Galicia: USC: Asemblea de Arte, Xeografía e Historia: Tabela reivindicativa da Asemblea de Estudantes

Galicia: USC: Asemblea de Arte, Xeografía e Historia: Tabela reivindicativa da Asemblea de Estudantes

O Mestrado Docente reduce o número de persoas tituladas con competencias para exercer do que foron tituladas (p.e.: a principal saída laboral da titulación de Historia da Arte, Xeografía e Historia é a docencia, para o cal é necesario este mestrado). Establécese para isto unha selección baseada en criterios económicos ao alongarse a máis dous anos o tempo de estudos ao tempo que se aumenta o prezo e se reducen as vagas.

  • Abolición do límite de vagas ao non existir ningunha razón material para que exista este límite. Proba disto é o antigo CAP, que (pese ás súas limitacións) non contaba con limitación de ningún tipo.
  • Prezos públicos para o Mestrado Docente no camiño da súa total gratuidade. Entendemos a educación como un dereito universal polo que non se debe pagar e moito menos facer negocio con ela como semella que se está a facer na USC ao elevar anualmente as taxas por cima do IPC ou o carácter económicamente inalcanzábel que teñen mestrados como o Docente.
  • Redución da duración do mestrado a seis meses ó non existir necesidade dunha maior carga lectiva do mestrado respecto ao antigo CAP. Ó mesmo tempo defendemos a inclusión da adaptación pedagóxica dentro do programa das titulacións que teñen a docencia como principal saída laboral ao ser máis lóxico e positivo tanto para o estudantado como para a racionalidade do sistema universitario. Rexeitamos de forma tallante calquera aumento na duración do tempo de estudo ao ser unha medida elitizadora ao alongar, coa axuda das medidas que imposibilitan compaxinar estudo e traballo, o tempo que debe pasar o estudantado sen acceder a un posto de traballo e portanto sen ter diñeiro de seu.
  • Celebración das prácticas dun modo digno e remunerado.
  • Plena transferencia á Xunta de Galicia da totalidade das competencias en materia educativa, para que Galicia poda decidir por si mesma o modelo de ensino superior que necesita. Esta medida ten unha importancia fulcral no deseño do mestrado ao necesitar Galicia un maior número de profesorado, froito da súa particular distribución humana no territorio, e a necesidade tamén de contar con profesorado formado na Galicia e no Galego.

Asemblea de Arte, Xeografía e Historia

¡Estudantes contra o Mestrado!

Outras novas relacionadas: