigación fanna os investigadores e non os ladrillos, hai máis liñas de investigación que a súa. A xestión da política científica require sacrificios e renuncias, os cargos de xestión están ó servizo da comunidade universitaria e non ó revés. Non é desexable que existan profesores que non investigan pero tampouco o contrario, o desenvolvemento da tecnoloxía baséase nos avances da ciencia básica "pouco emprendedora", e non se esqueza que os biólogos estudamos a vida. Deséxolle que continúe coa súa brillante traxectoria.  

El Correo Gallego, 16/11/06