Eleccións na USC: as respostas dos candidatos 13

Eleccións na USC: as respostas dos candidatos 13

  1. Considera necesario defender a Universidade Pública fronte ao seu progresivo e acelerado desmantelamento?

Pilar Bermejo Barrera

- Sempre é preciso defender a Universidade Pública para que nunca perda a súa condición de pública.

Mercedes Brea

- ¿E por qué, en lugar de ver a botella medio vacía, non intentamos vela medio chea e contribuímos cada un de nós cunha gotiña para acabar de enchela?

Juan Casares Long

- Reitero que a educación e unha conquista social da humanidade, e a universidade publica é imprescindible para garantir unha sociedade mellor.

Lourenzo Fernández Prieto

- Si, apostamos claramente por unha universidade pública e iso implica defendela. Desde a responsabilidade e a rendición de contas, porque non é intocable. Só na medida en que cumpramos coa nosa función docente e investigadora de modo satisfactorio estaremos en condicións de defender a utilidade social utilidade da universidade pública.

Jaime Gómez Márquez

- Xa o dixen: son un firme defendor da Universidade Pública. Sen matizacións.

(Nota: publicamos as respostas recibidas ata agora. Se outros candidatos consideraran oportuno facernos chegar as súas respostas, publicaríamolas no momento de recibilas. As respostas dos candidatos preséntanse por orde alfabética)