Monografías fírgoa nº 2: AXCS: Acordo xeral sobre o Comercio de Servicios

Monografías fírgoa nº 2 I AXCS: Acordo Xeral sobre o Comercio de Servicios

"Os Servicios son a manifestación e a expresión pública tanxible dos nosos valores compartidos como cidadáns. A forma en que decidamos curar aos nosos enfermos, ensinar aos nosos fillos, protexer a nosa auga, conectarnos entre nos por medio do transporte e a comunicación, son expresións da nosa visión colectiva da sociedade."
Conferencia de Naomi Klein no lanzamento da campaña AXCS do Worl Development Movements (WDM), Novembro 2000.

O Acordo Xeral sobre o Comercio de Servicios (AXCS, GATS polas súas siglas en inglés, General Agreement on Trade in Services) é un dos acordos de maior alcance da Organización Mundial de Comercio (OMC, WTO en inglés,  World Trade Organisation). Foi orixinariamente establecido pola OMC en 1994. A meta deste acordo é remover calesquera restriccións e regulamentacións gubernamentais internas na área de provisión de servicios que sexan consideradas como "obstáculos para o comercio", para os negocios, "liberalizando" progresivamente o “comercio de servicios” entre os membros da OMC. Os gobernos están así sometidos a fortes presións para reorganizar drasticamente a titularidade e a dispensación de servicios, impóndoselles reglas de "libre comercio" cada vez máis duras.

Na categoría de servicios entra todo. As nosa bibliotecas, as nosas escolas, os nosos coñecementos, os hospitais, os bancos, a recollida do lixo, e incluso a auga. Todo aquelo que nutre as nosas vidas a cotío. En total, o AXCS cubre cento sesenta sectores.

O AXCS entrou en vigor en xaneiro de 1995, pero as negociacións comezaron oficialmente a principios de 2000. En marzo de 2001, o Consello de Comercio de Servicios estableceu as Directrices e procedementos para as negociacións. A Declaración da Conferencia Ministerial de Doha (novembro de 2001) respaldou o labor realizado, reafirmou as directrices e procedementos para as negociacións e estableceu o prazo para a conclusión das negociacións: 1 de xaneiro de 2005.

O comercio de servicios defínese de xeito moi amplo para incluír o investimento estranxeiro directo en servicios tales como saúde, educación, auga, pensións, transporte. Entre outras cousas, a liberalización implica a eliminación de calquera medida gubernamental que poidera favorecer a un provedor nacional fronte a un estranxeiro, como por exemplo os subsidios públicos preferenciais. Significativamente, tamén inclúe terminar cos "monopolios públicos", así como a desregulamentación cando unha norma se considera demasiado onerosa para os investidores e provedores de servicios estranxeiros.

Os líderes da OMC negaron as afirmacións de que o AXCS levaría á privatización dos servicios públicos. Apoian a súa declaración sinalando unha disposición que establece que o AXCS non se aplica a servicios “suministrados no exercicio da autoridade gubernamental” e outras mostras da linguaxe do AXCS que protexen o dereito dos gobernos a regulamentar. Pero esa linguaxe ofrece pouco consolo a quen están preocupados polo potencial que o AXCS ten para limitar a regulamentación e as políticas de goberno. Os grupos de presión industriais non ocultan a súa intención de buscar mercados de infraestructura urbana no mundo en desenvolvemnto. Sen embargo, é a letra pequena a que conta a verdadeira historia.

Un punto crucial neste debate é que ningún dos termos clave do acordo está definido, e serán determinados unicamente polas instancias de resolución de disputas da OMC. En consecuencia, calquera afirmación de que o AXCS protexe os servicios públicos debe ser recibida polo menos con escepticismo.

A sociedade civil cre que as normas e negociacións comerciais incluídas no AXCS deben transformarse radicalmente para que beneficien aos cidadáns máis pobres do mundo. Arguméntase que o AXCS non é, como os seus impulsores sosteñen, un acordo "favorable ao desenvolvemento", senón que é utilizado polo mundo industrializado para limitar sistematicamente mediante sucesivas rondas de negociacións as oportunidades de desenvolvemento dos países máis pobres.



Enlaces relacionados

Panorama xeral e documentos oficiais

Texto do Acordo, documentos introductorios e recursos de información xerados por organismos internacionais multilaterais.

  • Síntese da Ronda Uruguai
    Fonte: Sistema de Información sobre Comercio Exterior
    Este resumo preparado pola OEA abarca aspectos xerais e disposicións referentes ao AXCS.

 

Negociacións

O proceso de negociacións do AXCS comezou oficialmente a principios de 2000, e debería concluír o 1 de xaneiro de 2005.

  • Principais aportacións da Ronda Uruguai
    A conclusión da Ronda Uruguai supuxo ao final que prevalecera o principio do multilateralismo por riba das tendencias neo- nacionalistas e de creación de bloques aillados, atallando así o perigo de desencadeamento dunha situación de conflictividade comercial xeralizada. Por Francina Esteve García.
  • As negociacións post-Ronda Uruguai
    Fonte: SELA
    De todas as materias que foron negociadas na Ronda Uruguai, o comercio no sector servicios foi a área na que se estableceu o programa de traballo post-negociación máis amplo.
  • Documentos da Unión Europea
    Unha serie de documentos confidenciais revelados en febreiro de 2003 por varias ONG expoñen a verdadeira natureza da axenda da Unión Europea relativa ás negociacións do AXCS. En inglés.
  • AXCS fixa modalidades para crédito pola liberalización autónoma
    Fonte: Tercer Mundo Económico
    Chakravarthi Raghavan
    Un consello da Organización Mundial de Comercio (OMC) permitíu aos países membros obter crédito pola liberalización asumida de maneira unilateral nas actuais negociacións destinadas a liberalizar o comercio de servicios. Non obstante, existen dúbidas de que os países en desenvolvemento poidan utilizar efectivamente esta "oferta".



A sociedade civil

Sitios e informes producidos por organizacións non gubernamentais que fan un seguemento e/ou desenvolven campañas contra as negociacións sobre comercio de servicios.

  • GATSwatch
    Noticias e información crítica sobre as actuais negociacións na OMC sobre o GATS e a campaña global ‘Stop the GATS Attack’. GATSwatch é un proxecto conxunto de Corporate Europe Observatory e Transnational Institute.
  • Os acordos comerciais contribúen á desigualdade de xénero
    A Coalición Internacional de Mulleres pola Xustiza Económica (WICEJ polas súas sigla en inglés) convocou unha reunión para analizar os efectos da liberalización do comercio en condicións de desigualdade, as privatizacións e os recortes nos servicios públicos. Foi en Porto Alegre, durante o III Foro Social Mundial.
  • Ruta equivocada a Cancún
    Fonte: Public Citizen
    A Unión Europea está tomando vantaxe das negociacións bilaterais segredas entre países membros da OMC para presionar a que os países inclúan os servicios de auga entre os seus compromisos no marco do AXCS.


Declaracións da sociedade civil

  • ¡Hai que actuar AGORA!
    Circular da Union Network International que informa sobre a evolución das negociacións na OMC sobre o AXCS e pide aos seus asociados que emprendan accións urxentes. Formato PDF.
  • Declaración sobre a educación e o AXCS
    Fonte: GATS Watch
    Nesta declaración, organizacións relacionadas coa educación esixen aos países membros da OMC que tomen unha serie de medidas (detalladas ao final do documento) para asegurar que a educación non se inclúa no AXCS.

 

O AXCS e os servicios públicos

O sector de servicios (sanidade, educación, turismo, etcétera) é o maior e de máis rápido crecemento da economía mundial. Aporta o 60 por cento do producto total e xera altas porcentaxes de emprego.

  • ¿A qué retos se enfronta a saúde pública?
    Fonte: World-PSI
    Este documento é parte da serie sobre cuestións de común interese para educadores e traballadores do sector público, elaborada conxuntamente pola ISP e a IE. Formato PDF.

 

Análises e opinións

  • Axenda de desenvolvemento, ¿de quen?
    Fonte: World Development Movement
    WDM reclamou consistentemente á Unión Europea que faga públicas as demandas que fai a outros países para que liberalicen, para que a súa retórica sobre ‘axenda de desenvolvemento’ poida ser analizada de modo apropiado á luz das súas intencións reais de negociación. Por fin ditos documentos se fixeron públicos, aínda que non gracias ás accións da Comisión Europea nin de ningún goberno europeo. Formato DOC.
  • Unha ventá aberta ao abismo
    Un asunto do que se fala pouco nos nosos países, pero que terá impactos tanto ou máis fondos que os acordos comerciais rexionais ou hemisféricos en discusión nos nosos días. Artigo introductorio de Gerardo Honty.
  • Preveñen a países en desenvolvemento contra liberalización na OMC
    Fonte: Third World Network - Choike
    A Comisión de Comercio da Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento (UNCTAD), reunida en Xenebra do 3 ao 6 de febreiro de 2003, avisou aos países en desenvolvemnto acerca dos perigos de comprometerse nunha maior liberalización nas actuais negociacións sobre servicios na OMC.
  • Un novo programa para exprimir ao Sur
    Fonte: Revista del Sur
    Os países en desenvolvemento saíron frustrados da conferencia da OMC en Doha porque as súas preocupacións non se reflectiron na Declaración Ministerial. Agora, deben negociar no marco dun programa de traballo sesgado a favor dos países industrializados. Por Martin Khor, líder histórico da asociación Third World Network.
  • Abaixo o AXCS
    Fonte: ATTAC Francia
    A lectura do acordo en sí pode non ter nada de fascinante, pero o seu significado real despréndese con facilidade. Nel estipúlase que todas as actividades humanas han de convertirse por completo en bens intercambiables n os que se poderá investir. Por George Susan.


Críticos

Enlaces a organizacións críticas co AXCS.

 

Empresas

Enlaces a grupos de presión empresariais sobre o AXCS.


Libros

Algúns libros sobre o AXCS.

  • Ignacio Ramonet e Ramón Chao (2004): Abecedario subjetivo de la globalización. Barcelona: Lumen.
  • Susan George (2001): Poner a la OMC en su sitio. Barcelona: Icaria.
  • Eduardo Galeano (2002): Patas arriba. Ed. Catálogos.
    Fai cento trinta anos, despois de visitar o país das maravillas, Alicia meteuse nun espello para descubrir o mundo ao revés. Se Alicia renacera nos nosos días, non necesitaría atravesar ningún espello: abondaríalle con asomarse á ventá. Ao fin do milenio, o mundo ao revés está á vista: é o mundo tal cal é, coa esquerda á dereita, o embigo nas costas e a cabeza nos pes. Galeano presenta a súa visión do mundo crítica, irónica e crúa diante da humanidade que parece haber perdido o concepto da virtude, o honor, a verdade, a xustiza e se convertíu nun planeta de corrupción, materialista, sen escrúpulos, deshumanizado.