Eleccións na USC: as respostas dos candidatos 1

Eleccións na USC: as respostas dos candidatos 1

  1. Cal é a súa valoración das políticas do Banco Mundial dirixidas á creación dun mercado de educación superior? Debe a USC entrar a competir nese mercado?

Pilar Bermejo Barrera

-  Unha valoración a fondo das propostas do Banco Mundial sobre a creación dun "mercado" de educación superior, sobarda o que é posible recoller nunha pregunta informativa para o fin que promove Fírgoa. Pode avanzarse, sin embargo, que ó referirse ó Banco Mundial hai que estar atento á natureza do propio organismo, entre cuias funcións, estrictamente "económicas", no sentido máis limitado desta acepción, consisten tan só na promoción de obxectivos avaliables tan só desde ese restrictivo punto de vista.

Obviamente, unha universidade e máis aínda si é pública, non pode reducir os seus obxectivos a este recinto tan reducido. Non é ese o marco en que debemos promover as nosas iniciativas e proxectos. De ningunha maneira.

Mercedes Brea

- A educación superior non pode ser nunca un mercado.

Lourenzo Fernández Prieto

- Esta pregunta ten difícil contestación no contexto deste cuestionario, e tendo en conta que as recomendacións do BM axústanse a unha realidade moi diferente á nosa. En todo caso, xa hai un mercado de Educación Superior, e a USC xa está nel. A cuestión son ás regras dese mercado, que obviamente non son de axuste oferta/demanda, de axuste custe/prezo. Por que a Educación Superior é un dereito dos cidadáns, e as Universidade Públicas o instrumento dos que nos dotamos é que debe garantir ese dereito.

Jaime Gómez Márquez

- Non sei que ten que dicir o Banco Mundial sobre a Educación. Estou en contra da mercantilización da Universidade, sobre todo da pública.

(Nota: publicamos as respostas recibidas ata agora. Se outros candidatos consideraran oportuno facernos chegar as súas respostas, publicaríamolas no momento de recibilas)