Galicia: USC: Mercedes Brea: "Todos os equipos fixeron cousas ben e mellorables"

 FOTO: Antonio HernándezGalicia: USC: Mercedes Brea: "Todos os equipos fixeron cousas ben e mellorables"
"Non consultei cos membros do PUP os nomes que integrarían o meu equipo, e o tampouco a elaboración do programa"
"Os resultados do proxecto Campus Vida e a súa repercusión económica non serán valorables ata dentro duns anos", vaticina
"Meu pai era taxista e meu sogro viaxante de comercio. ¿Onde está a endogamia"
"Só reformaría o regulamento por imperativo legal específico", afirma a candidata á reitoria da USC é catedrática de Filoloxía Románica

1. Por favor, conteste SI o NO. ¿Piensa que la Universidad está desproporcionadamente endeudada y que el Campus Vida es una salida hacia delante para endeudarse todavía más porque los ingresos apenas aumentarán y sí los gastos por funcionamiento de nuevos edificios?

Penso que a Universidade está proporcionadamente endeudada, e que Campus Vida é un proxecto de futuro que haberá que ir acometendo a medida que dispoñamos de garantías para levar a cabo cada unha das accións que engloba.

2. El actual equipo de gobierno le va a votar, porque son de la P.U.P., ¿se cree las memorias económicas que presenta el actual equipo rectoral? ¿Piensa que la deuda económica de la USC tiene algún tipo de solución que pase por aumentar los presupuestos con el Campus Vida? ¿Cree realmente que el Campus Vida va a aumentar los ingresos de la USC?

O actual equipo de goberno votará a quen lle pareza mellor, porque o voto é secreto. As memorias económicas que presenta o actual equipo rectoral requiren dun desmenuzamento que, por fortuna, estamos capacitados para facer. A actual deuda económica hai que asumila combinando austeridade con eficacia, medindo todos os gastos sen renunciar a accións imprescindibles para manter a calidade da USC. Penso que os resultados do proxecto Campus Vida e a súa repercusión económica non serán valorables ata dentro duns anos; o que é seguro é que hai que lograr que se impliquen nel outras institucións para sacalo adiante, porque será toda a cidade a que resulte beneficiada coas melloras que contempla.

3. No entiendo muy bien como puede plantear una candidatura independiente con el apoyo detrás de la PUP. Todos sabemos que la PUP le está prestando apoyo, gente para el equipo, etc. No sería más veraz admitir que es la candidata de la Plataforma Universitaria Progresista que lleva 25 años en el gobierno de la USC?

Agradezo á PUP que, como plataforma, decidise apoiarme. Pero unha cousa é contar co seu apoio e outra ser a candidata dunha plataforma coa que nin siquera quixen consultar os nomes das persoas que quería incorporar ao equipo e que tampouco participa na elaboración do programa.

4. Mentres vostede era decana de filoloxía e eu alumna, os estudantes encerrámonos na facultade. Recordo perfectamente as súas declaracións chamando aprendices de terroristas aos alumnos. ¿Retráctase delas?

Esa non foi a expresión que eu utilicei. O que recordo ter dito, en resposta ás preguntas dalgún xornalista, é que consideraba un acto de violencia (non física, por suposto) que non se nos permitise aos membros da Facultade acceder aos nosos postos de traballo. Pero tamén recordo que pasei moitos días ás portas da Facultade pedíndovos que me permitísedes falar con vós, e sempre obtiven unha negativa por resposta. ¿Quen non quería o diálogo?

5. Preguntas agrupadas. Es evidente que la USC presenta grandes desequilibrios por áreas y departamentos en lo relativo a la relación profesor/alumno. ¿Qué medidas concretas tiene pensado aplicar para corregir este problema?. Que pensa facer para reducir os fortes desequilibrios de carga docente por profesor que teñen os diferentes departamentos?. Todos sabemos que hai departamentos onde non saben nin o que é dar clase e outros nos que apenas teñen tempo para investigar

Non existen fórmulas máxicas que dean resposta a todos os problemas á vez e do mesmo xeito. Os problemas deste tipo varían dunhas áreas ás outras, polo que as solucions que se vertebren teñen que ser dispares e adaptadas a cada circunstancia específica. Haberá áreas nas que sexa preciso convocar prazas de Axudante, e outras que poidan aproveitar a disponibilidade de bolseiros e contratados con cargo a programas concretos. Noutros casos, é posible que a solución pase por utilizar áreas afíns para impartir docencia de materias xerais ou transversais.

6. ¿Cales son os seus plans de acción ou perspectivas de cara á consolidación do colectivo de investigadores Parga Pondal?

Cumprir co compromiso de estabilización para todos aqueles que superan a acreditación I3 e a requerida para ocupar unha praza de contratado doutor ou, preferentemente, de profesor titular de universidade.

7. Debe limitarse el poder de los Dptos que frenan la incorporación de PDI? Varios contratados Ramón y Cajal y Parga Pondal están en la calle, después de 5 años, debido a politiqueos internos. Cuando se va a acabar el "usar y tirar" a la gente? Van a penalizar a los Dptos que piden nuevas plazas cuando no estabilizan a los investigadores que finalizan su contrato?

Tamén aquí as situacións difiren duns casos a outros. O que si pretendemos é que, por unha parte, os departamentos, cando ofertan unha praza deste tipo e aceptan a persoa seleccionada para ocupala, asuman o compromiso de integralas no seu cadro de persoal, e que, por outra, os investigadores sexan conscientes de que, aínda que a súa formación inicial os levase por outro camiño, cando se incorporan a unha área de coñecemento deben completar a súa formación nesa área para poder ocupar nela unha praza estable de PDI.

8. ¿Cuales son los planes de futuro para el programa Isidro Parga Pondal en la USC? ¿Piensa pontenciarlo y estabilizar a sus participantes?

Considero que os programas Ramón y Cajal e Isidro Parga Pondal, e tamén o programa Juan de la Cierva, son vías axeitadas de incremento dos cadros de persoal docente e investigador, aínda que, lamentablemente, non sexan aproveitables por igual en todas as áreas de coñecemento. Polo tanto, a resposta concreta á súa pregunta é, en principio, afirmativa.

9. Podería darme a súa opinión acerca dos investigadores IPP e RyC? non entendo porqué se nos considera un problema cando somos un dos colectivos máis activos desta universidade. Pensa que é correcto deixar na rúa a investigadores deste perfil, que cando rematan o seu contrato rondan os 40 anos? se tivese que escoller entre promocionar catedráticos e estabilizar a este tipo de persoal, qué faría?

Nunca pensei que este colectivo representase un problema para a USC. Máis ben ao contrario, considero que sodes un exemplo de dinamismo e un indicador de calidade. Nunha reunión que mantivemos os candidatos ao Reitorado co colectivo de acreditados a catedráticos de universidade, manifestei que, nas miñas prioridades, estaba antes a de estabilizar colectivos deste tipo. E conste que isto non quere decir que non me pareza xusto e importante dotar cátedras para todos os que acadaron a acreditación preceptiva, porque estou convencida de que a carreira profesional e a promoción persoal constitúen un dereito irrenunciable.

10. La suya es uan candidatura progresista llevando en su equipo a una reconocida miembra del OPUS DEI?

Precisamente porque son unha candidata independente, o único perfil que me interesa das persoas que configuran o meu equipo, ademais da calidade humana, é o perfil académico. Por iso busquei as persoas que me parecían máis axeitadas para cada posta sen aplicar criterios discriminatorios de ningún tipo.

11. Que opina sobre a posíbel incorporación na USC de algúns PDI (persoal docente e investigador) con perfil fundamentalmente investigador?

Na situación actual, a Universidade non ten capacidade para dotar prazas estables de persoal estrictamente investigador. Outra cousa é que, temporalmente, algún membro do PDI poda dedicarse exclusivamente a tarefas de investigación. Docencia e investigación constituén un binomio indisoluble.

12. ¿Que medidas piensa impulsar para reducir la desigualdad existente entre el Campus de Lugo con el Campus de Santiago?. El Campus Sur es el campus de los "Ricos" (centros, centros y más centros) y el Campus de Lugo de los Pobres (falta de aularios, falta de medios de investigación, falta de PAS, etc, etc.

A resposta está na propia pregunta. ¿Por qué se fala de Campus de Lugo versus Campus de Santiago e, de seguido, se especifica "Campus Sur"? Canto a desigualdade, penso que si sería bo que lográsemos que as institucións compostelanas se implicasen tanto no desenvolvemento da Universidade como as lucenses.

13. ¿Cómo leva Vde a herdanza que deixaron na USC os seus predecesores, candidatos da PUP, 'Dario el grande' e 'Senén el magnífico'?; ¿É Vde ou é Laura Sánchez a lexítima herdeira das esencias políticas deses reitores?; ¿Con qué candidatura lle gostaría pactar na segunda volta, no caso de chegar aló?

Empezo polo final. Se paso á segunda volta, loitarei por acceder ao Reitorado; se non, recuperarei proxectos que teño medio abandonados. Non creo que se poida falar de herdeiros en sentido peiorativo: todos somos eslabóns dunha cadea que non debe romper. O que hai que facer é reforzala e consolidala. O que quero decir é que, antes de tirar abaixo o que xa está feito, hai que meditalo e estudalo ben. E que conste que non comparto absolutamente todas as decisións tomadas polos equipos anteriores, pero algunhas temos todas que asumilas como institución, porque a lealdade a esta está por riba de todo. Encalquera caso, todos os equipos fixeron cousas ben e cousas mellorables, porque todos somos humanos.

14. ¿Dexaría a docencia se saise elexida?

Supoño que non queda máis remedio, porque a docencia é demasiado importante como para relegala a un segundo plano.

15. Cal vai ser a súa política lingüística? Conterá medidas para favorecer o aumento da docencia en lingua galega?

A lingua propia de USC é o galego. En calquera caso, impulsarei medidas de incentivación ao PDI para que se utilicen as linguas de referencia en cada materia, que en moitos casos será o galego, en outros o inglés, nalgúns o francés, italiano, portugués, alemán... e tamén o castelán (tería pouco sentido explicar materias específicas de lingua española noutra lingua, sobre todo pensando nos alumnos que nos chegan de fóra para aprendela). O que sí podo engadir é que procuraría que os estudantes de intercambio dispoñan de oportunidades para acceder tamén ao coñecemento do galego.

16. ¿Que tipo de reitor precisa a USC? ¿un “Don Crisanto” ou un “Padre Casares”? (Don Crisanto= un mandón despótico, Padre Casares= un ‘hippy’ dialogante)

¿E non valería algo a medio camiño, que colla o mellor de cada un? A USC necesita un bo xestor, e para selo hai que, de entrada, saber escoitar antes de tomar decisións que comprometen a institución, pero tamén hai que saber tomar decisións, asumindo as súas consecuencias.

17.  Que ofreces diferente a los demas,sois siempre los mismos ,para que durante dos meses se pierda el tiempo,¡¡¡¡¡¡uno promete y luego ...bueno ya se sabe que hay de diferente en el programa. Muchas gracias

Non sei o que ofrecen os demais. Eu ofrezo experiencia, eficacia, transparencia, coordinacion, lealdade, sentido común...  Polo de pronto, estou intentando en todos os foros (e, loxicamente, no programa) non prometer explicitamente cousas que non sei se podo cumplir ou que non estou disposta a asumir.

18. Nesta época dos recortes nos orzamentos, ¿como pode Vostede xustifica-la supervivencia do ILG, o Instituto Ramón Piñeiro e a Faculdade de Filoloxía?

A Facultade de Filoloxía combina docencia e investigación en moitos ámbitos. O ILG e o Centro Ramón Piñeiro fan só investigación, e nos dous casos sobre o galego. Hai proxectos claramente diferenciados nos dous organismos e outros que, sen dúbida, deberan coordinarse mellor para optimizar os recursos disponibles (que veñen, sobre todo, nos dous casos, de Política Lingüística).

19. Las filtraciones del Tribunal Constitucional anulará el artículo del Estatut que establece el catalán como "la lengua de uso normal y preferente de las Administraciones públicas". El reglamento sobre uso del gallego de la USC establece la exclusividad de éste en todos los actos de la Universidad. Si el TC falla en ese sentido, ¿tomará alguna decisión al respecto y reformará el reglamento?

Só reformaría o regulamento por imperativo legal específico.

20. Es usted catedrática, su marido titular, su cuñada también titular ¿no suena eso a la típica endogamia universitaria?

Son traxectorias paralelas. Meu pai era taxista e meu sogro viaxante de comercio. ¿Onde está a endogamia? Os tres pertencemos á mesma xeneración e desenvolvimos carreiras paralelas. O normal é que moitos acabemos emparellando cos nosos compañeiros de traballo, ¿ou non? Engado outro dato familiar: teño dous fillos, os dous no paro, a pesar de que son os dous licenciados.

21. ¿Quién cree que pasará a la segunda vuelta?

Non teño unha bola de cristal, e pode pasar de todo.

22. ¿Que lle parece a vostede o plano de Bolonia e a súa implantacion na USC?

A adaptación ao EEES ten moitas deficiencias, e non todas imputables á USC. Aos Graos hai que darlles un tempo de implantación, pero a oferta de Másters hai que revisala, e conviría que estudásemos polo miudo a implantación da fase de Doutoramento antes de continuar facendo as cousas de xeito precipitado.

23. ¿Cre vostede que se ten que incrementar a importancia da opinion dos estudantes na política da universidade e das facultades?

Por suposto. Debemos escoitar a opinión dos estudantes sobre moitos aspectos, pero tamén eles teñen que están dispostos a aportar esas opinións e a debatelas nos órganos correspondentes. Dito doutra maneira, a participación debe ser non só un dereito senón tamén un deber.

24. ¿Que opina del hecho de que una Licenciatura como Veterinaria, estandarte en otras muchas universidades como la UAB, quede totalmente devaluada en el proyecto Campus Vida y en muchas otras actividades de la USC?¿Que política podemos esperar de usted por lo tanto hacia el Campus de Lugo y hacia Veterinaria?

A Facultade de Veterinaria é motivo de orgullo para a USC, porque o esforzo colectivo de todas as persoas que a integran permitiulles acadar a homologación europea. Por conseguinte, hai que recoñecer ese esforzo a todos os niveis e potenciar que outros Centros busquen recoñecementos similares. O seu papel dentro do Campus Vida debe ser maior do que parece na actualidade, porque se ocupa dun ámbito estratéxico nese proxecto.

25. ¿Que opinión lle merecen a vostede as constantes irregularidades que se fan en diversas facultades como a de Ciencias Políticas onde incluso se tiveron que repetir unhas eleccións?

Se houbo que repetir unhas eleccións é porque se detectou que as cousas non se fixeran ben (sexa por irregularidades conscientes ou de forma involuntaria). Iso é o que hai que facer: corrixir os erros que se detecten.

26. Quería preguntarlle pola súa posición respecto ao personal contratado con cargo a proxectos, personal con cargo ao famoso Capítulo VI. Que pensa facer coa xente que leva varios anos nese tipo de contrato? Un saúdo e grazas.

R. É difícil, porque, en xeral, este persoal está financiado con fondos externos. Aínda así, deseñaremos un plan específico para estas persoas, procurando atender as diferentes situacións que existen e potenciando a participación nos programas autonómicos de estabilización

27. Pactará con Laura Sanchez Piñón siendo ustedes políticamente afines?

Xa respondín antes

28. Cuantos profesores de su equipo son de la PUP?

Non teño nin idea. Non llo preguntei a ningún, porque non utilicei eses criterios de selección.

29. Porque la PUP está detrás de su candidatura?

¿E non habería que preguntarllo a eles?

30. Aprueba la gestión realizada por la PUP a través de su rector actual Senen Barro?

Dixen antes que penso que houbo cousas boas, e outras que non comparto.

31. Le ha pedido la PUP alguna compensación por su apoyo?

Só podo aceptar apoios incondicionados. E supoño que o saben, porque nunca se falou de compensacións.

Gracias a todos os que participáchedes coas vosas preguntas. E gracias ao Xornal por darnos esta oportunidade de comunicación. Que logremos escoller a mellor opción entre todos.

El Correo Gallego, 20/04/10