Actos institucionais

Actos institucionais

ONU: The 2005 World Summit


ONU: The 2005 World Summit

2005 world summit

"The 2005 World Summit is a once-in-a-generation opportunity for the world to come together and take action on grave global threats that require bold global solutions.

It is also a chance to revitalize the United Nations itself. It is, in short, an opportunity for all humankind."

Secretary-General Kofi Annan

 

Selección de novas recollidas en fírgoa:


New York

EEUU

Claustro da USC, 11/03/04

O Claustro Universitario da USC reúnese o vindeiro día 11 para estudiar a situación financeira pola que atravesa a Institución, as liñas xerais da programación plurianual 2004-2006, as liñas xerais do orzamento 2004 e do Regulamento Electoral Xeral da USC

O Claustro Universitario da USC reunirase, o vindeiro 11 de marzo, para afondar na análise da situación financeira actual da USC e  en medidas que permitan corrixila. Na mesma reunión, trataranse temén as liñas xerais da programación plurianual 2004-2006, as do orzamento para o 2004 e debaterase sobre o proxecto de Regulamento Electoral Xeral da USC. Esta xuntanza desenvolverase a partir das 9:30 horas no Auditorio Universitario do Campus Sur.

O Consello de Dirección presentará para o seu debate no Claustro un informe da situación financeira actual da institución docente compostelá así como das causas que a motivaron e abrirá un debate "para que os claustrais podan participar coas súas aportacións na analise da situación", segundo puxo de manifesto, en rolda de prensa esta mañá, o reitor, Senén Barro.

Medidas para corrixir a situación financeira actual
A proposta do Consello de Dirección da USC está orientada a corrixir a situación financeira producida polos desaxustes entre ingresos e gastos da USC. Co obxecto de solucionar esta situación, o Consello Social aprobou, o pasado venres o Plan de Equilibrio Económico e Financeiro para o período 2004-2006, plan que xa acadara tamén por ampla maioría o prace do Consello de Goberno. O rector considera que o posicionamento dos integrantes destes dous Órganos de Goberno "é moi positivo para sair do atranco sen ter que adotar medidas traumáticas".

O Plan de Equilibrio Económico e Financeiro, de acordo coas esixencias establecidas na Lei de Estabilidade Orzamentaria, pretende dar resposta á diverxencia entre ingresos e gastos experimentada nas contas da USC, froito da aplicación do plan de financiamento do Sistema Universitario Galego para o período 2000-2003, xunto coa evolución decrecente nos últimos cursos do número de alumnos de 1º e 2º ciclo matriculados.

Segundo o reitor, o desenvolvemento deste plan basearase na implicación de todos os sectores da Universidade e os axentes sindicais, "tendo o diálogo e a negociación como elementos esenciais para a súa aplicación". Deste xeito, "preténdese asegurar que as medidas que hai que acometer se realicen consonte ao Plan Estratéxico da USC e aos compromisos recollidos nos Estatutos e procurando acordos o máis amplos posibles sobre a concreción de medidas a tomar".

Programación Plurianual 2004-2006
Outro dos puntos a tratar no próximo claustro será a Programación Plurianual 2004-2006. Esta programación deberá ser unha guía para a Universidade compostelá en temas de actualidade presente e inmediata como o Espazo Europeo de Ensino Superior, ou o desenvolvemento de políticas integrais de calidade, sempre dende a consideración ao Plan Estratéxico da USC aprobado polo Claustro en xuño de 2001.

O obxectivo desta programación "será afianzar a posición da USC como unha das universidades de referencia en España en canto á súa actividade, capacidade para captar recursos e repercusión dos resultados de investigación básica e aplicada, desenvolvemento, innovación e emprendemento", sinalou o reitor. A programación deberá incidir tamén no reforzamento do papel da institución académica compostelá en Europa e Iberoamérica. Outras das consideracións nas que afondará esta programación serán a transparencia e o rendemento de contas, o compromiso social co desenvolvemento sostible e a correción progresiva dos desequilibrios aínda patentes nalgunhas das unidades estructurais, servizos e campus.

Liñas xerais de orzamento para 2004
As liñas xerais de orzamento para 2004 a presentar neste claustro pretenden manter e intensificar o esforzo nas áreas de docencia, investigación, calidade, tecnoloxías da información e as comunicacións e necesidades básicas no ámbito de persoal. A inclusión nos orzamentos dos créditos para garantir o financiamento necesario para o desenvolvemento dos proxectos de infraestructuras xa en marcha, a oferta de servizos á comunidade universitaria e a extensión cultural, a implementación de programas que introduzan ás unidades estructurais na cultura de asociar recursos recibidos a obxectivos, ou afondar no proceso de descentralización iniciado no orzamento do exercicio pasado, son outros dos aspectos que definen estas liñas xerais do orzamento

Liñas xerais do regulamento electoral xeral da USC
No claustro do próximo día 11, presentarase tamén o texto aprobado pola Comisión encomendada do desenvolvemento estatutario, na súa reunión do pasado 20 de febreiro, sobre as liñas xerais dos regulamento electoral xeral da USC.

Estas liñas xerais serán de aplicación nos procesos electorais para a elección de reitor, membros do Claustro universitario, de xuntas de facultade e de escola, dos consellos de departamento, e nos procesos electorais para a elección de decanos de facultade, directores de escola e de departamento.

Enmendas
Á Programación Plurianual, ás Liñas xerais de orzamento e do regulamento electoral poderán formularse enmendas e medidas alternativas á proposta do Consello de Dirección para corrixir a situación financiera, en instancia asinada por alomenos dez membros do Claustro, que deberá ser presentada no Rexistro Xeral antes das 14:00 horas do día 8 de marzo

USC Xornal universitario, 02/03/04

USC: Presentación do Manual de Imaxe Corporativa da Universidade de Santiago

Presentación no Colexio de Fonseca do Manual de Identidade Corporativa da USC

O Manual de Imaxe Corporativa da Universidade de Santiago será presentado mañá venres, día 5, en roda de prensa nun acto que se vai desenvolver a partir das 12:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.

Nesta roda, na que participará o vicerreitor de Comunicación e Proxección Exterior, Luis Hueso, darase a coñecer a nova identidade gráfica da institución docente compostelá

USC Xornal electrónico, 04/03/04

Distribuir contido