USC: Os profesores conservadores da USC apoian o cambio na elección do reitor

USC: Os profesores conservadores da USC apoian o cambio na elección do reitor

Converxencia Universitaria (USC), plataforma que agrupa os profesores conservadores, amósase partidaria de modificar o sistema de elección do reitor, a máxima autoridade universitaria. Deste xeito, este grupo de docentes aposta por que a máxima autoridade universitaria sexa escollida a través do claustro, un órgano de 300 persoas, en vez de a través do sufraxio universal ponderado –no que non todos os votos teñen o mesmo valor, pero votaría máis de 30.000 persoas–. CU é o primeiro colectivo presente no goberno da USC que toma posición ante o posible cambio, anunciado por Xornal de Galicia.

Xornal, 10/09/09