Normalización lingüística: Todo en Inglés

Normalización lingüística: Todo en Inglés

Os reitores, de acordo co espírito mercantil de Boloña, queren competir no emerxente mercado da educación superior, atraendo a alumnos de outros países. Pero existe un problema: ¿En que idioma imos atender aos alumnos estranxeiros? ¿Cando converxan nas aulas alumnos ingleses, checos, angolanos, italianos, portugueses, chineses... imos seguir impartindo a docencia en español, por non dicir en galego, catalán ou euskera? ¿Quererán vir a formarse nun idioma que descoñecen? ¿Poderemos competir en español (ou en galego, catalán ou euskera) coas universidades estadounidenses, británicas, australianas ou neozelandesas, todas elas anglofalantes? Resulta claro que a solución pasa por utilizar a lingua franca, a lingua do mercado: o inglés. Pero entón aparece outro problema: se a docencia se imparte en inglés, todos os alumnos (incluídos os indíxenas) deberán dominar ese idioma, polo que resulta obrigado esixir que o saiban. A constitución do mercado de educación superior reclama estandarización (macdonalización) lingüística, motivo polo cal estamos a asistir a un acelerado proceso de "normalización lingüística"  das universidades (na secundaria tamén se está a observar este fenómeno) en inglés. Polo de agora din que só se impartirá en inglés unha porcentaxe das materias, pero é obvio que a tendencia ha ser "todo en inglés". ¡Adeus á diversidade lingüística!