Galicia: USC: Casares: "O meu programa muda porque a realidade da USC non é a de hai catro anos"

Galicia: USC: Casares: "O meu programa muda porque a realidade da USC non é a de hai catro anos"
"Non son do PP", di Juan Casares Long nun encontro dixital cos lectores de elcorreogallego.es
"Estou seguro de que a comunidade universitaria será capaz de recoñecer a quen se presenta como independente e quen verdadeiramente o é", sentencia o candidato ó reitorado da USC
"A distancia entre Lugo e Santiago e Santiago e Lugo non é a mesma para moita

1. Es evidente que la USC presenta grandes desequilibrios por áreas y departamentos en lo relativo a la relación profesor/alumno. ¿Qué medidas concretas tiene pensado aplicar para corregir este problema?

As medidas están asociadas á implantación dos novos planos de estudo e requiren por unha parte aportar un tipo de profesorado de apoio para o traballo interactivo e de titorías en grupo e garantir en calquera caso o cumprimento dos compromisos adquiridos na aprobación dos planos. O número de estudantes que acceden a cada titulación supón hoxendía un problema engadido que  tentaremos resolver no menor prazo de tempo posible.

2. ¿Qué opina usted sobre las empresas creadas por la universidad? Léase Unitenda, Unirisco, Unidixital etc... ¿tienen cabida en su programa de gobierno o por el contrario y como ya ha manifestado en alguna ocasión son un lastre y habría que cerraralas? ¿Cuál va a ser su política al respecto?

A universidade non ten máis misión que proporcionar á sociedade un beneficio social. Todo aquelo que tenda a mellorar este beneficio ten cabida. Todo aquelo que soamente supoña beneficio económico está de sobra. O noso programa contempla precisamente a revisión do entramado empresarial da Universidade de Santiago.

3. ¿Es usted del PP?

Non.

4. Este ano acabarei filosofía e tiña a intención de marcha para Lugo a comezar o segundo ciclo de humanidades e así aumentar a interdisciplinariedade da miña formación. Senembargo non me deixa a secretaría xeral pq non haberá docencia dalgunhas asignaturas de primero inda que podería presentarme aos examenes. Noutras universidades españolas non pasa isto, deixante matricular. ¿que opina?

O procedemento de incorporación dos novos planos de estudo supón a desaparición progresiva dos planos anteriores. De non ser posible recibir docencia nalgunhas asignaturas, sería posible primeiro facer os exames ou buscar a substitución a través de materias afíns.

5. ¿Faille máis ilusión ser Reitor ou que lle nomeáramos padriño da nosa promoción da ETSE? Ánimo profe!!!

Sabedes a ilusión que me fixo que me nomeárades padriño. Ser rector é unha ilusión diferente e semellante.

6. Soy residente del SUR, el hasta ahora vicerrector se ha mofado constantemente de los residentes, los ha ignorado y hasta despreciado, ¿presentará a un vicerrector encargado del SUR capaz de hablar de tú a tú con los alumnos?

Din que non hai alumnos sen profesor, pero tamén non hai universidade sen alumnos. Por elo, os alumnos son e serán unha permanente preocupación e abrirei canles de comunicación directas con todos vós.

7. ¿Quién cree que pasará a la segunda vuelta?

É a esperanza de todos os candidatos e como non a miña. A resposta á túa pregunta téñena os votos e teremos que esperar ata o día 5 para sabelo.

8. Le confieso que es mi favorito de largo, ha propuesto un programa solvente, austero y responsable. ¿Cree que los profesores que niegan la deuda de la USC pueden resolver el tema económico? Mucha suerte

Negar a evidencia é descoñecer a realidade e non estar en condicións de afrontala.

9. ¿Aplicará a lei de memoria histórica na USC? ¿fará desaparecer os escudos do SEU do auditorio da USC? eliminará o escudo franquista de química? ¿Por qué cree que o anterior goberno tripartito da USC non o fixo?

É que hai algún candidato a reitor que non estea disposto a aplicar a lei? Os compromisos dos anteriores son eles os que teñen que dar respostas sobre a súa execución.

10. Son presidente dunha asociación de estudantes. Facemos unhas xornadas en maio e utilizaremos o paraninfo da USC. ¿Que lle parece q a USC nos cobre 180€ por día por utilizar un paraninfo sendo unha asociación de estudantes da USC? ¿Vostede tamén pretende paliar a deuda así?

Pois naturalmente que non me parece correcto e penso que aviados estabamos se a solución dos nosos problemas fora ter que acudir a estes extremos.

11. ¿Qué opina del equilibrio entre ciencias y humanidades? ¿Hay sitio para la cultura en su modelo de USC o apostará por la especialización técnica?
. ¿Alguien de ciencias va a corregir las desigualdades con humanidades y CC.SS?
. No seu modelo de universidade cabemos os estudantes de humanidades e CC.SS ou só os de ciencias biomédicas? grazas


Os problemas da sociedade actual son cada vez máis non só problemas de carácter tecnolóxico senón sociais e culturais como consecuencia da sociedade global na que estamos a vivir e unha visión utilitarista da ciencia é unha reducción dos obxectivos que eu nunca estarei disposto a apoiar.

12. ¿Qué opina el candidato de determinadas webs y páginas en redes sociales que apoyan su candidatura y en la que se insulta y/o se falta al respeto desde el anonimato a otros miembros de la comunidad universitaria? ¿tiene pensado desautorizar expresamente y en los propios sitios en los que se realizan estos apoyos?

Todos os meus compañeiros e colaboradores saben que repetidamente pedín o máximo respecto cara as persoas que agora mesmo e de forma coxuntural son os meus contrincantes. Naturalmente que tomo boa nota da súa observación para reiterar a miña posición.

13. Soy alumno de máster, desde hace un par de meses a los alumnos de máster nos han retirado la posibilidad de presentarnos a la convocatoria de diciembre. El director del máster nos informó de que usted había mostrado su sorpresa y malestar en el consello de gobierno y había pedido que se retirara esa medida. ¿Si usted gana realmente hará éso?

É obvio que vou manter no goberno a posición que tiven cando me tocou o papel de ser a voz crítica de outros.

14. En xaneiro veu a fac. de Historia invitado polo profesor José Carlos Bermejo para falar cos alumnos do máster docente. Comprometeuse a apoiar o recurso que presentaron máis de 100 alumnos da titulación para voltar a poder facer o CAP, a apoiar que o máster fora posterior a aprobación da oposición, e a loitar por tódolos medios para aumentar o número de prazas do máster docente. ¿Manterase firme?

No programa inclúo unha referencia expresa ó problema de secundaria en liña co manifestado entón.

15. ¿Qué ha cambiado con respecto a su programa de hace 4 años?

A realidade de hoxe non é a de hai catro anos. Por iso o programa muda con respecto ó de entón, sendo moito máis preciso nas liñas de actuación como nas medidas concretas a aplicar.

16. Soy de Pontevedra. ¿Por que tengo que estudiar derecho en Santiago y no en Madrid?

Pois non tes que facelo. Pero facelo en Santiago é elixir unha das mellores facultades de Dereito de España.

17. Me licencié en junio y ahora estoy haciendo un máster. Desde noviembre hemos dejado de ser 3º ciclo, ahora somos 1º y 2º ciclo. No nos podemos presentar al claustro por 3º ciclo, nos han retringido los préstamos de libro, puestos de investigación... Para mí el Máster es la etapa formativa del 3º ciclo, pq sólo puedo sacar 3 libros de la biblioteca? Pq no me dan los medios para hacerlo?

É dificil respostar por outros. É una mostra de que a idea de grao e posgrao non chegou a todas as persoas.

18. ¿Si Senén quiere llamar al campus SUR campus vida, deberíamos llamar al campus norte campus Morte? gracias

Tal e como manifestei xa mesmo no consello de goberno, foi de novo unha mostra do afastado da comunidade universitaria e das súas sensibilidades do actual equipo de goberno. E non, non quixera que o campus norte fora recoñecido como tal nunca.

19. Fago un máster e son contratado nun proxecto ¿debería facer unha tese ou buscar traballo de carniceiro? ¿A USC é unha boa aposta laboral?

A tese foi e sigue a ser unha magnifica via de completar unha formación de caracter xeralista. E penso que a sociedade máis próxima a nós decatarase no futuro máis inmediato

20. ¿Cal é a súa proposta con respecto ao futuro dos Investigadores Parga Pondal da USC? Qué opinión ten sobre este programa?

A miña posición é manter o actual procedemento de incorporación á plantilla da universidade.

21. El proyecto "Campus Vida" deja al margen a titulaciones de Ciencias de Salud de Lugo. ¿Qué puede decir del proyecto Campus Lugo 2015? Hacía donde enfocaría el "Centro singular de Investigación" que se prevé para el campus lucense. ¿Se ha planteado la posibilidad de construir en el Campus de Lugo algún centro de investigación mixto con algún otro Organismo Público de Investigación (CSIC, INIA...)?

Levo tempo defendendo que a falla de transparencia leva non só a crear tensións senón á perda de eficacia nas decisións. Campus Vida, como ti ben dis, deixou fóra moitas cousas e Veterinaria é un exemplo paradigmático. O proxecto Campus Lugo 2015 é máis do mesmo, un proxecto do que está case todo por definir. Eu destacaría del nestes momentos o compromiso do Concello e da Deputación de Lugo coa Universidade, como xa vén sendo unha tradición. Eu enfocaría o Centro Singular de Investigación despois de falar cos investigadores e non dependendo dos meus intereses particulares. Si, hai anos que xa fun impulsor dun centro de investigación mixto que por distintas razóns entón non saíu adiante e agora espero que si.

22. ¿Por qué os candidatos das plataformas universitarias agora se presentan como independentes? ¿Pretenden copiarlle a estratexia de fai 4 anos? ¿Cree que as plataformas estás desacreditadas?

A experiencia de hai catro anos, a primeira vez que se presentou un candidato que non incorporaba ou dependía de ningunha plataforma, foi ó que estamos a ver unha innovación máis que incorporarei ó meu curriculum. A comunidade universitaria, estou seguro, será capaz de recoñecer a quen se presenta como independente e quen verdadeiramente o é.

23. Son bolseira SPIU, e durante algúns meses non cobramos ás nosas bolsas, vostede plantexoulle ao equipo de goberno este problema nun consello de goberno da USC. ¿Con vostede como reitor este tipo de "esquecementos" deixarían de existir? Quero decir: ¿Con vostede os alumnos que desenvolvemos algún tipo de bolsa ou traballo na USC deixaremos de ser os tremendos esquecidos?

O tema das bolsas SPIU foi parte do meu traballo de seguimento e control da actividade do equipo de goberno da Universidade. Procurarei que a min non me pase o mesmo, e farei todo o posible para que ninguén se sinta esquecido na nosa universidade.

24. Sr. Casares Long, ¿cómo va a hacer para que los estudiantes se sientan parte de la USC, y que participen más? Un saludo y gracias por su tiempo.

Abrindo canles de comunicación directas co estudantado.

25. Actualmente fago un máster en Lugo, pero resido e traballo en Santiago. As liñas de bus son insuficientes, é moi difícil desprazarse entre os campus de Santiago e Lugo se non é con coche privado. ¿Vostede plantexara algún tipo de solución para ísto? ¿Cree que hai algunha solución de man do reitorado? ¿podemos integrar máis os dous campos? ¡ánimo e sorte!

Si, no programa inclúese a avaliación dunha solución a través do transporte colectivo. Eu, que imparto docencia regrada no Campus de Lugo, coñezo que ata o de agora a distancia entre Lugo e Santiago e Santiago e Lugo non é a mesma para moita xente.

26. ¿Han participado estudiantes en la elaboración de su programa?

Si. De primeiro e  segundo ciclos e doutoramento.

27. Ha sido el primer candidato a rector que tras no conseguir la silla de San Xerome ha planteado una labor de oposición al gobierno de la USC durante los últimos cuatro años, eso lo sabemos muchos, ¿pero en qué ha consistido esa labor de oposición?

A presenza no Consello de Goberno por designación do reitor permitiume coñecer polo miúdo a situación e os problemas da nosa Universidade e o labor de seguimento e control supuxo un esforzo persoal notable pero moi satisfactorio dende o punto de vista de apoio a moitas persoas que non tiñan a posibilidade de coñecer nin os temas a tratar nin os acordos máis importantes alí decididos, porque fixemos chegar a todos os departamentos da Universidade esa información.

28. Vostede no Claustro ¿apoiou propostas presentadas por alumnos?

Si. O estudantado apoioume de forma notable nas anteriores eleccións. Eu tratei de respostar ca miña postura no Claustro á miña sensibilidade cos seus problemas.

29. Fálase de que no seu programa vai ter un peso importante a atención á cultura. Qué medidas concretas pensa tomar para incentivala?

A recuperación da extensión cultural ten que verse dende a colaboración institucional coas cidade e o seu contorno, que pasan por fomentar iniciativas propias dos centros da universidade, abrir a USC ás novas formas de cultura, comprometéndose no apoio ós valores e tendencias emerxentes como o apoio das formas xa implementadas na Universidade como a Aula de Teatro, o Coro Universitario, o Espazo de Danza de Lugo e o Centro de Músicas Experimentais. Amais de mellorar os convenios para uso de instalacións deportivas públicas en Lugo e Compostela.

30. Vostede como líder da oposición no claustro fixo unha dura crítica á forma de xestionar o Campus Vida pero defende que é un proxecto que pode ser positivo. pode explicarme esa postura

A miña posición é de traballar en positivo. Por iso despois da crítica sobre a forma oscurantista coa que se levou o proxecto, agora mesmo o que teremos é que redefinilo e adaptalo a toda a realidade da universidade.

31. He oido que usted ha participado o participa en actividades ecologistas, ¿tendremos por fin una USC verde?

Si, é certo. Tentarei levar as miñas conviccións sobre o medio ambiente á práctica en accións concretas baseadas en promover unha cultura na conservación do ambiente e promover a ambientalización curricular da oferta formativa.

32. Se manejan muchos nombre y muchas intenciones pero nadie se pronunció exactamente cuales van a ser sus pilares básicos de campaña. Cuales van a ser los tuyos??

Todas as liñas de actuación e todas as accións irán encadradas nos principios de transparencia e diálogo, participación e compromiso.

33. ¿Irá en su equipo algún contratado doctor?

Si.

34. ¿Participó en su labor de oposición en el claustro algún grupo de estudiantes?

Non, apoiei eu as súas iniciativas na medida que entendín que aportaban á nosa universidade.

35. Se sae elexido na primeira votla cal será o seu primeiro acto institucional como Reitor Electo?

Non o teño previsto, teño que recoñecelo. Agora obrígasme a reflexionar sobre elo.

36. 4 años liderando la oposición han servido para ver en usted un perfil de gestor experimentado, muy distinto de la media a la que estamos acostumbrados, pero la USC parece muy enferma ¿cree que se puede salvar sin recurrir a mensajes catastrofistas?. Gracias y Suerte.

Se eu pensara que isto non ten solución ou que a solución pasa por facer tabla rasa e comezar de novo non estaría hoxe aquí de candidato. As filosofías catastrofistas non forman parte do meu pensamento.

37. ¿Por qué tenemos que votarle a usted?

Porque represento unha opción que trata de traer aire fresco, ilusión, desexos de incorporar a todos de xeito real na vida cotiá da nosa universidade e un compromiso de moito traballo, sempre mirando cara adiante.

38. ¿Conoces de verdad la USC o solo lo que se mueve a nivel de institución? Desde arriba. Queremos todos un programa creíble, con equipo formado y basado en el respeto. ¿Como nos lograreis ilusionar? Caray es que sois todos muy conocidos!!!!!!!!!! Muchas gracias

É certo que a elección de rector é un procedemento de voto directo que ten moito mellor que a votación indirecta, pero que non permite que todos os electores sexan elixibles, pero ó meu entender é a mellor das alternativas. Non me gustaría facer un programa cheo de promesas inalcanzables, prefiro ser realista aínda que en ocasións poda entenderse pouco utópico, pero o compromiso da universidade está por enriba dos intereses particulares meus ou doutros.

39. ¿Supoñendo que pase a segunda volta ¿quén prefire como rival?

Perdoa que non che responda directamente, porque os que pasen será porque unha parte importante da universidade así o decidiu.

Gustaríame que despois de ver o programa, o equipo e recoñecer o traballo feito durante estes anos nos deras o teu voto, pero sobre todo gustaríame que o día 5 de maio fórades todos a votar a quen pensades que pode facelo mellor para a universidade. Cordiais saúdos. Juan Casares.

El Correo Gallego, 17/04/10