Galicia: USC: Lourenzo Fernández Prieto: "Integrarei sobre ideas e principios. Acabouse o tempo das plataformas e os grupiños"

Galicia: USC: Lourenzo Fernández Prieto: "Integrarei sobre ideas e principios. Acabouse o tempo das plataformas e os grupiños"
"Independente nunca fun nin serei. Son libre, que non é o mesmo"
"Son galeguista e nacionalista, como Gallastegui e Paz Andrade", sentencia o candidato ó reiterado da USC no encontro dixital cos lectores de elcorreogallego.es
"Alén das 'spin-off' temos que pasar ás 'spin-out'"

1. Explícanos por que saíches do goberno da Universidade

Como xa expliquei, considerei que era o máis decente. Fixemos todo o posible por cumprir o programa acordado, nun momento de crise institucional (como agora se ve!) pero primaron máis as inercias que a vontade de cambio. Despois da saída reparei en que posiblemente non se explicou ben. Fixen a autocrítica pertinente.

2. O seu lema "Sabemos facer universidade" é case idéntico ao de Juan Casares de hai catro anos "Fagamos Universidade". Hai algún vínculo entre un e outro proxecto? Apoiaría ao profesor Casares de non pasar a unha segunda volta e el si? Grazas.

A diferencia está no Sabemos, non atopo muita vinculación entre a candidatura de Casares e a miña, agás que somos compañeiros e colegas da mesma universidade e profesámonos un respeto académico e persoal evidente.

3. ¿No se siente usted avergonzado de la política de Senén Barro de la que fue partidario y partícipe durante sus más de 3 años como vicerrector?

A miña saída do goberno foi un diagnóstico abondo elocuente. Cando saín dixen que era para propiciar unha alternativa. Aquí está no noso programa.

4. Cando chegue a reitor, cal será a súa primeira medida?

Son muitas as que teño pensado a cometer. Sen dúbida a primeira e máis necesaria garantir o acordo de financiamento coa Xunta nos termos xa expresados publicamente.

5. Son alumno de licenciatura de CC.PP, vostede como vicerreitor lexitimou e apoiou a posta en marcha do plano de estudos de CC.PP contra os que nos manifestamos tódolos estudantes. naquel tempo non quería recibir á assemblea de estudantes de CC.PP. Por que agora di que foi un dos motivos da sua dimision como vicerreitor?

Eu sempre recibín a todo o mundo e o seguirei facendo, como Vicerreitor e como profesor e como Reitor. Aquel asunto foi mal levado pero dentro dun goberno débese ser leal. Cando un sae dá a súa opinón francamente.

6. ¿Es usted antiespañol?

R. Non son antinada, por favor. Hespaña, como decía Castelao é un marco mui antigo, pode facelo ben, como na Liga de Fútebol e os galegos podemos aproveitala, por exemplo inventando o polbo á feira: pimentón de Murcia, aceite do sul do Teixo e polbo das nosas costas ou facelo rematadamente mal. A historia demostra que se pode elixir diferentes camiños... A convivencia entre iguais e con respeito sempre é a millor opción.

7. Que pensa facer para reducir os fortes desequilibrios de carga docente por profesor que teñen os diferentes departamentos?. Todos sabemos que hai departamentos onde non saben nin o que é dar clase e outros nos que apenas teñen tempo para investigar . Es evidente que la USC presenta grandes desequilibrios por áreas y departamentos en lo relativo a la relación profesor/alumno. ¿Qué medidas concretas tiene pensado aplicar para corregir este problema?

Estableceremos un Plano de captacion e promocion de profesorado ordinario e outro extraordinario de captación de profesorado. Sen dúbida é un problema diante do que somos e son mui sensible. Ten solución pero esixe mudar muitas cousas: a contabilidade da adicación do profesorado, o recoñecemento de todas as actividades, etc. No primeiro ano buscaremos un acordo global paa programar a resolución nos tres seguintes. No goberno que remata logrouse facer un plano de reequilibrio docente que funcionou ben pero que xa non existe.

8. Que propós sobre o máster de secundaria?

O mesmo que en febreiro de 2009 nun artigo na prensa diaria. Negociar que non afecte retroactivamente aos licenciados. Negociar que se realice despois da oposición e non antes como requisito. A súa necesidade é máis que evidente pero os problemas que introduce esta fórmula son inasumibeis para as universidaedes e máis para os estudantes. Esta de feito era xa a proposta de muitos reitores no pasado. E É POSIBLE materializala no ámbito do Consello Universitario de Galicia e coas competencias da Xunta. E espero logralo.

9. ¿Tiene previsto algún tipo de control para que los trabajadores y sobre todo los PROFESORES cumplan su horario de trabajo?, ¿qué opina de los profesores que se pasan meses sin pisar su puesto de trabajo? ¿y de los profesores que desatienden su labor docente para dedicarse a las empresas privadas montadas al amparo de los programas UniEmprende?

Millorar a efiencia da USC é un requisito social que o conxunto da comunidade universitaria entende e non pode demorarse. O amparo legal para as diversas actividades que pode desempeñarse debe ser rigorosamente repeitado.

10. La USC se ha gastado una millonada de euros en montar unos chiringuitos designados como "Estaciones Biológicas". ¿Qué medidas tomará para democratizar y transparentar su gestión? ¿Seguiran siendo un feudo de cuatro señores?

A USC gastou unha millonada en muitas infraestructuras con fondos FEDER e debe tirarlle muito máis proveito do que lle tira, as Estacións, como me consta que queren os seus responsabeis á Rede de infraestructuras, aos equipamentos,... É hora de establecer unha política científica fronte á de acumulación das dúas últimas décadas

11. Preguntas agrupadas:
. É un home moi activo na rede pero ¿non cre que se esta esquecendo do seu programa e que centra toda a sua campaña na imaxe?
. He sabido a través de diferentes páginas webs que su campaña electoral la lleva una empresa de marketing, ¿cree q se puede ganar estas elecciones solo con marketing?

Hai muito rumor interesado. O rumor falso é un arma nas sociedades pouco plurais (como demostra unha tese que eu dirixín). Xa informei e estou encantado de facelo agora que para a nosa campaña contratamos unha empresa formada por ex-traballadores, antigos estudantes e estudantes aínda en activo para todo o relacionado coas redes sociais. Por que? para chegar a todo o mundo e dar a coñecer o meu programa, favorecer a participacion. É un orgullo que os nosos egresados sexan innovadores, pero viven das súas iniciativas e así debe ser no mundo de hoxe. A miña campaña é igual de profesional que a USC que concibo. Ademais, por suposto hai muito traballo voluntario e muita simpatía que non se paga con diñeiro... evidentemente

12. Hai quen non nos fiamos da sua etapa como vicerreitor ¿non é un home demasiado apegado o poder?

Ten gracia a pregunta. Levo 25 anos participando na vida universitaria, no Claustro dende que era bolseiro, no Consello de Goberno, sempre fóra do grupo que mandaba. Dous anos e cinco meses de Vicerreitor e dimitín e expliqueino. Que é iso de apegado ao poder? O sentido da medida di outra cousa. O poder é a forma de mudar as cousas, por iso me presento a estas eleccións e por iso dimitín no seu día do goberno...

13. ¿Es usted del BNG?

Son galeguista e nacionalista, é coñecido. Como o foi Gallastegui (o da Misión Biolóxica e os millos híbridos), como o foi Paz Andrade (fundador de Pescanova e emprendor), como... claro que se por iso teño vontade e capacidade de transformar o futuro...

14. Parece que o estudantado de corte nacionalista esta dividido. ¿non se sinte un pouco abandonado polos estudantes?

Diríxome a 30.000 estudantes e os noto mui divididos, si, e desinformados e tentarei arranxalo nesta campaña para que entendan como vai ser despois o meu goberno: aberto, participativo e centrado na información e nos servizos para o estudantado

15. En la USC los recursos de investigación están siendo apropiados sistemáticamente por una élite que se autodefine como "excelente", con el patrocinio de los vicerrectores/as de investigación sucesivos; mientras la mayoría de grupos de investigación, que producen y captan cuantiosos recursos, están minusvalorados y marginados. ¿Qué va a hacer con estos temas si logra ganar las elecciones?

Os servizos de investigación, mui potentes nesta universidade deben ser para todos. Somos unha universidade completa e temos que aceptalo dunha vez. Temos que faccer rendir todas as nosas capacidades e niso debe consistir a nova estratexia de política científica que construiremos co acordo da comunidade universitaria. Rematar agora a política de investigación como acumulación de recursos para inciar a aplicacion dunha política científica como a que nos aplican fóra como investigadores...

16. Vostede afirma que participou como claustral varias lexislaturas e que foi membro rectoral e isto faime preguntarche, con tantos anos adicados a USC non foi capaz de cambiar case nada? Vostede cree que por ter un cargo superior vai poder cambiar algo despois de tantos anos na USC? Por que se presenta?

Dende fóra da Plataforma que gobernou nas últimas décadas é dificil pero sempre participei e muitas ideas e propostas foron collidas para aplicar por outros. Fóra diso, mentres estiven no goberno creo que demostrei, igual que os meus compañeiros e compañeiras, un talante e unha vontade de facer participar, codecidir e de xestión que aínda non escoitei a ninguén por seriamente en dúbida publicamente.

17. Cal vai ser a súa política lingüística? Conterá medidas para favorecer o aumento da docencia en lingua galega?

A cúpula do sitema educativo galego é a que menos o emprega.. todos queremos corrixir iso. O Plano de normalización aprobado polo Claustro hai xa ben anos debe apicarse con xeito e as medidas positivas e estimulantes son doadas de establecer para xerar as simpatías que require o proceso. O noso Servizo de Normalizción é pioneiro e profesional e debe ser redefinido para as novas necesidades e os novos tempos. Si é doado logralo, é cuestion de ter vontade, ser intelixente na acción e respetouso coas linguas como instrumento de comunicación. Que é o que son.

18. Si todos sabemos que usted es el candidato de UA, por qué intenta esconderlo diciendo que es independiente?

Sempre fun de UA, pero non son o cadidato de UA, senón da universidade para a universidade. UA apóiame e constitúe o gromo de masa crítica necesaraia para poder facer e articular o cambio que propoño. Estoulles mui agradecido a eses decanos, decanas, directores de departamento, e profesorado que sempre dende fóra do goberno constrúen esta universdiade sen recibir nigún privilexio senón todo o contrario. Non independente nunca fun nin serei. Son libre, que non é o mesmo

19. Pensa facer algo para desterrar o botellón do campus?

Por suposto, mudar as circunstancias que o trouxeron a el e negocialo. O campus non pode ser o depositario de todo o que sobre na cidade. É un lugar de estudo e de lecer, de convivencia e iso volverá a ser, como cando se fundou como RESIDENCIA... o nome dío todo

20. Recibín unha carta da súa candidatura pendindo cartos para a súa campaña eleitoral, se non lle chegan os cartos que lles da a USC para a campaña para que fai gastos suntuosos nela? ¿Fará o mesmo como reitor?

Os que a recibiron son amigos e amigas da USC dispostos a colaborar cun proxecto. Pedir apoio económico é o que se fai nas sociedades libres e plurais para garantir a independencia dos proxectos e a súa llibertade. Comprendo que aínda estamos aprendendo. Os meus recursos son públicos e o orzamento tamén, darase todo a coñecer. Esa é a transparencia que predico e practico. O voluntarismo caracteriza á xente da universidade que me apoia, tamén no económico. Os meus recursos saberase de onde saen!

21. Sorpréndeme que só presente 7 candidatos a vicerreitores, ao igual que outras candidaturas nas que o baixo número de vicerreitores para unha universidade tan grande só pode significar unha cousa: facilitar pactos con outras candidaturas para integrar ou integrarse de non pasar á segunda volta. ¿A miña interpretación é certa?

7 será o número cando gañe. Non por austeridade nin populismo senón por eficacia. Tampouco por pactos. A integración fareina sobre ideas e principios e será imprescindible para que como Reitor poida reunificar esta universidade dividida (en cando menos 7). Acabouse o tempo das plataformas e os grupiños. Dende logo no proxecto que eu propoño será así.

22. Vostede estivo na equipa reitoral de Senén Barro e participou da creación e difusión de empresas participadas pola USC e que á postre toda a comunidade universitaria cre que só serven para que algunhas persoas se enriquezan grazas aos fondos da USC. ¿Dará volta atrás e acabará con isto?

O emprendemento é unha vía de futuro en todas as universidades innovadoras. Pero tamén é hora de saber que sentido ten para a institución e darlle o corpo que precisa. Alén das spin-off teremos que pasar ás spin-out. E debe estar ao servizo dos nosos egresados para favorecer as empresas de base tecnolóxica que tanto interesan ao país pero o meu modelo segue sendo Zeltia e Sargadelos... a participación dos profesores ten tamén sentido e debe estar ben dimensionada e medida. O importante é o que botamos ao mundo productivo non a parte que queda dependente de nós. Revisaremos iso, que dúbida cabe.

23. ¿Vostede cre que existe 'a desidia' entre o profesorado da Faculdade de Historia e Xeografía tal como foi denunciada hai dous anos? Ou sexa, segundo vostede, ¿é a USC unha 'universidade en descomposición'?

Non entendo, certamente. Na miña facultade non vexo tal e en descomposición.....?

24. Las filtraciones del Tribunal Constitucional anulará el artículo del Estatut que establece el catalán como "la lengua de uso normal y preferente de las Administraciones públicas". El reglamento sobre uso del gallego de la USC establece la exclusividad de éste en todos los actos de la Universidad. Si el TC falla en ese sentido, ¿tomará alguna decisión al respecto y reformará el reglamento?

Non me pronuncio sobre sentencias descoñecidas, evidentemente...

25. Como progresista e nacionalista fai 4 anos decepcionoume profundamente ao marchar con Senén Barro, e inda creo que a súa demisión do equipo de Senén foi unha simple manobra electoralista, creo que son moit@s na USC os que pensan coma min ¿como pretende recobrar un voto, o noso, que é moi probable que marche cara a algunha das 3 candidaturas independentes?

A verdade sempre pode confundirse coa mentira. Comprendo a túa posición pero defendo a miña e a nosa. A credibilidade lábrase en anos, non nun feito. A miña saída expliqueina e fun o primiro en 25 anos en sair decindo que ía propiciar unha alternativa... é abondo elocuente e agora estouno facendo: liderar unha alternativa. Algunhas críticas propician que todo siga igual como decía G.T. de lampedussa.

26. Preguntas agrupadas:
. He visto su web, me parece muy bonita, muy bien elaborada pero creo que en ella faltan ideas, un programa claro y una verdadera propuesta para la USC del Futuro. ¿esta indefinición de programa y el equipo de "mínimos" con el que se presenta responde a una estrategia de buscar pactos en la segunda vuelta?
. ¿Quién cree que pasará a la segunda vuelta?

O programa vai saíndo segundo se presenta. Por exemplo o de investigación non estará ata mañá colgado. As ideas están para discutir. Repito que é a hora de competir a do pacto xa pasou, non si? non haberá pactos pero será necesaria capacidade de integrar e eu demostrareino, sobre principios e valores, non sobre lóxicas de grupos de intereses.

27. Preguntas agrupadas:
. ¿Cales son os seus plans de acción ou perspectivas de cara á consolidación do colectivo de investigadores Parga Pondal?
. Debe limitarse el poder de los Dptos que frenan la incorporación de PDI? Varios contratados Ramón y Cajal y Parga Pondal están en la calle, después de 5 años, debido a politiqueos internos. Cuando se va a acabar el "usar y tirar" a la gente? Van a penalizar a los Dptos que piden nuevas plazas cuando no estabilizan a los investigadores que finalizan su contrato?
. Que opina da incorporación na USC de algúns PDI con perfil fundamentalmente investigador?
. ¿Cuales son los planes de futuro para el programa Isidro Parga Pondal en la USC? ¿Piensa pontenciarlo y estabilizar a sus participantes?
. Podería darme a súa opinión acerca dos investigadores IPP e RyC? non entendo porqué se nos considera un problema cando somos un dos colectivos máis activos desta universidade. Pensa que é correcto deixar na rúa a investigadores deste perfil, que cando rematan o seu contrato rondan os 40 anos? se tivese que escoller entre promocionar catedráticos e estabilizar a este tipo de persoal, qué faría?
. A captación de profesorado a través de programas competitivos como o Parga Pondal e o Ramón y Cajal garante a contratación de profesionais con valía contrastada de maneira obxectiva e con avaliacións externas. Pensa manter estas vias de captación de profesorado?. Qué futuro lles vai ofrecer aos contratados por estes programas que rematarán os seus contratos nos vindeiros 4 anos?.

Estableceremos un marco de captacion e promoción claro, consensuado, estable no tempo e acordado coa comunidade universitaria. Queremos captar aos millores e as millores e tirar o máximo partido dos recursos humanos que temos. Aproveitaremos todas as posibilidades que nos ofrecen os programas de recursos humanos (PP, RyC. M. Curie, etc..,) para captalos, con intelixencia e programas con todo iso a renovación necesaria pero tamén inevitable da USC, ns próxima década xubílase o 16 % da PLANTILLA... e necesitamos investagadores e docentes. Facelo ben é posible e facelo millor tamén. Nós sabemos como e vós tamén se o facemos xuntos lográmolo, non si? Xa está ben de enfrontar colectivos como se fixo ata agora, iso non vai co meu proxecto.

28. ¿Cuál será su política para las instalaciones deportivas?

Usalas a tope para o disfrute, o lecer, o coidado da sáude, garantir unha boa xestión, incrementar os usuarios e facelas (é posible) rendibeis. E favorecer tamén o deporte de competición. E espero seguir disfrutando dos partidos de Volei que é o meu...

29. ¿Va a dejar la docencia?

Non a deixei como Vice e non quero deixala como reitor. Se perdo ese contacto pérdome eu tamén. Seguirei, espero, explicando franquismo ás 9 da mañá no Grao e Hisotoria agraria no Master.

30. Estamos coñecendo o teu programa por partes, pero aínda non falaches de servizos, información e mobilidade

Esta na páxina web dende o venres pasado.

31. Escoitámoche falar moito do Erasmus Mundo e non sei de que vai, podes explicar en que consiste?

A USC logou tres na convocatoria de comezos do 2009. Son programas europeos de intercambio (para acó e para alá, no grao, posgrao, doutoramento, de PDI, PAS e estudantes) con universidades latinoamericanas e a USC foi a única europea que se presentou a 3 e lidera os tres, con universidades do Brasil, outro de Brasil Paraguai e Uruguai e outro con Arxentina e outros dous países... 13'5 millons de euros. Europa é fonte de financiamento e eficiencia se sabemos aproveitalo. E temos os recursos para facelo como evidencia isto.

32. Cómo vais a motivarnos para ilusionarnos? Estás abierto a pactos posteriores? Deberán seguir gobernando las plataformas? Sois tantos y tan conocidos!!! Y estamos en abril. Esperamos un debate a siete, sino la USC se paraliza y no compensa. Muchas gracias.

Debates é o que eu propuxen e quero para ver que nos separa e que nos une, para por en común e ver tamén a capacidade de acordar, como demostrei coa poposta de pacto sobre Medicina que saíu adiante. Debates públicos  é a forma de motivar e chegar. Sigo esperando por eles e creo que os demais candidatos e candidatas tamén.

33. Con la importancia que se le está dando al Campus Vida se está dejando de lado al campus Norte que dentro de unos años solo contará con las facultades de Ciencias Económicas, Periodismo y Filología ya que las demás serán trasladas al nuevo campus. ¿En su proyecto se encuentran algunas medidas para el Campus Norte?

Certamente, igual que o da cidade histórica (que é o meu) estamos alonxados dos servizos e instalacións e nin sequera ben comunicados... Iso pódese arranxar e farémolo...

34. ¿Facilitará la libertad en el uso universitario de las dos lenguas propias de Galicia?

Quen pode negar esa liberdade?

35. Non pensa que a súa proposta de facer o master docente despois das oposicións vai en contra da lexislación vixente do sistema de oposición ó corpo docente do Estado? non estara usando este tema como arma de mobilización política para que voten os estudantes?

Non son un demagogo. É posible, xa o propuxen hai máis dun ano publicamente (na prensa) e non é ilegal... como mínmo será discutible... non o era para a maioría dos reitores da CRUE cando o propuñeron. Non poñamos límites corporativos...

36. Hay un nombre que suena como posible gerente si gana las elecciones, ¿tiene usted decidido quién sería su gerente?

O problema non é o nome do xerente -que non será ese que soa- senón o establecemento da lóxica xerencial que tanto precisa esta universdiade e da estructura xerencial que precisa esta universidade. Non no xerente como xefe do PAS... exclusivamente. O do nome do xerente é unha trampa de 1990, lembrades aquelo os PAS?

37. Acabo de visitar a súa web, eu son programador e estudante de 3º ciclo, paréceme que a súa web valeu bastante máis dos 4000€ que lle deu de presuposto oficial a USC, pode confirmarme ese dato?

Certo, claro que custa máis, por iso pedimos a colaboracion económica de muitas persoas da comunidade universitaria e estámola obtendo. Queremos ser tan profesionais na campaña como debe ser é é a USC. Daremos a coñecer o orzamento e os recuros na web, a transparencia é a nosa divisa... e sempre evita o rumor. Graciñas pola pregunta e polo tino, ti tamén es un bon profesional, atinaches!

38. ¿Va a dejar la docencia? ¿qué le lleva una persona a presentarse a este cargo? ¿qué beneficios obtiene?

Xa respondin que non a deixarei, se a perdo pérdome eu. Por que? comprendo que é dificil entendelo, os primeiros en preguntarmo foron os máis amigos e cercanos, na miña terra explicámolo cun verbo: RÉINAME, levo dende estudante adicado a asuntos colectivos a proxectos de todos (Claustro, xunta de goberno) a colaborar e organizar (o departamento, o IDEGA) e agora con muita outra xente pensamos que podemos millorar esta universidade. Non me tirei para atrás, só iso. Beneficios, para quen cre e está orgulloso da súa unversidade, todos os beneficios do mundo. Que máis podo pedir?

39. ¿Que lle parece a vostede o plano de Bolonia e a súa implantacion na USC?

Tiraremos todas as posibilidades de millora e evitaremos os riscos que tamén se corren

40. No plano personal: Que está a resultar o mais interesente da campaña?

Non vivo unha situacion tan estimulante dende que era estudante, no plano intelectual e no persoal. É como preparar un exame final dificilísimo con un montón de compañeiros e compañeiras.

41. Eu querería saber que ten vostede pensado facer coas residencias: vai aumentar o número de prazas para que acceda toda a xente que o necesita? vai mellorar as instalacións das existentes? vai democratizar a súa xestión facendo partícipes aos residentes a través dalgún mecanismo asembleario?

Son un ben social e ise sentido deben ter. Primarei os criterios económicos para a entrada e todos os que as necesiten deben poder acceder a elas. É un elemento distintivo da USC que tamén require financiamento. Permitiu que muitos estudantes puideran estudar. E deben participar os estudantes muito máis na súa xestión, son unha escola de aprendizaxe para o futuro... como as aulas...

Son escravo do tempo e dos medios. MUITAS GRAZAS a todos e a todas. Participai! o voso voto dedice, sexades PAS, estudantes ou profesores. Participar é o que da dereito a reclamar. Grazas de veras polas vosas preguntas. O debate e a transparencia son a cerna do que quero facer na USC... e a eficacia.. espero tervos respondido a todos e todas.

El Correo Gallego, 19/04/10