USC: Elección do/a reitor/a por sufraxio universal

USC: Elección do/a reitor/a por sufraxio universal
(Recibido por correo electrónico)

Ante a noticia de que se pretende promover unha modificación dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela para suprimir a elección do Reitor por sufraxio universal e directo e volver á elección do mesmo polo Claustro, os abaixo asinantes, membros da Comunidade Universitaria, manifestamos:

1º.- A elección do Reitor por sufraxio universal e directo, introducida pola Lei Orgánica de Universidades de 2001, é un avance innegable na participación da Comunidade Universitaria no goberno da Universidade, ten contribuído moi positivamente a corresponsabilizar a todos os membros da mesma nesa labor e facilita os procesos de cambio que de xeito periódico necesita unha institución centenaria como é a nosa.

2º.- Aínda que a vixente lexislación universitaria permite volver á elección do Reitor polo Claustro, dita volta atrás esixiría una reflexión sosegada e aberta a toda a Comunidade Universitaria, na que se explicasen minuciosamente as razóns que aconsellarían tal cambio, e que deberían ter un peso suficiente para compensar a perda de capacidade de participación que o mesmo comportaría.

3º.- Uns meses antes do inicio dun proceso de elección de Reitor non é o momento máis axeitado para iniciar este debate, que nas actuais circunstancias da Universidade de Santiago de Compostela só se pode interpretar como un intento de cambiar as regras de xogo no último intre, alterando o normal desenvolvemento da elección do máximo órgano unipersoal da institución.

Por todo o exposto, solicitamos:

1º.- Ós promotores desta iniciativa, que recapaciten sobre a inoportunidade de presentala nestes momentos e, conseguintemente, a retiren.

2º.- Ós órganos universitarios con competencias no procedemento de reforma estatutaria, e moi especialmente ó Claustro, que, de manterse a proposta, a rexeiten.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2009

Outras novas relacionadas: