Praga de expertos en calidade

Praga de expertos en calidade

Moisés

(Versión en español

Durante moitos anos non se lles víu por ningures, e moitos pensabamos que non existían, que tan só eran seres mitolóxicos, unha lenda urbana como tantas outras. Pero os expertos en calidade estaban aí, agardando expectantes a que se producira o contexto estratexicamente adecuado para mellorar, optimizar, racionalizar, modernizar, dimensionar, reorganizar, reformar, eficientar as cousas. Non é que non o souperan. Xa sabían que as cousas non iban ben, que non tiñan calidade abondo, pero non lles quedou máis remedio que permanecer agachados pacientemente ata que chegara o momento propicio para iniciar a revolución da calidade. E ese momento chegou, e de súpeto aparecen os expertos como unha marea salvadora e vivificante. A súa experiencia de anos (invisible, calada, silenciosa, sacrificada) en innovacións educativas, en metodoloxías didácticas, no uso de tecnoloxías, en organización, xestión e planificación, permítelles agora asumir o liderado do cambio urxente e necesario que se deriva do EEES, dispondo para iso dunha ampla gama de instrumentos de intervención: plans estratéxicos, FODAs, cuestionarios de avaliación, ISOs, TQMs, axencias de calidade, cursiños, workshops, incentivos, data mining, sistemas de vixiancia e de control para que o persoal actúe eticamente e rinda contas da súa actuación, o que non facía ata agora. Os expertos en calidade van a ensinarnos como temos que ensinar, pois eles sábeno facer moi ben, como saben facer moi ben case todo, por non dicir todo: para iso son expertos en calidade. Tamén nos ensinarán a investigar, a planificar, a xestionar, e a tantas outras cousas valiosas que só eles coñecen e dominan. Os expertos están por todas partes, e cada vez son máis, pois se reproducen a taxas moi elevadas para ben do sistema. Os expertos en calidade, como debe ser, van ocupando o espazo central do escenario universitario que inxustamente ocupaban os decadentes profesores, e nos conducen alegre, enérxica e emprendedoramente cara á nova terra prometida da empresa e o mercado.

Control de calidade

Outras novas relacionadas:

Algunhas lecturas recomendadas:

Novas: