Eleccións na USC: as respostas dos candidatos 2

Eleccións na USC: as respostas dos candidatos 2

  1. Que opinión lle merece o "Plan Boloña"? Considera que ten algunha relación coas políticas do Banco Mundial?

Pilar Bermejo Barrera

- Para moitos de nós, profesores e estudiantes da USC, o proceso de Bolonia aínda é una ocasión perdida. Ate agora, non fomos quen de aproveitar a oportunidade de sumarnos a un espacio continental de ensino universitario, ou o que aínda é peor: non acadamos a ponderar a potencialidade dunha proposta que consiste en que podamos poñer en común obxectivos xerais e sobre de todo métodos pedagóxicos comúns para tódalas universidades, desde Compostela a Kiev. Porque Bolonia non é máis que esto. Non se trata de que tódolos mozos e mozas dos países que se suman ó proxecto, estudien os mesmos textos, non se trata dun intento de uniformizar todo o que se explica nin todo o que se aprende no mundo universitario europeo. Non se trata de espallar una nova especie de pensamento único universitario. Nin moito menos. Só se trata, moito máis humildemente, de poñer en común procedementos de ensino, sistemas de avaliación, estructuras dos programas e títulos ? de maneira que tódolos estudiantes de todas esas universidades podan transitar dunha a outra sen obstáculos administrativos que estorben o recoñecemento dos seus estudios, en calquera delas que foran cursados. Nada máis.

Na miña opinión Bolonia non ten nada que ver cas políticas do Banco Mundial.

Mercedes Brea

- O chamado "plan Bologna" supón un esforzo para acadar unha harmonización dos sistemas europeos de educación superior. Pero, como tantas outras veces, "Spain is different" e prestou pouca atención ó que estaban facendo o resto dos países, comezando pola propia estructura dos niveis de Grao e Posgrao. En calquera caso, cómpre agardar catro anos para revisar o funcionamento dos Graos, e urxe reorganizar a oferta que a USC fai de Másteres.

Non penso que, de entrada, exista unha relación directa entre a declaración asinada en Bologna en 1999 e as políticas do Banco Mundial, aínda que é posible que acaben coincidindo nalgúns aspectos.

Jaime Gómez Márquez

- Digo e mesmo. Bolonia é un tema académico, o Banco Mundial non sei que ten que dicir ao respecto.

(Nota: publicamos as respostas recibidas ata agora. Se outros candidatos consideraran oportuno facernos chegar as súas respostas, publicaríamolas no momento de recibilas)