Galicia: USC: Comunicado da Asemblea de Estudantes de Arte, Xeografía e Historia

Galicia: USC: Comunicado da Asemblea de Estudantes de Arte, Xeografía e Historia

A Asemblea de Estudantes de Arte, Xeografía e Historia quere manifestar o seguinte:

  1. A día de hoxe estanse a producir na Facultade de Arte, Xeografía e Historia unha serie de mobilizacións e actividades coa fin de que o Mestrado Docente se suprima. Isto é debido a que o estudantado desta facultade considera que a implantación do mestrado docente en sustituición do CAP é un ataque ao ensino público e aos intereses do estudantado galego en xeral ao tempo que vulnera a legalidade.

  2. Consideramos que o Mestrado Docente ataca ao ensino público polo seu carácter claramente elitizador, materializado na implantación de numerus clausus e nun aumento brutal do prezo respeito ao CAP ao tempo que se alonga a súa duración. Achamos que non existe nengunha razón de tipo material ou pedagóxica para esta mudanza e que só se debe á necesidade de reducir o número de estudantes formad@s e de aumenta-las gañanzas da Universidade.

  3. Tamén definimos o Mestrado como ilegal ao imporse a súa realización ao estudantado que vai ser ou é licenciado, incumpríndose así a normativa referente ao corpo funcionarial que determina que a titulación requerida para a docencia no ensino medio é a Licenciatura, non o Mestrado. Respeito á súa relación co Grao consideramos que foron moitísimas as declaracións da clase política e da élite universitaria que equiparaba os Graos ás Licenciaturas polo que ou ben as autoridades académicas son mentirosas compulsivas ou a obriga de cursar o Mestrado tamén é ilegal para o estudantado de Grao.

  4. As competencias sobre o deseño e implantación do Mestrado Docente están repartidas entre o Goberno Central, a Xunta de Galicia e as reitorías das distintas Universidades. Dende que se comezou a ouvir falar do Mestrado Docente as autoridades universitarias “pasáronlle a pelota” ás instancias superiores, afirmando a súa absoluta falta de autoridade sobre o asunto. A reitoría da USC renunciou a facer valer a súa capacidade de presión ante a Xunta e Goberno de España ao tempo que renunciaba tamén a utiliza-las súas competencias para deixar sen valor real ó Mestrado (introducindo a adaptación pedagóxica nos planos de estudo, vaciando absolutamente de contido ou renunciando ao cobramento das taxas...).

  5. A política da USC de “pasar a pelota” foi constante e só agora en campaña eleitoral se ouven propostas por parte do aparato académico sobre a problemática do Mestrado nun claro oportunismo eleitoralista. A esta asemblea de estudantes non lle vale o modelo proposto por algún dos candidatos, onde o Mestrado Docente sería realizado por aquelas persoas que aprobasen unha opossición despois de teren realizado ésta, ao ser igualmente ilegal ao tempo que ilóxico e irracional porque significaría que aquelas persoas que aprobasen unha oposición teñan a obriga de sacar despois un título (¿qué pasa se aprobas oposición mais non o Mestrado?). Ao tempo ficaría nun limbo legal o ensino privado cuxo corpo docente non está regulado por oposicións, agás que se suprima o ensino privado: ¿defenden tamén iso, señores e señoras candidat@s?

  6. É evidente portanto que a totalidade das propostas realizadas nesta campaña eleitoral son froito da demagoxia e do oportunismo eleitoralista ao seren inviabeis, incribeis e realizadas polas mesmas persoas que nunca antes se opuxeran ao Mestrado Docente. É ridículo ver á antiga Conselleira de Educación (no cargo no deseño e no reparto das prazas do Mestrado Docente) dicir que non se opón ao Mestrado Docente e que ela non tén nada a ver, ou igualmente ridículo ouvir afirmar a un dos antigos vicerreitores da equipa reitoral en funcións que él sempre traballou para modificar este Mestrado Docente, ou ao resto de candidat@s preocuparse agora por este problema cuando antes sempre fora “un problema dos de arriba (Xunta e Estado) e dos de abaixo (o estudantado)”.

  7. Por todo isto afirmamos que nengunha das candidaturas tén un programa realista, coerente e crible sobre o Mestrado Docente. Achamos que todos estes programas están feitos para saír do paso e nengún deles, como é lóxico, cumpre as expectativas do estudantado da Facultade de Arte, Xeografía e Historia. Portanto, afirmamos que non nos serve nengunha das candidaturas e que o noso caminho é a mobilización e presión perante as institucións, para o que chamamos a todo o estudantado da USC.

Outras novas relacionadas: