Monografías fírgoa nº 4: Patentes de software

Monografías fírgoa nº 4: Patentes de software

Mentras o parlamento europeo sigue considerando un proxecto de directiva que legalizaría as patentes de software, os integrantes da comunidade de Software Libre, liderados por Richard Stallman e os principais desenvolvedores de ferramentas "Open Source" únense para manifestar a súa oposición a este tipo de iniciativas que trasladaría ao ámbito europeo un sistema similar ao vixente en Estados Unidos e Xapón.

As leis de dereito de autor protexen a expresión dun contido, e non ao contido en si mesmo. As obras protexidas poden expresar ideas, coñecementos ou métodos libremente utilizables, pero se prohíbe reproducilas sen permiso, total ou parcialmente, con ou sen modificacións. Un programa de computación é, en definitiva, a codificación dunha idea nunha linguaxe formal, polo que tradicionalmente se considerou que o modelo apropiado para a protección do software está dado polas normativas referentes ao dereito de autor.

Fronte ao modelo de dereito de autor existe o das patentes, que outorga un monopolio (que ronda os 20 anos, dependendo do país) sobre un invento. O posuidor da patente decide si permite a outros utilizar o seu invento e o prezo asociado a este uso. Si ben quen apoian o sistema de patentes aseguran que promoven a innovación ao facer público o invento, cada vez escóitanse máis argumentos en contra, indicando que só as grandes empresas poden facer fronte aos custos asociados ao mantemento das patentes (incluíndo os custos legais dos procesos xudiciais para impedir a violación das mesmas). Por outro lado, historicamente se utilizou o mecanismo das patentes para frear o desenvolvemento de tecnoloxías potencialmente competidoras ás xa establecidas e en poder das empresas dominantes nunha área tecnolóxica.

A discusión sobre a patentabilidade do software e o seu impacto na innovación tecnolóxica non é recente. No ano 1994 concluíu a Ronda Uruguay do AXCS coa inclusión do acordo sobre aspectos comerciais da propiedade intelectual (Trade-Related aspects of Intellectual Property Rights, TRIPS). Os países máis industrializados (en particular Estados Unidos e Xapón) xogaron un rol decisivo na adopción deste acordo, que é de cumprimento obrigatorio para todos os países membros da Organización Mundial de Comercio (OMC) (73% dos cales son países en desenvolvemento, segundo criterios do PNUD). O artigo 27.1 de TRIPS foi interpretado como unha vía legal para xustificar a patentabilidade de distintos tipos de innovacións, incluíndo programas de ordenadores. O feito de que moitos analistas (Joseph Stiglitz entre eles) sosteñan que todos os aspectos deste acordo deberían ser revisados, non impide que as grandes empresas de software unan as súas voces ás de influíntes grupos de abogados especialistas en propiedade intelectual e á de algúns gobernos (a través da Oficina Mundial da Propiedade Intelectual) e os esgriman para apoiar a regulación do software en foros internacionais como a OMC ou para presionar ás oficinas de patentes para que adopten medidas nese sentido. Estas oficinas, por outra parte, non obteñen todos os seus fondos de diñeiros públicos, senón que unha parte importante dos seus ingresos proveñen dos custos de mantemento das patentes, unha porcentaxe considerable das cales está concentrada en algunhas poucas grandes empresas.

Os argumentos a favor do outorgamento de patentes de software, polo tanto, distan bastante de ser completamente transparentes. Esto evidénciase, por exemplo, en que a pesar de que actualmente en Europa rixe a Convención de Patentes de Munich (EPC), que deu orixe á Oficina Europea de Patentes (EPO) e prohíbe expresamente as patentes de software, esta oficina outorgou miles de patentes relacionadas con programas de computación apoiándose en interpretacións discutibles do artigo 52 do tratado (nas cales entran en xogo discusións tales como que se pode considerar unha innovación con posibilidades de aplicación industrial, definicións que poden variar dun país a outro dependendo incluso de consideracións lingüísticas e terminolóxicas).

Cando se analiza o impacto sobre países en desenvolvemento que ocasiona o avance dos “Dereitos de Propiedade Intelectual” promovido polos países industrializados (en particular, de forma máis agresiva, por Estados Unidos) compróbase que lonxe de incentivar o investimento directo e estimular a transferencia de tecnoloxía, se crea esta ilusión mediante o movemento de fondos e de tecnoloxía entre as casas matrices de empresas multinacionais e as súas filiais estranxeiras (aínda que desde a Organización Mundial da Propiedade Intelectual, OMPI, se sosteña o contrario). En contraparte, os pagamentos das licencias representan unha porcentaxe importante dos custos das empresas máis pequenas e limitan de forma importante as iniciativas locais de desenvolvemento.

Aínda máis, cando se esgrimen argumentos a favor da ampliación dos Dereitos de Propiedade Intelectual a información científica e educativa que actualmente se atopa no dominio público, o panorama non podería volverse máis desalentador para os países menos industrializados, que poden, por esta vía, quedar atrapados no seu rol de consumidores da tecnoloxía producida polos países máis avanzados.

Nun momento en que as TIC se consolidan como medio de expresión do coñecemento, de expresións culturais e políticas, puntos de vista, información económica, etc. a limitación do seu acceso é visto por moitas organizacións civís como unha violación de dereitos fundamentais. As múltiples iniciativas que xurdiron desde estas organizacións puxeron estes temas no centro do debate do Cume sobre a Sociedade da Información.


Enlaces relacionados

Recursos de información

  • Software Patents in Europe
    Fonte: Foundation for a Free Information Infraestructure
    En inglés, alemán, francés, catalán e portugués.
  • Patente
    Fonte: Wikipedia
    Bo resumo. En castelán.
  • Alianza EuroLinux
    A Alianza EuroLinux por unha Infraestructura de Información Libre é unha coalición aberta de empresas e asociacións sen ánimo de lucro que se uniron para promocionar e protexer a cultura do software libre. Os membros ou patrocinadores corporativos de EuroLinux desenvolven ou venden software baixo licencias libres, semi-libres e propietarias para sistemas operativos como GNU/Linux, MacOS ou MS Windows. En castelán
  • ¿Por qué as patentes de software son un problema?
    O documento sostén que o impacto das patentes de software sobre o desenvolvemento de software e sobre a mellora das tecnoloxías do software é claramente negativo e que non hai ningún estudio que amose un impacto positivo das patentes sobre o desenvolvemento tecnolóxico no caso específico das tecnoloxías de software. En castelán.

Información oficial

Campañas e actividades de ONGs

  • Petición por una Europa Libre de Patentes de Software
    Campaña organizada pola Alianza EuroLinux, compañías e organizacións europeas para facer chegar ás autoridades do Parlamento Europeo a súa preocupación sobre a proposta de directiva europea para legalizar as patentes de software.

Organismos internacionais

  • Información sobre TRIPS – OMC
    Área do “Acordo sobre os Aspectos dos Dereitos de Propiedade Intelectual relacionados co Comercio” no sitio da Organización Mundial do Comercio (OMC).
  • Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI)
    Con sede en Xenebra, a OMPI é un dos 16 organismos especializados do sistema de organizacións das Nacións Unidas. Tén ao seu cargo a administración de 23 tratados internacionais que abordan diversos aspectos da protección da propiedade intelectual. Sitio oficial.

Oficinas de patentes

  • Base de Datos da Oficina Española de Patentes
    Contén os datos bibliográficos das patentes publicadas nos dous últimos anos en calquera estado membro da Organización Europea de Patentes, así como as da Oficina Europea de Patentes e os da Organización Mundial da Propiedade Intelectual.

Comunidades Open Source e Free Software

  • Fundación para o Software Libre (FSF)
    O Proxecto GNU comezou en 1984 co propósito de desenvolver un sistema operativo completo tipo Unix como software libre. Variantes do sistema operativo GNU, que utilizan o núcleo Linux, son bastante utilizadas hoxendía. A FSF é o principal patrocinador organizativo do Proxecto GNU.
  • Iniciativa Open Source (OSI)
    A iniciativa Open Source (OSI) é unha organización sen fins de lucro para promover a adopción da metodoloxía de desenvolvemento de fonte aberta, entendendo que cando os programadores poden ler, redistribuír e modificar o código fonte dunha peza de software, o mesmo evoluciona e mellora a unha velocidade maior. En inglés.
  • Manifiesto do Software Libre
    Documento desenvolvido polo Grupo de Usuarios de Linux de México que explica que é o software libre e cales son as vantaxes da súa utilización.
  • Filosofía de GNU
    Inclúe enlaces aos documentos máis relevantes do movemento polo software libre.
  • A xustificación económica do copyleft
    Por José Cervera. Artigo que analiza o concepto de "copyleft". Para o autor, éste é un mecanismo para aumentar o valor da información, permitindo facer copias da mesma; animando, incluso, a facelo. A única condición é manter o recoñecemento de autoría; a marca que permite ao autor recibir por vía indirecta a recompensa polo seu traballo, é dicir, a atención que merece.
  • Omnia sunt communia
    Fonte: Wu Ming Foundation
    Índice de artigos de Wu Ming sobre copyright, propiedade intelectual e "piratería". Desenvolve os conceptos de software libre e "copyleft", entre outros.
  • O software como ben público e non como emprendemento comercial
    Fonte: APC
    Este artigo analiza como o desenvolvemento de Internet se viu favorecido pola utilización de software de fonte aberta, e sostén que actualmente o seu futuro como ferramenta democratizadora e para o desenvolvemento está sendo ameazado por intereses corporativos.
  • Ferramenta de loita ideolóxica: o software libre
    Fonte: Via Alterna
    Por Vladimir Sebriano. Ponencia presentada no Seminario Internacional da Revista América Libre, Santiago de Chile, Setembro 2003. O autor sostén que é moi importante impulsar e apoiar o movemento de software libre, en especial para os países do terceiro mundo, porque é a única forma de reducir a brecha dixital, que é e será cada vez maior, si continúa baixo o poder dos monopolios que dominan o campo da informática e da ciencia en xeral.

Dereitos de propiedade intelectual nos países en desenvolvemento

  • O Acordo TRIPs e o Comercio Internacional: efectos sobre América Latina e o Caribe
    Fonte: Sistema Económico Latinoamericano (SELA)
    Estudio realizado atendendo ás recomendacións emanadas do "Seminario sobre Interpretación e Aplicación do Acordo TRIPs en América Latina e o Caribe” no marco dos traballos do Foro Rexional sobre Políticas de Propiedade Intelectual de América Latina e o Caribe que funciona no ámbito do SELA.