Galicia: USC: As eleccións e a educación para o desenvolvemento

Galicia: USC: As eleccións e a educación para o desenvolvemento

Con motivo das vindeiras eleccións á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, dende Enxeñería sen Fronteiras achegámoslles o pasado día 27 de abril aos sete candidatos unha serie de propostas de traballo en Educación para o Desenvolvemento co obxecto de que a nosa universidade asuma o seu importante rol como axente de cooperación implicado e crítico coa sociedade da que forma parte.

Enxeñería sen Fronteiras somos unha Organización non Gobernamental para o Desenvolvemento (ONGD) que leva traballando en Galicia dende hai máis de 15 anos coas tres universidades galegas en Educación ao Desenvolvemento e cidadanía global, piares de traballo da nosa organización.

A vinculación coa Universidade de Santiago de Compostela concretouse no ano 2005 cun convenio marco que nos permitiu realizar numerosas colaboracións con esta institución, como son, por exemplo, o curso de “Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano” ou os “Proxectos de Coñecemento da Realidade”. En todas as nosas actuacións e proxectos que impulsamos pretendemos complementar a formación do alumnado da universidade, dende un punto de vista crítico e social, presentando alternativas ata o de agora pouco ou nada abordadas na programación docente da grande maioría de facultades galegas.

Dado, pois, o noso vencello con esta universidade, presentámoslles aos sete candidatos ao reitorado da USC a seguinte carta (que axuntamos a continuación e consultable en http://admin.isf.es/UserFiles/File/galicia/noticias/a-usc-e-a-cooperacion.pdf) na que propomos entre outras accións, a integración da Educación para o Desenvolvemento de maneira transversal nos plans de estudo de todas as titulacións da USC e a creación dunha oficina de cooperación e voluntariado independente, con autonomía propia dentro da universidade.

AnexoTamaño
a-usc-e-a-cooperacion.pdf144.18 KB