Galicia: USC: La gestión de Campus Vida levanta la polémica entre los «rectorables»

Galicia: USC: La gestión de Campus Vida levanta la polémica entre los «rectorables»
El alumnado de la USC y los PAS reclaman una mayor participación en la toma de decisiones en la institución
Casares Long y Jaime Gómez Márquez tachan el gran proyecto del actual equipo de gobierno de «personalista»

Serán seis en la primera vuelta, y cada uno ve desde un prisma diferente el futuro y la gestión de la Universidade de Santiago. Los candidatos a rector han tomado ya posiciones en la parrilla de salida de la carrera a San Xerome. Uno de los principales proyectos que heredarán será la gestión de Campus Vida, un ambicioso plan del actual equipo de gobierno que continuará gestándose, al menos, hasta el año 2015. Y no se salva de las críticas.

Mientras Lourenzo Fernández Prieto, candidato por la plataforma de docentes Universidade Aberta, lo ve como «a oportunidade que é para potenciar a imaxe de capacidade e calidade da USC» y Laura Sánchez Piñón, que apuesta por una candidatura libre y plural sin el apoyo de grupos docentes, lo define como un proyecto que «reúne o mellor da Universidade cos hospitais e o de Santiago é o quinto mellor do Estado», el resto de candidatos ven más sombras que luces en el ya campus de excelencia internacional.

Juan Casares Long, candidato conservador que dio la batalla a Senén Barro en las últimas elecciones, es categórico al hablar de Campus Vida: «é un proxecto que non foi dialogado con ninguén nin foi aprobado por ningún órgano da USC». Y va más allá. Afirma que es un campus orientado a las ciencias de la salud pero «todos os que forman parte do ámbito das ciencias da saúde quedaron á marxe». Eso sí, se trata de un plan ambicioso y con muchas posibilidades, pero que se gestionó mal. «Levan dez anos vendendo a nova Facultade de Medicina, con maquetas e todo, e era fume, non había nada. E os cartos tivémolos».

Tampoco Jaime Gómez Márquez, que se presenta también como independiente, está muy conforme con cómo se ha llevado adelante Campus Vida. «Por suposto haberá que revisalo e se o novo goberno así o considera reconducilo». Es tajante, como Casares Long. «O actual reitor non pode pretender que os que veñan asuman con devoción un proxecto moi personalista que nunca foi avalado pola comunidade universitaria. Pódese facer diferente e mellor».

Hasta Mercedes Brea, la candidata avalada por la plataforma de la que es parte Senén Barro, la PUP, tiene reservas con un campus especializado en la biomedicina. «Non ten sentido renunciar pero si ver a fondo todas as actuacións». Y es que la catedrática de Filoloxía Románica echa de menos un mayor impulso a ámbitos de conocimiento relacionados con las Humanidades y las Ciencias Jurídicas, y afirma que «haberá que sacar adiante outros proxectos» porque el de Campus Vida «non é o único e ao mellor non é o máis importante».

Interlocución

La prudencia en las palabras de los candidatos a ocupar la silla de San Xerome se desvanece una vez comienzan a hablar los alumnos, Iago Barros, que forma parte del sindicato independentista Agir, critica que el campus de excelencia internacional «estase a presentar ás forzas vivas e ás empresas da cidade», pero que a los alumnos no se les ha tenido en cuenta. Y es que esa es la principal reivindicación del alumnado, el colectivo más numeroso dentro de la USC y uno de los que menos peso tiene a la hora de tomar decisiones, junto con el Persoal de Administración e Servizos. Quieren tener voz, también más allá de las elecciones.

«Se tivese que facer unha proposta concreta, sería en todo caso que existise unha interlocución real de cara aos estudantes», sentencia Barros. En el Sindicato de Estudantes lo tienen bien pensado. Primero, «posicionamento claro en contra de Boloña». Segundo, «presión á Xunta para que haxa un aumento de investimento para manter a Universidade» y tres, que desaparezcan los numerus clausus del máster de profesorado que sustituye al CAP.

El escepticismo corre por las venas de los estudiantes, Muchos creen que gane quien gane, será el mismo perro con distinto collar, pero Manuel Abelleira, del Sindicato de Estudantes, cree que hay que ir a votar de todas formas. Para hacerse oír, aunque sea con un hilo de voz. Entre los PAS las cosas van por el mismo camino. El colectivo A Trabe, mayoritario durante mucho tiempo, pide que los escuchen más y que se vaya a votar. «Se non, non vale nada».

Las preguntas

1. ¿Cales son as principais carencias que ten constatado na Universidade compostelá neste momento? 2. Como posible rector da Universidade de Santiago durante os próximos catro anos, ¿ten algunha acción prioritaria que porá en marcha nada máis tomar posesión do seu cargo? 3. Unha das últimas polémicas no seo da Universidade de Santiago foi a aprobación dos orzamentos, que estiveron a piques de prorrogarse ante o descenso do financiamento autonómico para o ano 2010. ¿Como se pode reverter esta situación?

Pilar Bermejo confirma su candidatura, pero aún está formando su equipo

Los cinco candidatos ya confirmados a sustuir a Senén Barro al frente de la USC ya han comenzado a dar su visión de la institución y algunas propuestas de mejora. Solo falta la catedrática de Química Pilar Bermejo, que rehusó responder a cuestiones concretas.

Aún así, confirmó a La Voz que correrá, junto a los otros cinco, la carrera hacia San Xerome. La suya será, en principio, una candidatura independiente, pero aún le falta atar los últimos cabos antes de anunciar oficialmente su disposición a ser rectora. Estos días, está formando su equipo.

Lourenzo Fernández Prieto: «Hai caladoiros de recursos, pero hai que saber cales e como captalos»
Apoiado por Universidade Aberta, Fernández Prieto busca xerar ilusión entre a comunidade universitaria.

¿Cales son as principais carencias que ten constatado na Universidade compostelá neste momento?

1. Non me gusta falar de carencias. A USC ten oportunidades e capacidades que podemos aproveitar mellor e que temos que aprender a aproveitar colectivamente. A capacidade de innovar para adaptarnos a contextos cambiantes; a oportunidade, como universidade investigadora, de lograr máis programas e recursos ou, como universidade histórica europea, máis proxectos e recursos docentes.

Como posible rector da Universidade de Santiago durante os próximos catro anos, ¿ten algunha acción prioritaria que porá en marcha nada máis tomar posesión do seu cargo?

2. Facer entre todos a mellor universidade do mundo e facelo mellor a cotío. Compromiso co país, orgullo de ser desta universidade e ilusión por decidir o futuro: ese é o espírito que fixo grande á USC cando fulxiu como institución e ese é o espírito da miña candidatura.

Unha das últimas polémicas no seo da Universidade de Santiago foi a aprobación dos orzamentos, que estiveron a piques de prorrogarse ante o descenso do financiamento autonómico para o ano 2010. ¿Como se pode reverter esta situación?

3. Todas as universidades afrontan novos escenarios económicos complicados pola crise, que tamén é unha oportunidade para definir o futuro. Temos que administrar máis e mellor o que xa temos para sacarlle o máximo valor. E temos que captar máis recursos para a docencia de calidade e a investigación competitiva. Hai caladoiros de recursos, pero hai que saber cales, onde e como captalos. Ademais, o país necesita un sistema de financiamento estable e sostible para as súas universidades. Un país que renuncia á súa universidade renuncia ao seu futuro. No meu primeiro ano como reitor asinaremos coa Xunta un financiamento estable. Apostarei polo diálogo e a lealdade dende a firmeza e a contundencia.

Juan Casares Long: «Hai que recuperar a nosa identidade: escoitar, dialogar e xerar coñecemento»
O catedrático de Química que nos últimos comicios puxo contra as cordas a Senén Barro quere recuperar o diálogo con todos os actores da Universidade.

¿Cales son as principais carencias que ten constatado na Universidade compostelá neste momento?

1. Falta un proxecto de Universidade. Temos problemas e moi serios, como os económicos, que terían que ser a gran preocupación para calquera que aspire a ser reitor. Tamén hai problemas na adaptación a Boloña, es especial asociados ao grao de Medicina. Temos disfuncións no tema de investigación. Pero o máis importante é que temos que recuperar a nosa identidade, a ilusión da xente: escoitar e dialogar, xerar coñecemento e formar profesionais.

Como posible rector da Universidade de Santiago durante os próximos catro anos, ¿ten algunha acción prioritaria que porá en marcha nada máis tomar posesión do seu cargo?

2. Serían moitísimas cousas. A principal preocupación é que nalgúns temas avanzamos con moita présa nalgunhas direccións e esquecemos á xente da casa. As persoas son o centro do proxecto. Ademais, non quero poñer datas, porque son moi realista, pero o meu compromiso é que ao longo do próximo mandato veremos como medra a nova Facultade de Medicina.

Unha das últimas polémicas no seo da Universidade de Santiago foi a aprobación dos orzamentos, que estiveron a piques de prorrogarse ante o descenso do financiamento autonómico para o ano 2010. ¿Como se pode reverter esta situación?

3. Se non fose optimista non estaría aquí. Teño os anos e a experiencia e penso que esta situación ecnonómica pode reverterse, pero tampouco se pode facer da mañá á noite e sen ningún tipo de esforzo. Claro que é algo preocupante e teremos que traballar arreo para reconducir a situación cunha xestión que sexa moito máis eficaz. Hai que coñecer a realidade económica da USC e traballar sobre a base dunha xestión moitísimo máis eficaz. Creo que temos os vimbios para conseguilo, tan só hai que traballar.

Mercedes Brea López: «Ademais do plan de financiamento, hai que ver os cadros docentes»
Apoiada pola plataforma do actual reitor, Senén Barro, Mercedes Brea ten como prioridade a mellora dos cadros docentes e das condicións laborais na USC.

¿Cales son as principais carencias que ten constatado na Universidade compostelá neste momento?

1. Todos lle vemos os mesmos problemas: o financiamiento e ter un plan axeitado coa Xunta, a adaptación a Boloña e unha maior atención ás persoas. Hai un desencanto xeralizado e temos que implicar a todos para que a Universidade se manteña nun lugar elevado, porque agora a USC é das mellores de España en investigación. Temos que prestar atención a todos os grupos e ámbitos de coñecemento, porque parece que só se potencian catro ou cinco. Hai que coñecer e potenciar as fortalezas e corrixir as debilidades. Tamén hai que facer unha análise no ámbito administrativo, porque hai que reaxustar a xestión ás circunstancias e novas normativas, o que implica atender a cambios permanentes.

Como posible rector da Universidade de Santiago durante os próximos catro anos, ¿ten algunha acción prioritaria que porá en marcha nada máis tomar posesión do seu cargo?

2. Non é que sexa a miña prioridade, pero esta aí. O plan de financiamento ten como previsión que se comece a negociar arredor do mes de xullo. O máis inmediato é iso pero tamén hai que estudar cuestións relacionadas cos cadros docentes, cos profesores acreditados para obter unha cátedra, que vai pasar cons investigadores con contratos Ramón y Cajal ou Parga Pondal ou o escalonamento das xubilacións.

Unha das últimas polémicas no seo da Universidade de Santiago foi a aprobación dos orzamentos, que estiveron a piques de prorrogarse ante o descenso do financiamento autonómico para o ano 2010. ¿Como se pode reverter esta situación?

3. Hai que saber ben en que se gasta, porque temos os gastos fixos dunha plantilla ben asentada e do mantemento de edificios históricos. Ao mellor hai que estudar outra serie de datos para ver se é posible recurtar e cambiar a xestión.

Jaime Gómez Márquez: «Veñen tempos difíciles nos que haberá que aplicar medidas austeras»
O decano de Bioloxía afirma que representa «unha opción auténticamente independente de cambio».

¿Cales son as principais carencias que ten constatado na Universidade compostelá neste momento?

1. Hai un grave problema económico que afecta directamente a todas as actividades esenciais da Universidade. Por outra banda, a implantación dos másteres foi un caos e haberá que traballar moito neste tema. Ademais, hai un déficit democrático na toma das decisións importantes da universidade. Hai unha clara falta de liderazgo e unha posición de debilidade ante o poder político. Hai plantillas de profesorado descompensadas. Hai unha falta de ilusión en moita xente da universidade... E podería seguir.

Como posible rector da Universidade de Santiago durante os próximos catro anos, ¿ten algunha acción prioritaria que porá en marcha nada máis tomar posesión do seu cargo?

2. A primeira é a de mudar as formas de gobernar e xerar ilusión a toda a comunidade universitaria para que se implique nun proxecto de cambio. A segunda, é que haberá que reflexionar sobre os problemas e os retos que ten a USC para nuns casos tomar as accións necesarias e noutros facer propostas á comunidade universitaria, chegar a acordos e poñelos en marcha.

Unha das últimas polémicas no seo da Universidade de Santiago foi a aprobación dos orzamentos, que estiveron a piques de prorrogarse ante o descenso do financiamento autonómico para o ano 2010. ¿Como se pode reverter esta situación?

3. Eu votei a favor dos orzamentos por responsabilidade e porque representaban o mal menor fronte a prórroga, que sería un imposible cuasi metafísico porque no 2010 hai menos cartos que no 2009. O novo equipo de goberno terá que traballar con estes orzamentos e cunha marxe de manobra baixa e sobre todo terá que preparar os orzamentos para o 2011 e negociar o novo plan de financiamento coa Xunta. En todo caso, veñen tempos difíciles nos que haber que aplicar medidas de austeridade e priorizar os gastos.

Laura Sánchez Piñón: «O primeiro é poñer ao alumno no centro do proxecto: esa é a clave»
Avalada por ter sido co bipartito a conselleira de Educación, a catedrática de Xenética cre que o principal é poñer ao estudante no centro do proxecto universitario.

¿Cales son as principais carencias que ten constatado na Universidade compostelá neste momento?

1. Non falaría de carencias, senón de retos para a Universidade. Destacaría a creación dunha estratexia de Universidade de progreso en cinco ámbitos: cultura, formación, investigación e desenvolvemento, cambio de estructuras económicas e mellora da cohesión social. A clave son as persoas: técnicos, PAS, PDI e alumnos. No caso dos estudantes, é necesario apostar por unha mellor calidade na formación, unha maior taxa de inserción laboral e que os egresados teñan un nivel de formación integral de excelencia e con prestixio. Tamén hai que mellorar a mobilidade da comunidade universitaria nas dúas direccións: os que saen e os que veñen. Un dos maiores retos é a configuración dunha oferta de posgrao máis profesionalizante.

Como posible rector da Universidade de Santiago durante os próximos catro anos, ¿ten algunha acción prioritaria que porá en marcha nada máis tomar posesión do seu cargo?

2. O primeiro é poñer ao alumno no centro do proxecto, esa é a clave. Un profesor investiga e exerce docencia, pero para transmitir con paixón os seus coñecementos precisa dos receptores, que son os alumnos, é algo que non se pode separar.

Unha das últimas polémicas no seo da Universidade de Santiago foi a aprobación dos orzamentos, que estiveron a piques de prorrogarse ante o descenso do financiamento autonómico para o ano 2010. ¿Como se pode reverter esta situación?

3. O 2010 ten que ser o ano da contención, cooperación e eficiencia con disciplina e responsabilidade. Temos a obriga de facer un balance a curto prazo e unha vez superada a crise, comezar a ter perspectivas de financiación a longo prazo, co horizonte do 2015. Ten que haber o compromiso de modernización universitaria e da Administración.

La Voz de Galicia, 28/02/10

Outras novas relacionadas: