Antón Losada: Outro tempo para a USC

Antón Losada: Outro tempo para a USC

Disque o reitor Barro quitou adiante os orzamentos da USC cando xa conta os días que lle quedan para convocar as eleccións. Enténdese mal tanta urxencia cando xa se asumira a prórroga dos anteriores. Mais semella unha hipoteca para quen veña detrás. Logo de perder a votación dos novos estatutos, xa debeu deixar paso ás eleccións. Agora sería incomprensible que non o faga de inmediato, se non se quere meter a universidade máis importante do país nunha espera que só conduce á debilidade. É hora de que a USC abra outra etapa. Que veñan o cambio, novas ideas e un liderado claro e forte, comprometido co país e coa sociedade para a que traballa. Hoxe, máis que nunca, e canto antes, mellor.

Galicia Hoxe, 05/02/10

Outras novas relacionadas: