Galicia: USC: Presentación de candidatura: Lourenzo Fernández Prieto

Galicia: USC: Presentación de candidatura: Lourenzo Fernández Prieto

Benqueridas compañeiras,
Benqueridos compañeiros,

Diríxome a vós, unha vez coñecida a convocatoria das eleccións a Reitor,  para informarvos da presentación da miña candidatura, que farei efectiva  cando se abra o prazo, o vindeiro 20 de marzo.

Fágoo porque estou orgulloso de formar parte da Universidade de Santiago  de Compostela. Creo nesta Universidade e teño absoluta confianza na  capacidade da comunidade que a conforma. Quero a esta Universidade e sei
que este é un sentimento que compartides. Temos que facer máis  universidade e nós sabemos facela desde a colaboración e compartindo  obxectivos.

Porque sei que a comunidade universitaria desexa que se xestione a súa  capacidade de innovación e non as súas inercias, porque quero e sei que  poderei xestionar capacidade de innovación e non inercias. Son un  candidato da universidade e para a universidade, creo nela  positivamente, dende o rigor e o coñecemento.

Hoxe mércores, ás 12 da mañá en Santiago e ás 5 da tarde en Lugo, darei  a coñecer esta iniciativa aos medios de comunicación, pero antes quería  informarvos das miñas intencións a todos e todas vós e convidarvos,  desde xa, a participar nun proxecto de ilusión e confianza.

Saúde e saúdos

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2010
Lourenzo Fernández Prieto
Catedrático de Historia Contemporánea