Galicia: USC: Laura Sánchez Piñón:"Os datos da miña etapa como conselleira son o meu mellor aval co compromiso co financiamento"

Galicia: USC: Laura Sánchez Piñón: "Os datos da miña etapa como conselleira son o meu mellor aval co compromiso co financiamento"
Laura Sánchez Piñón participou nos encontros dixitais de elcorreogallego.es
"O proxecto Campus Vida é un éxito para toda a Universidade", afirma
A Universidade non pode permitirse a perda da riqueza do Ramón y Cajal e o Parga Pondal
Pensa que a situación económica da USC non é preocupante

1. Es evidente que la USC presenta grandes desequilibrios por áreas y departamentos en lo relativo a la relación profesor/alumno. ¿Qué medidas concretas tiene pensado aplicar para corregir este problema?

Desde a candidatura que lidero poremos en marcha programas para a incorporación de novo profesorado -axudante doutor- que permitan reequilibrar estas áreas. Será ademais unha das prioridades no desenvolvemento da carreira profesional do PDI.

2.Varios contratados Ramón y Cajal y Parga Pondal (con las evaluaciones I3 y Colmeiro positivas) están en la calle, después de 5 años, debido a politiqueos internos de sus Dptos. ¿Cuándo se va a acabar el "usar y tirar" a la gente? Van a penalizar a los Dptos que piden nuevas plazas en estos programas cuando no quieren estabilizar a los investigadores ya han acabado su contrato?

A actuación de todas as comisións de prazas será coidadosamente monitorizada para evitar situacións coma a que se describen. Paralelamente, modificaremos os baremos das prazas para que recollan mellor a valoración dos investigadores destes programas. O compromiso de estabilización é xeral con todos os investigadores destes programas e non se farán distincións en función dos departamentos aos que pertenzan.

3. ¿Cal é a súa proposta con respecto ao futuro dos Investigadores Parga Pondal da USC? Qué opinión ten sobre este programa?
¿Cales son as súas propostas ou perspectivas de futuro no referente á consolidación do colectivo de investigadores Parga Pondal?
¿Cómo contempla a candidata a investigación na Universidade e a incorporación dos Ramón y Cajal ou outros investigadores a mesma.
¿Cual es su propuesta de futuro para los Investigadores Parga Pondal de la USC?

Os programas Ramón y Cajal y Parga Pondal teñen sido e seguen sendo extraordinariamente positivos para a USC. Teñen permitido incorporar investigadores de moi alta capacitación e contrastada calidade. A USC non pode permitirse perder esta riqueza e non o fará. O noso compromiso co persoal investigador captado a través destes dous programas é claro: estabilización en función de que acaden as avaliacións positivas que están previstas nos seus respectivos programas.

4. Las filtraciones del Tribunal Constitucional anulará el artículo del Estatut que establece el catalán como "la lengua de uso normal y preferente de las Administraciones públicas". El reglamento sobre uso del gallego de la USC establece la exclusividad de éste en todos los actos de la Universidad. Si el TC falla en ese sentido, ¿tomará alguna decisión al respecto y reformará el reglamento?

Sempre respectaremos a lexislación vixente e as resolucións xudiciais como é a obriga de calquera institución pública.

5. Cal vai ser a súa política lingüística? Conterá medidas para favorecer o aumento da docencia en lingua galega?

O noso programa de Goberno contempla tres liñas estratéxicas transversais: a promoción da lingua galega, a visibilización do papel da muller no ámbito universitario e todas aquelas inciativas que acheguen a USC á Sociedade. No primeiro apartado, fomentaremos a presenza do galego nas aulas e contemplamos accións específicas ao respecto.

6. ¿No cree q el conflicto lingüístico de nuestra sociedad (predominio del castellano frente al gallego en las relaciones personales) se está reproduciendo a la inversa en la USC (monolingüismo en gallego en su Gobierno y Administración)? Si las Instituciones deben ser el  reflejo de la sociedad, ¿Qué haría como rectora para modificar esta paradoja q se da en la USC?

Non existe conflicto lingüístico nin na sociedade nin na USC, cada persoa é libre de empregar calquera das dúas linguas oficiais de Galicia.

7. Quiero referirme a un punto muy comentado en la comunidad universitaria gallega. ¿Realmente se siente capaz de llevar adelante un programa económico aceptable para la USC, cuando no lo pudo impulsar desde su posición política en el Gobierno anterior, y en un periodo con circunstancias económicas mucho más favorables que las actuales? Y de ser así, nos puede explicar ¿cómo piensa llevarlo a cabo?

R. Desde 2005 ata 2008, período no que fun conselleira de Educación, o financiamento do Sistema Universitario de Galicia incrementouse desde os 5.400 euros por alumno a 9.500 euro por alumno, o que representa estar 20 puntos por debaixo da media nacional a estar na media do Estado, tal e como reflicte o documento de financiamento co que está a traballar nestes momentos o Ministerio de Educación. Estes datos son públicos e poden ser consultados no propio Ministerio. Estes datos son o meu mellor aval do meu compromiso cun financiamento universitario axeitado. É certo que as circunstancias económicas non son de todo favorables, pero unha análises detallado e exhaustivo dos orzamentos da USC permítenos comprometer as accións principais dos noso programa cos fondos dispoñibles.

8. Indíquenos algunas de las medidas que tomaría usted para poner fin al mal estado económico de la USC.

Contrariamente ao que se di nalgúns círculos, a situación económica da USC non é preocupante. A nosa universidade ten recursos suficientes para facer fronte a todos os seus compromisos económicos sen comprometer as accións de mellora en docencia e investigación e servizos que debemos levar adiante.

9. Que pensan facer coa carreira profesional do PAS paralizada durante moitos anos? ¿Pensa continuar coa línea actual de incorporar persoal externo para os postos de maior nivel sen dar oportunidades ao persoal funcionario ou laboral fixo de ter unha carreira profesional digna?

A saída na prazas ocupadas interinamente na actualidade é unha das prioridades do noso programa, o mesmo que a profundización da profesionalización da xestión na USC. Cremos que neste momento a liña de actuación máis eficiente e eficaz é promocionar o persoal da casa aos postos de maior nivel. 

10.  En xeral, o pensamento do alumnado do Campus de Lugo é que nos teñen abandoados e que somos estudantes de 3ª categoría, dende o reitorado son conscientes desta situación? en caso afirmativo, ¿qué solucións plantexa para solventar este agravio?

R. A calidade dos servizos que oferta a USC aos estudantes teñen e van a ser iguais nos dous campus da USC (Sant¡ago e Lugo), o mesmo que os servizos que se ofrecen ao PDI e ao PAS.

11. P. ¿Que opina del hecho de que una Licenciatura como Veterinaria, estandarte en otras muchas universidades como la UAB, quede totalmente devaluada en el proyecto Campus Vida y en muchas otras actividades de la USC?¿Que política podemos esperar de usted por lo tanto hacia el Campus de Lugo y hacia Veterinaria?
El proyecto "Campus Vida" deja al margen a titulaciones de Ciencias de Salud de Lugo. ¿Qué puede decir del proyecto Campus Lugo 2015? Hacía donde enfocaría el "Centro singular de Investigación" que se prevé para el campus lucense. ¿Se ha planteado la posibilidad de construir en el Campus de Lugo algún centro de investigación mixto con algún otro Organismo Público de Investigación (CSIC, INIA...)?

R. O proxecto Campus Vida é un éxito para toda a Universidade de Santiago; marca un antes e un despois e unha maneira de concebir proxectos estratéxicos que procuran a mellora das condicións docentes investigadoras e mesmo de vida da nosa universidade. De todas maneiras, como toda inicitiva innovadora, é mellorable ampliando o foco das áreas que se deben incluir nela non só a outras titulacións e liñas de investigación en Ciencias da Saúde, senón tamén a outras titulacións e liñas de investigación en Ciencias Sociais e Humanidades. De todos os xeitos, no noso programa electoral levamos o compromiso de estudar e poñer en marcha catro novas iniciativas transversais seguindo o modelo de Campus Vida que nos permita estender este modelo a todas as áreas da USC.

12. ¿Qué piensa hacer con el acuerdo de Medicina que impuso la Xunta?

R. A postura desta candidatura é unha única Facultade de Medicina, docencia en todos os hospitais pero con dependencia exclusiva da USC. O acordo actualmente asinado nin pode nin debe ser levado á práctica.

13. ¿Es cierto que algunos miembros de su equipo andan sembrando terror por el Campus de Lugo sobre lo caro que le salen a la USC los profesores contratados y lo económico que resultaría prescindir de ellos, aludiendo a posibles despidos?

R. Isto é radicalmente falso. Promoveremos que os profesores contratados doutores que se acrediten e que desexen transformar as súas prazas en titularidade o fagan o máis axiña posible. Para o resto, manteranse o contrato na figura actual. Non haberá despidos. 

14. Na USC hai cerca de 400 traballadores contratados a cargo de proxectos, capítulo VI, eses contratos son renovados en ocasións mensualmente. Nesta situación hai xente que leva máis de 10 anos. ¿Que proposta ten para este caso?

R. O noso compromiso é promover a contratación indefinida dos contratados a cargo de capítulo VI utilizando fórmulas análogas ás que xa teñen o CSIC e outras universidades españolas.

15. Moitos candidatos estan a falar moito, sin saber o que é realmente o programa Uniemprende, mezclandoo incluso con Unidixital, ¿e vostede realmente consciente da xeracion de emprego de calidade que supon este programa, e os retornos para a Universidade a traves dos acordos de transferencia de tecnoloxía? ¿Cal é o seu posicionamento respectoa cuarto misión da Universidade?

R. O programa Uniemprende centrado no apoio aos emprendedores universitarios e a xeración de empresas baseadas en resultados de investigación e en habilidades e capacidades desenvolvidas nos grupos de investigación é un referente nacional e o pioneiro neste ámbito en España. Recoñecemos e apreciamos e seguiremos impulsando a creación de benestar e riqueza social como unha das misións que a sociedade lle ten encargada á Universidade, por tanto, a nosa aposta por este programa continuará a excelente labor que se leva facendo nesta institución desde hai máis dunha década.

Foi un pracer participar nesta iniciativa xornalística e atendervos a todos vós e unha pena non poder responder a todas as preguntas que chegaron. En todo caso, recolleremos as vosas suxerencias e terémolas en conta no noso proxecto. Moitas grazas.

El Correo Gallego, 24/04/10