Educación: Moitas mobilizacións distintas contra unha sóa política verdadeira

Educación: Moitas mobilizacións distintas contra unha sóa política verdadeira
A descentralización educativa consigue o seu obxectivo de ocultar o enemigo común (as políticas neoliberais privatizadoras) e dispersar as resistencias

“Despois desta descrición de medidas arriscadas, pódense aconsellar, pola contra, numerosas medidas que non crean ningunha dificultade política [...] Se se lles diminúen os gastos de funcionamento ás escolas e universidades, hai que procurar que non se diminúa a cantidade de servicio, aínda a risco de que a calidade baixe. Pódense reducir, por exemplo, os créditos para o funcionamento das escolas ou as universidades, pero sería perigoso restrinxir o número de alumnos matriculados. As familias reaccionarán violentamente se non se matricula aos seus fillos, pero non o farán fronte a unha baixada gradual da calidade da ensinanza e a escola pode progresiva e puntualmente obter unha contribución económica das familias ou suprimir algunha actividade. Isto faise primeiro nunha escola e logo noutra, pero non na do lado, de tal maneira que se evita o descontento xeralizado da poboación” (Christian Morrison (1996): La Faisabilité Politique de l'Ajustement. Centre de Développement de l'OCDE, Cahier de Politique Économique, nº 13, p. 30)