USC: O reitor da USC participou nun encontro no que se analizou a contribución da universidade española ao desenvolvemento

USC: O reitor da USC participou en Santander nun encontro no que se analizou a contribución da universidade española ao desenvolvemento

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, participou hoxe luns, día 13, nun encontro na Universidade Menéndez y Pelayo (Santander) sobre ‘A contribución das universidades ao desenvolvemento’. Barro pronunciou na sesión da tarde, a partir das 16:00, a conferencia titulada ‘A Universidade emprendedora’, enmarcada nun panel sobre patentes, espírito emprendedor e creación de empresas. Neste encontro trátase de acadar unha diagnose da situación nas universidades respecto da inserción laboral, a transferencia de tecnoloxía e patentes, o espíritu emprendedor e a creación de empresas. (Sigue)

USC Xornal electrónico, 13/09/04