Desregulación e descomprensivización da educación

Desregulación e descomprensivización da educación

Ata comenzos da segunda metade do século XX os sistemas educativos dos países europeos caracterizábanse por unha organización favorecedora da selección e a clasificación precoz dos alumnos e da súa asignación temperá a ramas educativas moi diferenciadas, tanto pola súa estrutura curricular como polas posibilidades de promoción social e cultural que implicaban. Estaba moi extendida a distinción entre unha rama académica de alto prestixio, unha científico-técnica menos valorada e outra profesional con un estatus baixo. A asignación dos alumnos realizábase teóricamente en función das súas puntuacións en exames no 4º ou 5º ano de estudos, hacia os 10-11 anos de idade, como no caso do "eleven plus" británico ou o exame de ingreso español. Sen embargo, na práctica, a influencia da clase social nesta asignación temperá era decisiva, saíndo favorecidos inequivocamente os alumnos de orixe social alta.

Neste contexto educativo xurdíu durante os anos cincuenta e sesenta un proceso de expansión educativa e renovación de métodos e contidos e unha confianza crecente na educación como instrumento fundamental para promover o desenvolvemento e neutralizar as desigualdades sociais e culturais, desenvolvéndose a idea da escola comprensiva como forma de ensinanza que ofrece a todos os alumnos dunha determinada idade un forte núcleo de contidos comúns dentro dunha mesma institución e unha mesma aula, evitando deste xeito a separación en vías de formación diferentes que poidan ser irreversibles. Tratando de evitar os efectos socialmente discriminatorios da selección temperá entre alumnos de distinta orixe e condición, na escola comprensiva condensábanse as aspiracións dos grupos sociais máis progresistas: igualdade de oportunidades, cultura superior e común para todos os alumnos e apertura á diversidade dentro dunha mesma escola.

Tales aspiracións corren agora serio risco. As forzas neoconservadoras e neoliberais, utilizando de forma perversa a idea de "autonomía escolar", diríxense á total privatización do sistema educativo. Fronte ao principio de "unha escola común para nenos diferentes" que define á escola comprensiva, a desregulación do curriculum (agora do 35%, máis adiante, cando as circunstancias o permitan, do 100%)  levará á aparición progresiva de escolas diferentes para nenos diferentes que competirán polos "clientes" no mercado educativo. Será a man oculta do mercado a que veña a poñer orden.