Noticias soltas sobre a crise económica

Plácido: Siente a un pobre a su mesaNoticias soltas sobre a crise económica

Dicían que o da crise económica era tan só unha "aterraxe suave", que non había que poñerse nerviosos, que a man invisible do mercado encargaríase de poñer cada cousa no seu sitio. Pero os prezos dos productos básicos non deixaron de subir, o que sumado á constante alza do euríbor levou a moitas familias a unha situación abafante, con perigo incluso de perder a súa vivenda. Para facer fronte á situación, os liberais opostos a toda intervención do Estado en asuntos de mercado, pediron intervención, intervención e intervención. E o Estado intervíu: baixóulles os impostos aos ricos para que non perderan beneficios e para que estas navidades poideran comer angulas, caviar e outros productos de luxo. E como a crise económica só se debe á ignorancia dos asalariados, tomóu outra serie de impactantes medidas para atallar radicalmente o problema: non dar propinas, que crean moita inflación; comer coello, que é barato e non ten colesterol; e moderar as subas salariais, que para comprar coello chega con pouco. E así todos tan contentos a celebrar o Nadal. ¡Felices Pascuas e Próspero Aninovo!

Algunhas suxerencias para a cea de Nadal:

dalmore.gif
39.000 €


980 €

JAMON
342 €


6.000 €

perrier_jouet_belle_epoque.jpg
1.000 €

FortressAquamarine