USC: Entrevista Lourenzo Fernández: «Adiamos as diferenzas para que a comunidade universitaria saiba que imos xuntos»

USC: Entrevista Lourenzo Fernández, Vicerreitor da USC: «Adiamos as diferenzas para que a comunidade universitaria saiba que imos xuntos»

O vicerreitor de Relacións Institucionais e cabeza visible de Universidade Aberta na equipa de goberno, Lourenzo Fernández Prieto, laméntase de que sempre se cuestione á universidade e que, por exemplo, ninguén cuestione á Igrexa, cando tamén está financiada con cartos públicos.

- Saen a apoiar publicamente ao reitor, ¿as crises unen?

- Si, é evidente. Pero tampouco transcendera moito que tiñamos unha crise. O que si había eran diferenzas e discrepancias sobre como xestionar os recursos e queriamos recuperar o espírito do compromiso que adquirimos ao principio. Adiamos as diferenzas, para que a comunidade universitaria saiba que imos xuntos.

- ¿Isto axuda a un novo pacto de goberno dentro de dous anos ou é falar con moito adianto?

- É moito adiantarse a un futuro pacto de goberno, porque vai a depender moito da vontade dos distintos grupos.

- ¿A crise vai paralizar proxectos?

- Non todo o que estaba programado se vai poder facer, e hai proxectos que levan moito tempo esperando, como a Facultade de Ciencias da Educación ou o Campus da Saúde. Haberá que ver a previsión de futuro, as nosas prioridades, e discutir o novo modelo e que é o máis rendible. É evidente que o novo contexto obriga a pensar en novas fórmulas.

- Ninguén cuestiona a sanidade nin a educación non universitaria, ¿por que sempre á universidade?

- Porque a xente que pasou hai trinta anos pensa que aínda se fan as cousas así. Nós queremos xustificar o rendibles que somos e tamén teremos que facer algunha autocrítica. Ata hai pouco tiñamos 260 alumnos en primeiro de Medicina e agora imos ter 400, ¿como facemos esa formación? Teremos que tomar decisións porque fai falla un novo modelo, pero isto é unha demanda social e política.

La Voz de Galicia, 15/10/08