Galicia: USC: Pilar Bermejo: "Non é de recibo facer investigación punteira con persoal con contratos precarios"

Galicia: USC: Pilar Bermejo: "Non é de recibo facer investigación punteira con persoal con contratos precarios"
"A maioría dos profesores están facendo importantes esforzos para implantar Boloña", asegura a candidata ó reitorado da USC nun encontro dixital cos lectores de elcorreogallego.es
"Ninguén elixe o lugar onde nace. Eu estou orgullosa da miña familia"
"O botellón non é só un problema da USC"

1. ¿Por qué será que hay una conciencia bastante general en el campus de Lugo de que la USC no piensa demasiado en los problemas que tenemos, y que tan solo se interesa un poco por ellos cuando hay elecciones a rector, o peor aún cuando hay que situar a algún profesor aquí, aunque sea temporalmente? ¿para cuándo habrá un análisis serio sobre ello y quizá sobre posibles soluciones?

Nós somos conscientes de como se senten moitas persoas do Campus de Lugo, que se senten coma se estivesen nun Campus de segunda, e nós queremos romper con esa situación. O goberno dos últimos anos con varios vicerreitores do Campus de Lugo non conseguiu romper con ese sentimento, nós pensamos que non é bo establecer a diferenza entre os campus da USC, por iso apostamos porque todos os nosos vicerreitores sexan de toda Universidade, e que todos se preocupen do Campus de Lugo, ademais os pasos intermedios demostraron que non son un bo sistema. É preciso apostar por este campus facendo políticas que apoien a investigación neste campus, sobre todo naqueles centros que están sendo usados como paso. Cremos que é necesario apostar pola creación de departamentos ou de seccións departamentais no campus, sempre de acordo coas persoas implicadas. Por outra parte, nós apostamos pola administración electrónica e a simplificación de procedementos, o que tamen sera positivo para este campus.

2. Esta Universidade, da man do anterior reitor fixo un gran despliegue de medios para favorecer a transferencia de coñecementos e o emprendemento dentro da universidade ¿Que importancia outorga vostede á chamada terceira misión da universidade? ¿Pensa que é un fin para unha universidade "crear empresas"?

As misións básicas da Universidade son a xeración e a transmisión do coñecemento, pero como institución pública que somos debemos tamén transferir os nosos coñecementos á sociedade que en definitiva é a que nos financia. No século XXI non podemos pensar nun modelo de Universidade que non teña en conta a transferencia de coñecemento, pero en ningún caso isto poder desvirtuar as dúas funcións básicas que citei anteriormente. O noso fin non é crear empresas, é potenciar a creación de empresas innovadoras que xeren riqueza para o noso país; pero o profesorado debe seguir tendo clara a sua misión docente e investigadora, non empresarial.

3. Durante los últimos cuatro usted fue miembro del Claustro universitario, sin embargo sólo se presentó en la última sesión de éste, en la ETSE, justo para presentar una enmienda a la totalidad que luego retiró. ¿No le parece oportunismo? Alguien se quedó fuera para que usted entrara? ¿será una rectora ausente durante 4 años como fue una claustral ausente?

A miña participación no Claustro foi a que puido ser en funcion das miñas ocupacions docentes e investigadoras.

4. ¿Cales son as súas propostas ou perspectivas de futuro no referente á consolidación do colectivo de investigadores Parga Pondal?

As nosas propostas para todos os investigadores dos diferentes colectivos Parga Pondal, Ramón y Cajal, etc baséanse en conseguir a súa estabilización como membros desta Universidade. Somos conscientes de que se trata de investigadores ben preparados e se reúnen as condicions de acreditacion correspondetes non van a ter problemas no seu proceso de estabilizacion.

5. Varios contratados Ramón y Cajal y Parga Pondal (con las evaluaciones I3 y Colmeiro positivas) están en la calle, después de 5 años, debido a politiqueos internos de sus Dptos. ¿Cuándo se va a acabar el "usar y tirar" a la gente? Van a penalizar a los Dptos que piden nuevas plazas en estos programas cuando no quieren estabilizar a los investigadores ya han acabado su contrato?

Non se pode consentir que os departamentos soliciten novas prazas nos programas de investigadores e despois non os queiran estabilizar. Os departamentos teñen que asegurar a súa estabilización. Non se poden volver repetir os casos que se citan nesta pregunta.

6. El proyecto "Campus Vida" deja al margen a titulaciones de Ciencias de Salud de Lugo. ¿Qué puede decir del proyecto Campus Lugo 2015? Hacía donde enfocaría el "Centro singular de Investigación" que se prevé para el campus lucense. ¿Se ha planteado la posibilidad de construir en el Campus de Lugo algún centro de investigación mixto con algún otro Organismo Público de Investigación (CSIC, INIA...)?

O proxecto Campus Vida non só deixa á marxe a facultade de Veterinaria do campus de Lugo senón que deixa á marxe moitos grupos de investigación que traballan nese ámbito. Un proxecto que ten que ser reconducido para facer un plantexamento integral de toda a universidade. Antes de plantexar centros concretos en Santiago e Lugo faremos un plan estratéxico de investigación de toda a universidade para ver onde están as necesidades máis importantes.

7. ¿Qué diferencia la candidatura de Fernández Prieto de la suya? ¿No rondan los dos el apoyo de UA?

A nosa candidatura conta co apoio de todas aquelas persoas da comunidade universitaria que queren un cambio profundo nas formas de goberno desta Universidade.

8. Preguntas agrupadas:
. ¿Unha equipa de só 5 vicerreitores é unha equipa para gobernar a USC ou para pactar unha hipotética 2ª volta?
. Estimada Prof. Bermejo: ¿Por qué leva un equipo tan reducido? ¿É para incorporar futuras persoas tralos pactos que se poden dar de cara a unha segunda volta?

O equipo de goberno que presentamos pensamos que é suficiente para gobernar esta Universidade. Universidades prestixiosas como Cambridge, Oxford, Stanford, Berkeley, etc teñen equipos de  goberno dun tamaño similar.

9. ¿Por qué ha elegido concentrar en una sola persona las tareas de Secretario Xeral y Delegado en Lugo? ¿No le parece que cada puesto de por sí es bastante absorbente?

A resposta está unida á da pregunta anterior. Pensamos que é preciso traballar con equipos reducidos.

10. Aínda que na LOU a figura do Profesor Contratado Doutor é equivalente á de Profesor Titular de Universidade, nestas elecións o voto do profesor Contratado ten un peso moi inferior no resultado das votacións. Ademais nas xuntas dos centros, estes profesores deberían ser membros natos da xunta. ¿Qué pensa facer vostede a este respeto?

Nós faremos a equiparación completa a todos os niveis de Profesor Contratado Doutor e Profesor Titular de Universidade e tentaremos a transformación dos mesmos.

11. Preguntas agrupadas:
. Es evidente que la USC presenta grandes desequilibrios por áreas y departamentos en lo relativo a la relación profesor/alumno. ¿Qué medidas concretas tiene pensado aplicar para corregir este problema?
. Que pensa facer para reducir os fortes desequilibrios de carga docente por profesor que teñen os diferentes departamentos?. Todos sabemos que hai departamentos onde non saben nin o que é dar clase e outros nos que apenas teñen tempo para investigar

É un problema que non se pode resolver inmediatamente posto que foi acrecentándose nos últimos tempos. É precisa a dotación de prazas para as áreas que teñen unha maior carga docente e irémola facendo tendo en conta as posibilidades presupostarias e apostando pola incorporación de investigadores nas áreas máis deficitarias.

12. Sempre me chamou a atención que se tecleaba os apelidos "Bermejo Barrera" no directorio da USC me saíran un montón de entradas de profesores universitarios con ese nome, a cousa vai a maiores conforme se descobren outras relacións de parentesco entre eses apelidos e outros "moi comúns no corpo docente da USC". ¿Cre que a endogamia é un vicio da USC?

Ninguén elixe o lugar onde nace. Supoño que o que fai esta pregunta está orgulloso da súa familia. Eu tamén.

13. Las filtraciones del Tribunal Constitucional anulará el artículo del Estatut que establece el catalán como "la lengua de uso normal y preferente de las Administraciones públicas". El reglamento sobre uso del gallego de la USC establece la exclusividad de éste en todos los actos de la Universidad. Si el TC falla en ese sentido, ¿tomará alguna decisión al respecto y reformará el reglamento?

Paréceme prematuro facer esta pregunta. O noso plantexamento sobre o uso do galego seguirá sendo o que temos na actualidade e se a lexislación cambia será a comunidade universitaria quen decida que camiño seguir.

14. ¿Que opina del hecho de que una Licenciatura como Veterinaria, estandarte en otras muchas universidades como la UAB, quede totalmente devaluada en el proyecto Campus Vida y en muchas otras actividades de la USC?¿Que política podemos esperar de usted por lo tanto hacia el Campus de Lugo y hacia Veterinaria?

O proxecto Campus Vida deixou fóra moitas cousas ademais de Veterinaria, e como xa comentei anteriormente ten que facerse un plantexamento integral en toda a Universidade.

15. Na USC hai moito persoal contratado a cargo de proxectos e moito becario. Pensa solucionar isto? Hai persoal licenciado que finalmente pode aspirar a unha praza e o persoal de apoio técnicos de laboratorio, auxiliares ... que están como becarios e contratados a cargo de proxectos.

Por suposto que temos que solucionar este problema urxentemente porque estamos traballando en contra da lexislación vixente. É un problema complexo porque os grupos cos que traballa este persoal ás veces non teñen un financiamento estable pero temos que ver as medidas legais que podemos usar para resolver este problema. Non é de recibo facer unha investigación punteira con persoal con contratos precarios.

16. ¿Pode haber sete proxectos políticos distintos de Universidade?. Se non os hai, ¿por qué tanta dispersión?, ¿a quén beneficia a dispersión de voto?, ¿por qué non traballar para unir proxectos dentro das mesmas coordenadas?, ¿cómo vai explicar que na segunda rolda de votacións poidan pasar non as dúas mellores candidaturas posibles, senon as que menos dispersión de voto sofren?

A existencia das sete candidaturas pon de manifesto que na USC hai un grave problema debido ós gobernos dos últimos anos. Por iso presentamos a nosa candidatura, porque pensamos que é necesario un cambio importante nas formas de facer goberno. Non foi posible un acordo previo.

17. Preguntas agrupadas:
. Que pensan facer coa carreira profesional do PAS paralizada durante moitos anos?
. ¿Que pensa vostede do colectivo do PAS? ¿Incorpora no seu programa algunha acción dirixida á carreira profesional deste colectivo? ¿Pensa continuar coa línea actual de incorporar persoal externo para os postos de maior nivel sen dar oportunidades ao persoal funcionario ou laboral fixo de ter unha carreira profesional digna?

Os PAS teñen que ter claro cal é a súa carreira profesional. Teñen que ter claro que é posible a promoción vertical e horizontal. É preciso unha maior interrelación entre o colectivo PAS e PDI; todos traballamos no mesmo. Penso que non é preciso incorporar persoal externo para os postos de maior nivel xa que nesta casa hai persoal funcionario e laboral que ten as condicións necesarias para ocupar ese tipo de postos.

18. Buenos días Prof. Bermejo. Se está escuchando a todos los candidatos que la docencia está muy minusvalorada y que es necesario darle el reconocimiento que merece. Parece como si el esfuerzo hecho en investigación hubiera sido suficiente. Sin embargo, un 30% del PDI de la USC no realiza ninguna actividad investigadora. ¿Qué acciones propone para reducir este porcentaje?.

É certo que cerca dun trinta por cento do PDI non realiza ningunha actividade investigadora. É preciso incentivar a este grupo de profesorado e nese sentido propoñemos accións para iniciar novas liñas e grupos de investigación. Probablemente a USC ten unha parte importante de culpa en que ese grupo non investigue por non darlle os medios adecuados.

19. Por encima de todo siempre las personas y el respeto, pero tengo una pregunta que hasta ahora ninguno contestó. ¿Cómo se corta el botellón del campus? ¿O lo vamos a seguir permitiendo¿. ¿Vais a tener un debate a siete? Sería muy importante. Muchas gracias

O botellón non é só un problema da USC, é un problema de toda a sociedade no que participan non só universitarios, senón moitos mozos do ensino secundario. Nós facemos unha aposta forte por un programa dedicado ós estudantes no que imos abrir novas vías de participación para que o contacto cos estudantes sexa moito máis estreito. Entre todos imos atopar unha resposta para resolver ese problema.

20. Non cre que debe haber unha soa universidade en Galicia (con varios campus) e que ter varias é un despilfarro sen ningún sentido? Non cre que llo deberian plantexar a Xunta?

Creo que a día de hoxe é difícil voltar hacia atrás e pensar nunha soa universidade en Galicia, pero no que podemos incidir é en que non se cometan novos erros como os que se cometeron no pasado duplicando ou triplicando titulacións. As universidades galegas teñen que compenetrarse, non teñen que facerse a competencia unhas a outras.

21. Cal vai ser a súa política lingüística? Conterá medidas para favorecer o aumento da docencia en lingua galega?

Este ano finaliza o plan de normalización lingüística do galego na USC. Nos últimos tempos producíronse melloras significativas, aínda que non suficientes, e nós elaboraremos un novo plan en base ós resultados obtidos no primeiro. Será necesario incentivar con medidas concretas, tal como se está a facer neste momento, o aumento da docencia en lingua galega. Ademais, é necesario introducir de forma progresiva e sen ningún tipo de competencia coa lingua galega o inglés, tanto nos estudos de grao, pero principalmente nos de posgrao.

22. Nunha entrevista no CorreoTV, o profesor Casares Long decía que a súa prioridade se chega a ser rector será sacar a concurso as prazas de Catedrático de Universidade para os profesores que están acreditados para este corpo. ¿Cal será a súa prioridade?

Non hai unha única prioridade. É preciso resolver o problema de financiamento, para poder empezar a implementar as medidas que levamos recollidas no noso programa.

23. ¿Que lle parece a vostede o plano de Boloña e a súa implantacion na USC?

O plano de Boloña foi unha ocasión perdida para mellorar os nosos procedementos académicos. Non se pode realizar a aposta polo plano de Boloña a custe cero. A culpa disto non é só da USC. O Goberno tiña que terse implicado máis firmemente en apostar pola implantación do plano de Boloña do cal non nos podemos quedar á marxe. A maioría dos profesores están facendo importantes esforzos para a súa implantación e todo o traballo que realizan debe ser recoñecido. Nós apostamos pola valoración de toda a actividade docente que realiza o profesorado, o que supón tamén pór investimentos en relación ós aspectos docentes desta Universidade.

24. Está claro que a figura de profesores contratados doutores (CD) sáelle moito mais cara á universidade que as figuras de profesores TU. Neste momento na Universidade hai moitos CD que están acreditados para profesores titulares pero que non piden a conversión da praza por medo a perdela. ¿Cómo encararía o seu goberno o proceso de conversión dos profesores contratados doutores?

Potenciaremos a conversión dos profesores contratados doutores a titulares de universidade, e ademais os equipararemos a todos os niveis.

25. ¿Es usted consciente que la vía del "Emprendimiento" es utilizada por muchos docentes para montar empresas a la sombra de la USC y desatender la docencia e investigación? ¿es consciente que los PAS cobramos menos que los empleados de los Unichiringuitos que fueron contratados a dedo?

As funcións básicas do profesorado universitario son a docencia, a investigación e a xestión. Aínda que a día de hoxe a transferencia de coñecemento é unha realidade, non se pode admitir que o profesorado desatenda as súas obrigas para dedicarse ó sector empresarial. Non teño coñecemento do que se plantea en relación ós salarios dos PAS que se plantean esta pregunta.

26. Usted ha dicho que la universidad gallega merece el 2% del PIB. ¿No es un poco utópico? En todos estos años no hemos llegado ni al 1%, por mucho que se haya insistido en ello.

En relación co tema do financiamento sigo mantendo que a universidade galega debe demandar o 2% do PIB. Moitas universidades españolas teñen o nivel en torno a 1,5% e nós non chegamos ó 1%. O obxectivo a nivel europeo é o 3%. Polo tanto se queremos unha universidade de calidade e de futuro é preciso a implicación do Goberno e nós saberemos xustificar detalladamente o que facemos co financiamento que recibimos.

27. ¿Es conocedora de casos en distintas facultades de compañeros que no se toman la más mínima molestia en preparar sus clases, y que incluso ni imparten parte de ellas?, ¿no debería ser motivo de censura colectiva por parte de sus compañeros? Sin embargo, ahí siguen...

Nós apostamos pola avaliación da actividade docente do  profesorado. Utilizaremos novos métodos, diferentes dos que se utilizan na actualidade. Todo o persoal da universidade ten que cumprir coa súa obriga e se non haberá que tomar as medidas oportunas, xa que somos unha institución pública e temos que ser moi coidadosos co que facemos co diñeiro que a sociedade nos aporta. É preciso que todo o persoal da universidade teña clara cal é a súa responsabilidade.

28. Soy ex alumna y guardo un recuerdo agridulce de mis tiempos universitarios. La peor parte, la desidia del profesorado, casi insultante, y aún por encima contagiosa. Creo que el profesorado de la USC debería mirar más al trabajo de los colegas de la enseñanza media, ¿cómo valora usted la calidad docente de esta universidad?

En xeral penso que a calidade docente desta universidade é aceptable, aínda que por suposto moi mellorable. A desidia do profesorado é un reflexo da actual situación de deterioro da vida universitaria. Nós queremos cambiar a universidade para transformala nunha universidade esixente coa calidade da docencia e da investigación.

29. ¿Cree que Medicina puede y debe llegar a oferta 500 plazas en 2013?

En principio parécenme demasiadas prazas. Penso que debe facerse un estudo moi riguroso da necesidade real de médicos en Galicia que xustifiquen a necesidade de aumentar o número de prazas. Non podemos volver a crear unha bolsa de médicos en paro similar á que se produciu hai vinte anos.

30. Si usted consigue llegar a ser rectora, no echara de menos la docencia y todo lo que ello conlleva, porjemplo, el cariño de los alumnos?

Non vou deixar a docencia, aínda que chegue ó reitorado. Aínda que evidentemente non poderei dedicarlle tanto tempo. Penso que é moi importante manter os pes na terra e ver de cerca a realidade universitaria, non só desde arriba.

Moitas gracias por todas as preguntas realizadas. Podedes seguir contactando con nós a  través da nosa páxina web ou directamente no meu correo electrónico. Un saúdo.

El Correo Gallego, 21/04/10